El ciudadano solicitó a la Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Galicia relaciones de personal docente con permutas definitivas y provisionales, incluyendo NIF. La administración concedió acceso parcial. La Comisión da Transparencia desestima la reclamación por requerir reelaboración de datos y por ser el NIF un dato prescindible.
Puntos clave de la argumentación
1
La solicitud de relaciones de permutas definitivas requiere la extracción de información de una pluralidad de expedientes, lo que constituye una reelaboración según el artículo 18.1.c de la Ley 19/2013.
2
La administración no denegó la información per se, sino que sugirió delimitarla nominativamente para que su elaboración fuera viable sin afectar al trabajo ordinario.
3
El NIF es un dato personal no especialmente protegido que no requiere consentimiento previo, pero su divulgación debe ponderarse frente al derecho a la protección de datos.
4
Se determina que el NIF es un dato accesorio y prescindible en el conjunto de la información solicitada y proporcionada.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 5 de
xaneiro de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e
fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta o seguinte acordo:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito que tivo entrada no rexistro
do Valedor do Pobo o 5 de xaneiro de 2018, unha reclamación ao amparo do disposto no
artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a
resolución do 28 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos da
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se lle concede o
acceso parcial á información solicitada.
O reclamante solicitou á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
información sobre o persoal docente con permutas definitivas do corpo de mestres
concedidas con efecto do 1 de setembro de 2017, relación de persoal docente con permutas
definitivas dos corpos de PES, PTFP etc...(servizo de secundaria) concedidas con efecto do 1
de setembro de 2017, relación de persoal docente con permutas provisionais do corpo de
mestres concedidas para o curso 2017/18 e relación de persoal docente con permutas
provisionais do corpo de PES, PTFP, etc..(servizo de secundaria) concedidas para o curso
2017/18 no que se inclúa o NIF, nome e apelidos, corpo, código e nome da especialidade,
centro de destino inicial e centro no que obtén a permuta.
A resolución de 28 de novembro de 2017 da Dirección Xeral de Recursos Humanos da
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, fronte á que o reclamante
formula o seu recurso, resolve conceder parcialmente o acceso á información indicándolle a
ligazón na que está publicada e é accesible unha parte da información que solicita (a relativa
á relación de persoal docente con permutas provisionais de secundaria e primaria).
A outra parte de información que se solicita, as permutas definitivas do persoal docente
(secundaria e primaria), son procedementos individualizados que non son obxecto de
publicación senón de notificación individualizada aos interesados, o que fai que esta parte
da solicitude de acceso á información pública non sexa viable sen un previo esforzo
especificatorio por parte do solicitante que concrete o persoal sobre o que teña interese en
saber sé accede ou non a unha permuta así como o carácter, provisional ou definitivo,
desta.
A resolución impugnada denega o acceso ao NIF das persoas que ocupan postos en
situación de interinidade nos centros educativos, na medida en que se trata dun dato de
carácter persoal inscribible no ámbito de aplicación da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de
decembro, de protección de datos de carácter persoal (LOPD), e requiriría recabar o seu
consentimento expreso, preciso e inequívoco. Non se lle proporciona ao solicitante a
información no formato solicitado xa que suporía unha labor de redacción dun informe
que supón a reelaboración da mesma.
Segundo. O 11 de xaneiro de 2018 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para que, en
cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e
ordenada do expediente. Consta a recepción o 16 de xaneiro de 2018.
Terceiro. O 27 de febreiro de 2018 a consellería remite o informe e o expediente que ten
entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 2 de marzo. O informe indica que resolveu
concederlle o acceso parcial á información pública solicitada nos termos establecidos na Lei
19/2013, do 9 de decembro, indicándolle a ligazón na que está publicada e é accesible unha
parte da información que solicita (a relativa á relación de persoal docente con permutas
provisionais de secundaria e primaria), a outra parte da información, relación de permutas
definitivas concedidas con efecto desde 0 1 de setembro de 2017 é unha información que
non posúe a Administración e non é viable proporcionarlla sen un previo esforzo
especificatorio por parte do solicitante no que concrete de xeito nominativo o persoal sobre
o que teña interese en saber se accede ou non a unha permuta así como o carácter
provisional ou definitivo desta.
Así, a determinación do persoal en situación de destino definitivo e os centros de destino
inicial e de permuta esixe, ineludiblemente, a realización dun informe nos que consten tales
extremos expresados seguindo as instrucións ordenadas polo solicitante.
Por outra banda, non se lle remitiu o dato do NIF do profesorado ao que se lle concedeu
permuta.
A consellería sinala que os aspectos controvertidos da reclamación presentada son a
reelaboración da información seguindo os criterios de clasificación que pide o solicitante e a
inclusión do NIF das persoas que ocupan a dirección dos centros.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información
pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra
toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá
interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con
carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa
mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación
prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas
Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades
Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as
Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á
Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento da reclamación axustarase ao
previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que dispón que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información ten carácter potestativo
e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, que se tramitarán de acordo co
disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que
ten carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro).
O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e
regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No
seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 15 de febreiro establece que o procedemento das
reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao
previsto no artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os
efectos do silencio administrativo.
No presente caso a reclamación foi presentada o 2 de xaneiro de 2018 no Rexistro da Xunta
de Galicia, sendo a resolución de 28 de novembro de 2017, con data de saída do Rexistro
Xeral da Xunta de Galicia do 30 de novembro, non constando no informe remitido pola
Dirección Xeral a data de recepción polo solicitante, polo que debemos consideralo
presentado en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O reclamante indica que a resolución estima parcialmente a solicitudes denegando a parte
relativa ás permutas definitivas docentes por entender que se trata de procedementos
administrativos individualizados, polo que a Administración debe recadar o consentimento
individual de cada persona afectada. Considera que dado que as permutas definitivas son
un sistema de provisión de postos, resulta contraditorio e incoherente que a Administración
trate as permutas con menos transparencia e publicidade que a adxudicación dun concurso
de traslados.
En canto ás supostas tarefas de reelaboración ou reordenación que a administración
menciona no seu escrito, considera que todos os datos solicitados están incorporados ás
bases de datos de persoal da consellería, polo que mediante unha simple consulta e posible
extraer a información solicitada.
A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
pola súa banda, informa que ao solicitante se lle concedeu acceso a parte da información
solicitada, non por que se tratase de procedementos administrativos individualizados, senón
porque, dado que a Administración non conta actualmente cunha relación de permutas
definitivas como pide o solicitante, o interesado debe especificar de xeito nominativo o
persoal sobre o que teña interese en saber se accedeu ou non a unha permuta, así como o
carácter, provisional ou definitivo, desta.
Respecto á alegación de que resulta contraditorio que se publiquen os resultados dos
concursos de traslados e non as permutas, a Administración alega que as disposicións
normativas en materia de permutas se cumpren estritamente, e se notifica ás persoas
interesadas a correspondente resolución. A Administración cumpre a súa obriga de
publicidade activa, publicando os nomes do profesorado de cada centro, calquera que sexa
o procedemento polo que accedeu ao posto, así como a obriga de facilitar á cidadanía o
coñecemento dos contidos ou documentos que obren no seu poder, sempre que dispoña da
información e no soporte no que se atope.
Por outra banda, denegóuselle o acceso ao NIF das persoas que ocupan interinidades, na
medida en que se trata dun dato de carácter persoal inscribible no ámbito de aplicación
normativa en materia de protección de datos de carácter persoal, polo que seria necesario
recabar o consentimento expreso, preciso e inequívoco de cada unha (o persoal docente
que pode estar nesa situación son ao redor de 23.000 docentes), o que xeraría unha carga
inasumible, desproporcionada e inxustificada no departamento administrativo encargado
de resolver esta solicitude de información pública, tendo en conta que a súa concesión ou
denegación non o sitúa ao solicitante nunha posición de indefensión nin lle impide o libre
exercicio dos seus dereitos.
Respecto a alegación de que consellería pode acceder aos datos que pide mediante unha
simple consulta na aplicación informática, a Administración informa que almacena un gran
volume de datos do seu persoal adscrito, que é accesible á cidadanía a través do referido
buscador pero no presente caso o solicitante o que pide é que se lle elabore á carta unha
recompilación de datos cun formato e estrutura determinada.
Como conclusión o informe da Secretaría Xeral Técnica fai unha análise global das seis
solicitudes que dirixiu á Dirección Xerar de Centros e Recursos
Humanos, nun intervalo de menos de vinte días, co obxecto de obter información sobre os
centros docentes e dos datos estatísticos das unidades en funcionamento, o persoal que
ocupa cargos de direccións e os seus procedementos de acceso, o destino do profesorado, o
profesorado ao que se lle adxudicou unha permuta nun intervalo temporal determinado, o
profesorado que obtivo unha interinidade. Ademais, pide a identificación nominal e número
de NIF do profesorado sobre o que solicita a información e, na maioría das solicitudes, xunta
unhas instrucións dirixidas ao órgano administrativo para que lle proporcione a dita
información clasificada e estruturada dun xeito determinado e nun formato electrónico
concreto.
Os órganos competentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
resolveron a concesión do acceso a unha parte da información solicitada mediante a
indicación do concreto enlace web onde está publicada, e a parte de información sobre a
que se limitou o acceso xira en torno a dous aspectos: a necesidade de que o interesado
concrete de xeito nominativo o persoal sobre o que teña interese en saber se accedeu ou
non a unha permuta, así como o carácter provisional ou definitivo desta e o dato do NIF das
persoas afectadas.
Debemos partir no análise da petición de que ambas partes están de acordo no carácter
público da información solicitada. A consellería estima a solicitude parcialmente, e remite ao
interesado os links da súa web a través dos cales pode obter unha parte da información
solicitada e fronte ao que o reclamante alega que ofrecer dese xeito a información supón a
denegación material da mesma e reclama a entrega noutro formato.
Tal e como sinala no seu informe a consellería, o obxecto do recurso redúcese a dúas
cuestións: a reelaboración da información correspondente ás permutas definitivas seguindo
uns criterios de clasificación requeridos polo solicitante e a inclusión do NIF dos afectados.
En relación co primeiro aspecto de controversia, a Consellería mostrase en disposición
remitir a información solicitada, a pesares de que é necesaria a súa elaboración, se o
interesado concreta de xeito nominativo o persoal sobre o que teña interese en saber se
accedeu ou non a unha permuta, así como o carácter provisional ou definitivo desta.
Débese ter en conta que o número de persoas que poden estar en un destino por permuta
é elevado e precisa dunha previa reelaboración, entendida esta como a necesidade de
recadación ou extracción da información dunha pluralidade de expedientes ou soportes,
polo que é aplicable o criterio de inadmisión da solicitude cando precise de reelaboración,
de acordo co artigo 18.1.c da Lei 19/2013. Débese ter en conta que a consellería mostra a
súa disposición a proporcionar a información si se fai un esforzo por parte do solicitante por
concretar, de xeito nominativo, o persoal sobre o que teña interese en coñecer a súa
situación o solicitante, polo que ante en realidade non hai unha negativa a remitir a
información, senón una suxerencia de que se delimite a mesma aos efectos de que sexa
viable a súa elaboración sen desatender o traballo ordinario da Administración.
En canto ao segundo aspecto obxecto de controversia (incluír o NIF), a consellería alega que
debe ofrecer a posibilidade de presentar alegacións aos afectados, e dado o seu amplísimo
número resultaría desproporcionado. Mesmo alega que deben consentilo expresamente. En
relación con iso debemos indicar que o DNI é un dato persoal, pero non un especialmente
protexido de acordo coa normativa de protección de datos, á que se remite a de
transparencia neste punto. Por tanto, non é preciso o previo consentimento do afectado. Si
é precisa a ponderación do interese público na divulgación da información e os dereitos dos
afectados cuxos datos aparezan na información, en particular o seu dereito fundamental á
protección de datos de carácter persoal (artigo 15.3 da Lei 19/2013, de 9 de decembro). A
iso se engade, como sinala a consellería, a necesidade de conceder un prazo de alegacións
aos afectados (artigo 19.3 da Lei 19/2013, de 9 de decembro). Esta necesidade de trámite
previo de alegacións non é o determinante na ponderación que tratamos; o
verdadeiramente relevante para ponderar neste caso é que o dato reclamado é accesorio e
prescindible no conxunto da información solicitada e proporcionada.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia
ACORDA
Unico: Desestimar a reclamación presentada por contra a resolución
do 28 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos da Consellería de
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se lle concede o acceso parcial á
información da información sobre o persoal docente con permutas definitivas do corpo de
mestres concedidas con efecto do 1 de setembro de 2017, relación de persoal docente con
permutas definitivas dos corpos de PES, PTFP etc...(servizo de secundaria) concedidas con
efecto do 1 de setembro de 2017, relación de persoal docente con permutas provisionais do
corpo de mestres concedidas para o curso 2017/18 e relación de persoal docente con
permutas provisionais do corpo de PES, PTFP, etc..(servizo de secundaria) concedidas para o
curso 2017/18 no que se inclúa o NIF, nome e apelidos, corpo, código e nome da
especialidade, centro de destino inicial e centro no que obtén a permuta.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 23 de maio de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga