Estimada parcialmente 23/05/2018 · 119 días en resolverse

Solicitud de información sobre las actuaciones Mar Galaica y Cómete o Mar y resultado de estimación parcial

El ciudadano solicitó información sobre los proyectos "Mar Galaica" y "Cómete o Mar" a la Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro. Tras alegar el interesado que la respuesta fue insuficiente, la Comisión da Transparencia de Galicia estima parcialmente la reclamación, obligando a entregar la justificación final del proyecto Mar Galaico, ya que existía en la fecha de resolución.

Puntos clave de la argumentación

1 La administración alegó que ciertos documentos eran inexistentes por ser campañas de comunicación y no proyectos independientes, o que la justificación final se presentó después de la solicitud inicial.
2 La Comisión determina que no es justificable denegar el acceso a la justificación final de Mar Galaico, ya que el documento fue presentado el 15/12/2017 y la resolución de acceso es posterior (05/01/2018).
3 Se desestiman las demás peticiones por considerar que la administración ya había facilitado toda la documentación existente en su poder o informado correctamente sobre la inexistencia de la misma.
4 El órgano resolutor aclara que no entrará en valoraciones o juicios de valor del reclamante sobre la gestión administrativa que no se refieran a información denegada.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por en nome e representación mediante escrito que tivo entrada o 24 de xaneiro de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. en nome e representación de , presentou escrito que tivo entrada no rexistro da Xunta de Galicia o día 8 de xaneiro de 2018, que o interesado cualificou de reposición, contra a Resolución do 5 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se admite a súa solicitude de información pública presentada polo reclamante o 11 de decembro de 2017, relacionada coas actuacións “Mar Galaica” e “Cómete o Mar”. Segundo.- A Consellería do Mar, remite mediante oficio do 19 de xaneiro de 2018, o escrito de recurso á Comisión da Transparencia, por entender que se trata dunha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno e comunica a remisión do expediente ao interesado. Terceiro.- Con data do 17 de abril de 2018, solicitouse á Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar a remisión de informe sobre o recurso, que foi recibido pola citada Consellería con data do 26 de abril. Con data do 11 de maio de 2018, ten entrada no Rexistro do Valedor do Pobo, o informe sobre a reclamación presentada que en sínteses manifesta o seguinte: O recurso de reposición presentado recolle múltiples cuestións e expresións á marxe do concepto de información pública sobre as que non procede informar, e verte graves xuízos de valor sobre a conducta de varias persoas das que non se pode deducir prexuízo algún para os caudais públicos ou sen vinculación algunha con feitos. Considera que a resolución de acceso á información deu resposta a todas as demandas de información pública do solicitante, agás aquelas que resultaba imposible atender por referirse a documentos inexistentes, xa que nin “Cómete o Mar ou Come o Mar” nin “Mar Galaica” durante o período FEP 2007-2013 foron proxectos, senón unha serie de actuacións de sensibilización e promoción das zonas costeiras e dos produtos da pesca e o marisqueo que desenvolveron os Grupos de Acción Costeira (GAC) con cargo aos gastos financiados a través do convenio de cada GAC coa Consellería de Mar. Estes gastos non se xustificaban de forma separada senón que se inclúen nas xustificacións trimestrais dos gastos subvencionados polo convenio de colaboración asinado entre os grupos e a Consellería do Mar. No período FEMP 2014-2020, Mar Galaica non existe como tal. Durante este período existe un proxecto de cooperación concedido ao amparo da orde do 3 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020, ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) (DOG nº 166 do 2 de setembro de 2016) chamado Cooperación para a creación do produto común de turismo mariñeiro Margalaica. Este proxecto de cooperación presentou a xustificación final o 15 de decembro de 2017, con posterioridade á solicitude de información que nos ocupa. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa á súa impugnación en vía contencioso-administrativa Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro establece que a competencia para resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016 establece que o procedemento para a resolución das reclamacións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, tendo estas carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, e que se tramitarán de acordo co disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública O artigo 24 da Lei 1/2016 recoñece o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”. O artigo 12 da Lei 19/2013 configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo calquera persoa, sen necesidade de que o solicitante estea obrigado a motivar a súa resolución, de acordo co disposto no artigo 26.4 da Lei 1/2016 Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 15 de febreiro establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Dado que o interesado interpuxo o recurso con data de entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia o 8 de xaneiro de 2018, contra a resolución do 5 de xaneiro, debe admitirse a reclamación por terse presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente A normativa en materia de transparencia, tanto a estatal que ten carácter básico na súa maior parte, como a autonómica, recoñecen o dereito de calquera persoa a obter información pública que conste en poder dun suxeito incluído dentro do ámbito de aplicación da Lei, neste caso dun centro directivo da Xunta de Galicia, que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións. Os cidadáns teñen dereito pois a que se lles informe da documentación existente, creada ou adquirida para o exercicio das funcións que a normativa encomenda aos suxeitos, cos limites que estableza a normativa básica (artigo 25 da Lei 1/2016). Entrando na análise da información solicitada polo interesado, de acordo coa resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e o informe ao recurso remitido sobre “Cómete o Mar” e “Mar Galaica”, resulta o seguinte: 1) Respecto dos informes, convenios ou contratos destes proxectos, referidos aos anos 2011 ao 2017 así como do rexistro mercantil (BORME) dos citados proxectos, a Consellería informa ao solicitante que no período do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) 2007-2013, “Cómete o Mar” e “Mar Galaica” non foron un proxecto, senón unha serie de actuacións de sensibilización e promoción das zonas costeiras e dos produtos da pesca e o marisqueo desenvolvidos polos Grupos de Acción Costeira (GAC) con cargo aos gastos financiados a través do convenio de cada GAC coa Consellería de Mar, dos que se lle remitiron ao solicitante os correspondentes convenios. No período FEMP 2014-2020 Mar Galaico é o nome dun proxecto de cooperación concedido ao amparo dunha orde de subvención (a citada Orde do 3 de agosto de 2016), da que son beneficiarios 6 dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) e do que se remitiu ao interesado a resolución de concesión de axuda con detalle dos beneficiarios, actividades a realizar e importes presupostados e subvencionados. No referente á consulta ao Rexistro mercantil das contas dos GALP se indica ao interesado como pode efectuala. 2) No referente ás auditorías do GÁLP4, a Dirección Xeral remite ao interesado os informes de auditoría de gastos do GALP Seo de Fisterra Ría de Muros Noia e se lle informa que no link da páxina web da Xunta de Galicia está a disposición da cidadanía a posibilidade de consultar a base de datos dos convenios asinados pola Xunta de Galicia e polas entidades integrantes do sector público autonómico de Galicia, pero non os informes solicitados. 3) En canto ás subvencións e axudas públicas ao GÁLP4 –do "Mar Galaico " e os do proxecto "Cómete o Mar ", a Dirección Xeral remítelle a resolución de concesión de axuda ao proxecto Mar Galaico na que constan os importes da axuda concedida, a solicitude de axuda e a memoria presentada coa mesma 4) Respecto dos orzamentos e estado de execución de "Mar Galaico" e os do proxecto "Cómete o Mar, a Dirección Xeral indícalle ao interesado que os importes da axuda concedida ao proxecto Mar Galaico constan na resolución desagregados por anualidades, actividade e beneficiario e o importe da partida dedicada a proxectos de cooperación en 2016 foi publicada na Orde de 3 de agosto de 2016 citada da que se lle indicou o DOG no que se publicou. 5) As contas anuais "Mar Galaica" e "Cómete o Mar" cos xustificantes ou informes das súas xestións fiscais do pago do IVE nas actividades e declaración para o efecto ao xestionar exclusivamente fondos europeos FEMP e os informes de auditoría de contas e de fiscalización por parte dos órganos de control que sobre os fondos FEMP e os GALP (GAC*) de Galicia, a Dirección Xeral indica que as contas anuais das Asociacións (Grupos de Acción Costeira) figuran nos rexistros correspondentes e que non existen os xustificantes ou informes das súas xestións fiscais solicitadas polo interesado. 6) Respecto a retribucións dos directores de "Mar de Galaica " e "Cómete o Mar" se lle informa que non existen directores de Mar Galaico nin de Cómete ou Mar, senón que o comité de dirección presidido polo presidente do GAC 4 Seo de Fisterra Ría de Muros Noia, que era o órgano competente para a toma de decisións sobre as actividades a desenvolver polos grupos no marco destas actuacións, non estaba retribuído. 7) No referente ao Informe xustificativo do financiamento das campañas e recursos europeos dedicados para publicidade e ingresos de rexistros para financiar “Mar Galaica” e "Cómete o Mar", se lle informa que non existe o documento solicitado. 8) Respecto á solicitude de copia do rexistro mercantil e CIF de "Mar Galaico" e “Cómete o Mar", copia do convenio ou contrato para o efecto ou no seu caso, informe xustificativo do balance de contas de entrada e saída de facturas, se lle informa que no período 2007-2013, Mar Galaico e Cómete o Mar non son entidades, senón campañas de comunicación financiada como gastos de animación no marco dos convenios asinados entre os GAC e a Consellería do Mar, dos que se lle remiten copia dos convenios, e no período 2014-2020 non se realizaron actividades de Cómete /Come o Mar. Neste período, Mar Galaico é o nome dun proxecto de cooperación concedido ao amparo da referida orde de 3 de agosto de 2016, que presentou a súa xustificación final con data posterior á solicitude do , polo que non se lle remitiu. De acordo co anterior, considérase que a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro deu resposta á solicitude de información de toda a documentación existente que se lle solicitou, ágás a correspondente á xustificación final de Mar Galaico, polo que a súa actuación, agás no referente a esta xustificación, é conforme a dereito. No referente á xustificación final de Mar Galaico, non pode aceptarse a denegación do acceso á mesma dada pola Dirección Xeral, polo feito de que a mesma se presentou o 15/12/2017, é dicir, con posterioridade á solicitude do (que é do 11/12/2017), tal e como consta no expediente, a resolución pola que se lle concede o acceso á información que é obxecto desta reclamación é posterior á dita data (5/1/2018), non estando por este motivo xustificada a denegación de acceso ao dito documento. De acordo co anterior, tendo en conta que a Dirección Xeral deu acceso á documentación que consta no seu poder, procede estimar parcialmente a reclamación presentada, recoñecendo o dereito do solicitante a que se lle de acceso á xustificación final do referido proxecto de cooperación. Non procede entrar nas valoracións e xuízos de valor que o reclamante fai sobre a xestión ou actuacións da referida Dirección Xeral nin sobre determinadas persoas, dado que non se refiren a informacións denegadas ou sobre as que se limitase ao reclamante o seu dereito de acceso á información pública por parte do referido órgano da Administración Autonómica. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia ACORDA Primeiro : Estimar parcialmente a reclamación presentada por en nome e representación de contra a Resolución do 5 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se admite parcialmente a súa solicitude de información pública relacionada con "Mar Galaico" e “Cómete o Mar" instando á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro á que se lle dea acceso á xustificación final do proxecto de cooperación Mar Galaico, desestimando a reclamación no referente ás demais peticións, por cumprir a resolución impugnada a normativa en materia de transparencia. Segundo: Instar á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, se responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío da información solicitada polo reclamante. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, 23 de maio de 2018 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga