Inadmitida 23/05/2018 · 100 días en resolverse

Inadmisión de reclamación por duplicidad de solicitud de acceso a información sobre el Plan de Concellos 2017 en el Concello de Baiona

Se solicitó al Concello de Baiona el acceso a expedientes y bases de contratación del Plan de Concellos 2017. La Comisión da Transparencia de Galicia decide inadmitir la reclamación porque se trata de una solicitud idéntica a otra ya resuelta en el expediente RSCTG 78/2017, la cual ya es firme en vía administrativa.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es inadmisible al basarse en una solicitud con el mismo contenido que la revisada previamente en el expediente RSCTG 78/2017
2 No es posible la admisión de una nueva reclamación contra la desestimación de una solicitud de igual contenido cuando ya existe un acuerdo firme en vía administrativa
3 Se aplica el artículo 116 de la Ley 39/2015 del Procedimiento Administrativo Común para fundamentar la inadmisión del recurso

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 12 de febreiro de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 12 de febreiro de 2018, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información por parte do Concello de Baiona. A reclamante solicita a intervención da Comisión da Transparencia por que o Concello de Baiona lle denega o acceso aos expedientes e a obter copias, se así o considera, da documentación sobre a primeira e segunda convocatoria do plan de concellos 2017, de cooperación de obras e servizos, terceira liña da Deputación de Pontevedra. A interesada achega coa súa reclamación, escrito de solicitude presentado ante Concello de Baiona con data do 28 de decembro de 2017, no que solicita o acceso aos referidos expedientes e as bases para a contratación laboral de sete prazas de operarios/as de limpeza viaria e recollida de lixo dentro do Plan de obras e servizos municipais (Plan de Concellos 2017) da Deputación Provincial de Pontevedra. Este escrito de solicitude presentado ante o Concello de Baiona, ten o mesmo contido que o presentado pola interesada con data do 23 de xuño de 2017, que deu lugar ao expediente RSCTG 78/2017, polo que con data do 20 de febreiro de 2018, remitíuselle oficio solicitándolle a aclaración deste extremo. A remite correo electrónico o 22 de febreiro no que manifesta que solicitou o acceso aos expedientes ante o Concello con data do 23 de xuño de 2017 e que considera que ten dereito ao acceso aos mesmos. Coa mesma data remite outro correo electrónico co que achega as bases da convocatoria do Plan de obras e servizos municipais (Plan de Concellos 2017). Segundo. Con data do 26 de febreiro de 2018, déuselle traslado da documentación achegada polo interesado ao Concello de Baiona para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A Administración recibiu a solicitude con data do 6 de marzo de 2018, sen que se recibira informe nin copia do expediente solicitado. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas reclamacións. A disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro establece que a competencia para resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente exixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Análise do expediente A solicitude contra a que a interesada presenta a súa reclamación ante a Comisión da Transparencia, é a mesma solicitude que a presentada con data do 23 de xuño de 2017 e que deu lugar ao expediente desta Comisión RSCTG 78/2017, no que a Comisión acordou, con data do 20 de decembro de 2017, inadmitir a reclamación presentada polos motivos expresados no acordo. Contra o dito acordo, que é firme en vía administrativa, unicamente pode interporse, en tempo e forma, recurso contencioso-administrativo, sen que sexa posible a admisión dunha nova reclamación contra a desestimación dunha solicitude de igual contido. De acordo co anterior, e en base ao disposto no artigo 116 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, procede a inadmisión da reclamación presentada En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia ACORDA Único. Inadmitir a reclamación presentada por con data do 12 de febreiro de 2018, contra a desestimación por silencio administrativo da solicitude presentada ante o Concello de Baiona, por tratarse dunha solicitude co mesmo contido que a revisada no expediente RSCTG 78/2017. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, a 23 de maio de 2018. A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga