Se solicitó la anulación de una resolución del Ayuntamiento de Arteixo que concedía acceso a un expediente urbanístico a un tercero. El recurrente alegó que el solicitante no era interesado legítimo y que el expediente contenía datos personales y económicos protegidos. La Comisión da Transparencia desestimó la reclamación al validar el derecho general de acceso a la información pública.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública no requiere que el solicitante tenga una relación específica con la materia, el expediente o el lugar de residencia, ni obliga a motivar la solicitud.
2
La administración realizó una ponderación justificada entre la protección de datos personales y el derecho a la información, procediendo a la disociación de datos identificativos y económicos.
3
Se considera que el acceso parcial es conforme a los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013 al no existir datos especialmente protegidos según la LOPD.
4
La resolución impugnada respetó los trámites legales al otorgar un plazo de audiencia al interesado antes de conceder el acceso a la información.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia á reclamación presentada ao
amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e
bo goberno
Vista a reclamación presentada por en nome e representación de
, mediante escrito que tivo entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia o
6 de outubro e no Rexistro do Valedor do Pobo o 10 de outubro de 2017, a Comisión da
Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, adopta o seguinte acordo:
ANTECEDENTES
Primeiro. en nome e representación de presentou,
mediante escrito que tivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 10 de outubro de 2017,
unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18
de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución da Alcaldía do Concello de
Arteixo do 18 de xullo de 2017, pola que se concede acceso a
previa disociación dos datos de carácter persoal e económicos e previo pago das taxas
correspondentes, a un expediente de reposición da legalidade urbanística no que é parte
interesada (expediente PLU 46/12DU).
O escrito de reclamación viña acompañado dunha notificación da resolución do concello de
Arteixo de 18 de xullo de 2017, en relación ao procedemento de reposición da legalidade
urbanística nº PLU 46/12 DU a , asinada dixitalmente o 19 de xullo de 2017,
constando en informe do Concello de Arteixo do 18/1/2018, que a referida resolución
notificouse ao con data do 7/9/2017.
Segundo. O 17 de outubro de 2017 solicítaselle ao reclamante que acredite a representación
por calquera medio axustado en dereito. O reclamante, vía correo electrónico
enviado con datas do 1 e 2 de novembro de 2017, consulta á secretaría da Comisión se pode
presentar a documentación no portelo único do Concello e se neste caso tería os mesmos
efectos que se se presentara directamente no rexistro xeral do Valedor do Pobo e si o prazo
que se lle concedeu, compútase en días hábiles ou naturais. Pola Secretaría da Comisión da
Transparencia se lle informa que se admite a presentación no Portelo Único que a Xunta de
Galicia ten no Concello de Arteixo, e que o cómputo é en días hábiles.
Terceiro. O 15 de novembro de 2017 recíbese a documentación presentada no Concello de
Arteixo que acredita a representación e a personalidade do reclamante. A presentación no
Concello ten rexistro de entrada no Concello o 8 de novembro de 2017.
Cuarto. Con data do 20/2/2018, ten entrada no Rexistro do Valedor do Pobo copia do
expediente e informe completo remitido polo Concello de Arteixo.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á
Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro establece que resolver esas
reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de
Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que é por tanto
a competente.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
O artigo 24 da Lei 1/2016 recoñece o dereito de todas as persoas a acceder á información
pública, entendida esta como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato
ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta
lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
O artigo 12 da Lei 19/2013 configura o dereito de acceso á información pública de forma
ampla, sendo titulares do mesmo calquera persoa, sen necesidade de que o solicitante estea
obrigado a motivar a súa resolución, de acordo co disposto no artigo 26.4 da Lei 1/2016
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 15 de febreiro establece que o procedemento das
reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao
previsto no artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
De acordo co anterior, a resolución recorrida notificouse o 7 de setembro, presentando o
interesado o recurso o 6 de outubro, polo que debe admitirse a reclamación presentada por
estar en prazo.
Quinto. Análise do expediente
O interesado alega en primeiro lugar, que o Concello de Arteixo concede o acceso ao
expediente PLU 46/12DU a por consideralo interesado no mesmo,
cando non debe consideralo como tal, de conformidade co disposto no artigo 4 da Lei
39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administracións
Públicas, dado que non ostenta interese lexítimo algún e tampouco se persoou no expediente
antes de que recaese resolución definitiva.
O concepto de interesado nos procedementos de solicitude de información pública en materia
de transparencia ten unhas peculiaridades que convén ter en conta. De acordo co disposto no
artigo 12 da lei 19/2013, toda persoa ten dereito ao acceso información pública, sendo
suficiente con que no expediente se acredite a identidade do solicitante, de acordo co
disposto no artigo 17.2 da lei e sen que exista obriga de motivar a solicitude (artigo 17.3). No
caso de que a solicitude se motive, poderá ser tida en conta cando se dite a resolución, non
sendo en ningún caso a ausencia de motivación, por si soa, causa de rexeitamento da
solicitude.
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, amplía aínda máis os dereitos do interesado, equiparándoo,
de acordo co disposto no seu artigo 24, coa cidadanía en xeral. Este artigo reforza o dereito
da cidadanía, garantíndolle, no exercicio do seu dereito ao acceso á información pública, a
posibilidade de utilización da información obtida sen necesidade de autorización previa e sen
mais limitacións que as derivadas desta ou doutras leis. Por tanto, non é necesario que o
solicitante de información pública teña relación coa información ou co expediente do que
solicita a información, coa materia da que solicita información, ou co lugar de residencia. O
dereito de acceso á información pública non vén determinado polo feito dun interese
concreto, xa que a normativa en materia de transparencia, implanta no ordenamento xurídico
o dereito da cidadanía a solicitar dos gobernantes, no sentido máis amplo, calquera
información pública que xulgue oportuna, e sobre todo aquela cuxo coñecemento sexa
relevante para garantir a transparencia da súa actividade relacionada co funcionamento e
control da actuación pública, tal como o expresa o artigo 5 da Lei 19/2013, do 9 de decembro.
De acordo co anterior, procede desestimar a alegación do recorrente, por canto ten
ten dereito á información pública.
En segundo lugar, o recorrente alega que no expediente de referencia constan datos de
carácter persoal e información de contido económico e comercial
, que non debe estar a disposición de terceiros.
Tal e como se establece na resolución recorrida, no expediente se tivo en conta a normativa
de protección de datos de carácter persoal e o dereito dos cidadáns ao acceso á información
pública, motivo polo cal na mesma se fai unha razoada ponderación, convenientemente
xustificada, entre o dereito a protección de datos persoais e o dereito a información pública
do seguinte xeito: no expediente non existen datos especialmente protexidos nos termos do
artigo 7.2 e 7,2 da LOPD, senón unicamente datos meramente identificativos das persoas
intervintes nas actuacións (nome e apelidos, enderezos...) e datos económicos dos que o seu
coñecemento non é relevante para os efectos e alcanzar o obxectivo de transparencia, polo
que se cumpren ambas normativas, e por tanto se respectan os dereitos das partes no
expediente disociándose a dita información e facilitándose o acceso parcial.
O anterior razoamento é conforme co disposto nos artigos 14 e 15 da Lei 9/2013, constando
ademais no expediente que o 18 de maio de 2017, outorgóuselle a un prazo
de audiencia de quince días para que fixera as alegacións que considerase oportunas con
respecto á solicitude de copia do expediente.
Ademais o Concello na súa resolución, concede o acceso de a cordo co disposto no artigo
22.2 da Lei 9/2013, é dicir, cando transcorrera o prazo para a interposición do recurso
contencioso-administrativo sen que se houbera formalizado, ou fora resolto confirmando o
dereito ao acceso á información.
De acordo co anterior, procede desestimar a reclamación presentada, dado que o solicitante
da información pública ten dereito a obtela, se cumpriron os trámites e se respectaron no
expediente as previsións que establece a normativa en materia de protección de datos de
carácter persoal e en materia de transparencia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia
ACORDA
Único: Desestimar a reclamación presentada por , en nome e
representación de contra a contra a Resolución da Alcaldía do Concello de
Arteixo do 18 de xullo de 2017, pola que se concede acceso a ,
previa disociación dos datos de carácter persoal e económicos e previo pago das taxas
correspondentes, a un expediente de reposición da legalidade urbanística no que é parte
interesada (expediente PLU 46/12DU).
A formalización do acceso deberá realizarse de acordo co disposto no artigo 22.2 da Lei
9/2013.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, a 23 de maio de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga