Desestimada 23/05/2018 · 125 días en resolverse

Reclamación de acceso a la información pública relacionada con el "Proxecto Morada Atlántica" y resultado desestimado

El ciudadano solicitó información sobre el "Proxecto Morada Atlántica" a la Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro. Tras una resolución parcial, el interesado alegó que no se le facilitó toda la documentación. La Comisión da Transparencia de Galicia desestima la reclamación porque la documentación restante no existe ni es exigible por la normativa reguladora.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública se limita a contenidos o documentos que consten en poder del sujeto obligado y hayan sido elaborados o adquiridos en ejercicio de sus funciones.
2 No existe derecho a solicitar información o documentos que no existen en los archivos de la Administración.
3 La Administración actuó correctamente al remitir la información existente sobre la subvención, ya que no es posible remitir documentación que no es exigida por la norma que regula el proyecto.
4 No procede valorar alegaciones que consistan en juicios de valor, acusaciones sobre la gestión o peticiones genéricas que no se refieran a información denegada.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por en nome e representación mediante escrito do 18 de xaneiro de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. en nome e representación de , mediante escrito con entrada no rexistro da Xunta de Galicia o día 8 de xaneiro de 2018, presentou recurso que cualificou de reposición, contra a Resolución do 5 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se admite a súa solicitude de información pública presentada polo reclamante o 12 de decembro de 2017, relacionada co “Proxecto Morada Atlántica”. Segundo.- A Consellería do Mar, remite mediante oficio do 24 de xaneiro de 2018, o escrito de recurso á Comisión da Transparencia, por entender que se trata dunha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno e comunica a remisión do expediente ao interesado. Co oficio remite o recurso e a documentación achegada polo reclamante, copia da resolución do 5 de xaneiro de 2018 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro pola que se lle remite a información solicitada que está en poder da referida Dirección Xeral e escrito inicial de solicitude de información pública presentado por . Terceiro.- Con data 24 de xaneiro de 2018, solicitouse á Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar a remisión de informe sobre o recurso. Con data do 12 de marzo de 2018, ten entrada no Rexistro do Valedor do Pobo, o informe sobre a reclamación presentada que en sínteses manifesta o seguinte: O recurso de reposición presentado recolle múltiples cuestións e expresións á marxe do concepto de información pública sobre as que non procede informar, e verte graves xuízos de valor sobre a conducta de varias persoas das que non se pode deducir prexuízo algún para os caudais públicos ou sen vinculación algunha con feitos. Considera que a resolución de acceso á información deu resposta a todas as demandas de información pública do solicitante, agás aquelas que resultaba imposible atender por referirse a documentos inexistentes polos seguintes motivos:  Non se informa da existencia de contratos e convenios do proxecto Morada Atlántica dado que non existen, senón que o proxecto recibiu unha subvención ao abeiro da dunha convocatoria de subvención competitiva mediante Orde .  Non existen auditorías sobre o citado proxecto. A instrución que cita o recorrente refírese a procedementos de concesión de axudas nas que os GALP actúan como instrutores na concesión de axudas. No caso do proxecto Morada Atlántica os GALP actúan como beneficiarios dunha axuda concedida ao abeiro dunha orde de subvención, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020, ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) DOG Núm. 166 do 2 de setembro de 2016.  Non se lle remiten contas anuais do proxecto dado que non existen, dado que non se esixen para a xustificación de proxectos de cooperación de acordo coas bases reguladoras da subvención e os proxectos non foron obxecto de auditoría ata o momento  Non se remite informe xustificativo da financiación das campañas e recursos adicados á publicidade e ingresos de rexistros para financiar o Proxecto Morada Atlántica nin custo dos servicios web do evento e contrato, convenio o informe do GALP con dado que non existen os informes solicitados por non esixirse coa xustificación do proxectos de cooperación. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa á súa impugnación en vía contencioso-administrativa Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro establece que a competencia para resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016 establece que o procedemento para a resolución das reclamacións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, tendo estas carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, e que se tramitarán de acordo co disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública O artigo 24 da Lei 1/2016 recoñece o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”. O artigo 12 da Lei 19/2013 configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo calquera persoa, sen necesidade de que o solicitante estea obrigado a motivar a súa resolución, de acordo co disposto no artigo 26.4 da Lei 1/2016 Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 15 de febreiro establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Dado que o interesado interpuxo o recurso con data de entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia o 8 de xaneiro de 2018, contra a resolución do 5 de xaneiro, debe admitirse a reclamación por terse presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente A normativa en materia de transparencia, tanto a normativa estatal que ten carácter básico na súa maior parte, como a autonómica, recoñecen o dereito de calquera persoa a obter información pública que conste en poder dun suxeito incluído dentro do ámbito de aplicación da Lei, neste caso dun centro directivo da Xunta de Galicia, que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións. Os cidadáns teñen dereito pois a que se lles informe da documentación existente, creada ou adquirida para o exercicio das funcións que a normativa encomenda aos suxeitos, cos limites que estableza a normativa básica (artigo 25 da Lei 1/2016). Pero o que a Lei non recoñece, como é obvio, é o dereito solicitar información ou documentos que non existen, e no presente caso a documentación solicitada non existe, porque nin a normativa reguladora do suxeito incluído dentro do ámbito de aplicación da Lei, nin a actividade concreta sobre a que se pide, non o esixe. O recorrente na súa solicitude de información pública pide a información que de acordo co disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, debe ser obxecto de publicidade activa polos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da Lei, pero non a solicita en relación coa actividade dun destes suxeitos, senón referente a un proxecto que se leva a cabo por entidades privadas mediante a obtención dunha subvención sometida ao réxime de pública concorrencia. A Administración actúa correctamente cando lle remite a información existente desa subvención, non existindo a posibilidade de remitir a información que non existe porque non o esixe a norma que a regula. Na reclamación presentada o recorrente fai valoracións e acusacións sobre a xestión da referida Dirección Xeral e sobre determinadas persoas e sobre a súa participación en presentacións ou eventos, peticións de información xenéricas e confusas e informacións non pedidas na súa solicitude inicial, sobre as que non procede que esta Comisión entre a valorar, dado que non se refiren a informacións denegadas ou sobre as que se limitase o seu dereito de acceso á información pública, por parte do referido órgano da Administración Autonómica. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia ACORDA Único : Desestimar a reclamación presentada por en nome e representación , contra a Resolución do 5 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se admite parcialmente a súa solicitude de información pública relacionada co “Proxecto Morada Atlántica”. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, 23 de maio de 2018 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga