El ciudadano solicitó a la Consellería do Mar la intervención y disolución de la Confraría de Pescadores da Coruña mediante un modelo de acceso a la información. La Comisión da Transparencia de Galicia decide inadmitir la reclamación porque no se solicitó información pública, sino una actuación administrativa, lo cual es ajeno al objeto de la ley de transparencia.
Puntos clave de la argumentación
1
La solicitud no constituye una petición de acceso a información pública, sino una solicitud de actuación administrativa para intervenir una entidad.
2
El derecho de acceso se limita a contenidos o documentos elaborados o adquiridos en ejercicio de funciones, no extendiéndose a solicitudes de actuación administrativa.
3
No procede la admisión del recurso en materia de transparencia cuando el objeto de la solicitud es ajeno al concepto de información pública definido en la Ley 1/2016.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por en nome e representación da
mediante escrito do 18 de xaneiro de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os
antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. en nome e representación de
mediante escrito con entrada
no rexistro da Xunta de Galicia o día 18 de xaneiro de 2018, presentou recurso que cualificou
de recurso extraordinario de revisión, contra a Resolución do 11 de decembro de 2017, da
Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se inadmite a súa solicitude de 8 de
decembro de 2017 na que mediante un modelo de solicitude de acceso á información pública,
instaba á referida Consellería á intervención e disolución da Confraría de Pescadores
da Coruña.
Segundo.- Solicitada a remisión de informe á Consellería do Mar, con data de entrada do 6 de
marzo de 2018, ten entrada o expediente xunto co seu informe, no que se conclúe que o
obxecto da solicitude e do recurso é unha materia allea ao concepto de información pública
definido na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, ao tratarse dun
procedemento no que o solicitante insta á consellería á intervención e disolución dunha
Confraría de Pescadores.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa á súa impugnación en vía contencioso-administrativa
Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación
prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas
Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais
comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as
Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á
Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016 establece que o procedemento para a resolución das reclamacións
en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do
artigo 24 da Lei 19/2013, tendo estas carácter potestativo e previo á impugnación en vía
contencioso-administrativa, e que se tramitarán de acordo co disposto na lexislación de
procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
O artigo 24 da Lei 1/2016 recoñece o dereito de todas as persoas a acceder á información
pública, entendida esta como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato
ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta
lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
O artigo 12 da Lei 19/2013 configura o dereito de acceso á información pública de forma
ampla, sendo titulares do mesmo calquera persoa, sen necesidade de que o solicitante estea
obrigado a motivar a súa resolución, de acordo co disposto no artigo 26.4 da Lei 1/2016
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 15 de febreiro establece que o procedemento das
reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao
previsto no artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que o interesado interpuxo o recurso con data de entrada no Rexistro Xeral da Xunta
de Galicia o 8 de xaneiro de 2018, contra a resolución do 5 de xaneiro, debe admitirse a
reclamación por terse presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A normativa en materia de transparencia, tanto a normativa estatal que ten carácter básico
na súa maior parte, como a autonómica, recoñecen o dereito de calquera persoa a obter
información pública que conste en poder dun suxeito incluído dentro do ámbito de aplicación
da Lei, neste caso dun centro directivo da Xunta de Galicia, que fosen elaborados ou
adquiridos en exercicio das súas funcións. Os cidadáns teñen dereito pois a que se lles informe
da documentación existente, creada ou adquirida para o exercicio das funcións que a
normativa encomenda aos suxeitos, cos limites, como establece o artigo 25 da Lei 1/2016, que
estableza a normativa básica.
No presente caso, a solicitude inicial presentouse nun modelo de acceso á información
pública (modelo PR100 A da Xunta de Galicia), pero en realidade non se trata dunha petición
de acceso á información pública, senón dunha solicitude de actuación dirixida á Consellería
do Mar para que interveña nunha determinada Confraría de Pescadores; por tanto, non
habendo solicitude de acceso á información pública, non procede a admisión do recurso en
materia de acceso á información pública, dado que este está reservado, de conformidade co
disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, para a impugnación en materia de acceso á información
pública.
A Lei non recoñece, como é obvio, o dereito a solicitar información ou documentos que non
existen, e no presente caso non existe, porque nin a normativa reguladora do suxeito incluído
dentro do ámbito de aplicación da Lei, nin a actividade concreta sobre a que se pide, non o
esixe.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia
ACORDA
Único: Inadmitir a reclamación presentada por , actuando
en representación
contra a Resolución do Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar
do 11 de decembro de 2017, pola que se inadmite unha solicitude presentada mediante
modelo de solicitude de acceso á información pública, na que solicita a intervención e
disolución da Confraría de Pescadores de A Coruña.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 23 de maio de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga