Estimada 23/05/2018 · 97 días en resolverse

Acceso a expedientes completos de denuncias presentadas ante el Concello de Valdoviño por obras de vecinos

El ciudadano solicitó al Concello de Valdoviño el acceso a los expedientes completos de dos denuncias por obras de vecinos. Tras recibir solo los informes policiales y ante la falta de respuesta completa, la Comisión da Transparencia estima la reclamación, reconociendo el derecho al acceso total del expediente previa audiencia a terceros interesados.

Puntos clave de la argumentación

1 La documentación solicitada relativa a expedientes de denuncias por obras constituye información pública al ser elaborada por la Administración en el ejercicio de sus funciones.
2 El acceso parcial concedido por el Ayuntamiento (solo informes policiales) es insuficiente al no concurrir límites legales que justifiquen la denegación del resto del expediente.
3 Se reconoce el derecho de acceso al expediente completo, condicionando su entrega a la concesión del periodo de alegaciones al propietario del inmueble según el art. 19.3 de la Ley 19/2013.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 15/2/2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta o seguinte acordo: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito, que tivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 15/2/2018, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desestimada por silencio administrativo, unha solicitude de acceso aos expedientes completos de denuncias presentadas ante o Concello de Valdoviño con datas do 5/6/2017 e 4/8/2017, contra as obras realizadas polos seus veciños colindantes, e . O escrito viña acompañado de copia das denuncias presentadas o 5 de xuño e 7 de agosto de 2018, o escrito de solicitude de información sobre o estado de tramitación do expediente presentado ante o Concello con data do 17 de outubro e o escrito de solicitude de copia completa dos expedientes de denuncia presentado con data do 12 de xaneiro de 2018 ante o Concello. Segundo. Con data 21/2/2018 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de Valdoviño para que, en cumprimento da normativa de transparencia, remitise informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 26/2/2018, sen que remitise o informe e a copia do expediente solicitados. Terceiro. Con data 26 de marzo de 2018 o reclamante remite escrito no que comunica que con data do 16 de marzo de 2018 recibiu unha notificación do concello no que se lle informa que pode recoller no departamento de urbanismo a copia dos expedientes e que personado o interesado o 23 de marzo, se lle entrega unha Providencia da Alcaldía de data 13/3/2018 pola que se accede a entregarlle exclusivamente os "Informes da Policía Local (expte. denuncia 12/2017)", sen que se lle entregue copia da totalidade do expediente. Cuarto. Con data 28/3/2018 déuselle traslado da documentación complementaria presentada polo reclamante ao Concello de Valdoviño, para que en cumprimento da normativa de transparencia, remitise informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 3/4/2018, sen que ata a data remitise o informe e a copia do expediente solicitados. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro establece que a competencia para resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro). O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente exixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. De acordo co anterior, e dado que no presente caso a Administración non resolveu expresamente, debe admitirse a reclamación presentada por estar en prazo. Quinto.- Análise do expediente O solicitou do Concello de Valdoviño o acceso a unha documentación que, non cabe dúbida, débese considerar información pública, por canto se trata de información contida en expedientes de denuncias pola realización de obras na parcela colindante coa súa. O reclamante informou á Comisión que recibiu con data do 16/3/2018 unha resolución do concello na que se lle informa que pode recoller no departamento de urbanismo copia dos expedientes solicitados, e que o 23 de marzo personouse no correspondente departamento e se lle entregou unha providencia da alcaldía pola que se accede a entregarlle unicamente copia dos informes policiais e non de todo o expediente, tal e como solicitara e como se recollía na resolución que se lle notificou. Tal e como establece o artigo 24 da Lei 1/2016 citado, débese entender incluído dentro do concepto de información pública a totalidade dos contidos ou documentos que consten en poder do concello e que son solicitados polo cidadán, e dos que o cidadá ten dereito a obter copia, por ser información que está en poder da Administración e que foi elaborada no exercicio das súas funcións; unicamente nos casos nos que deban aplicarse os límites que establece o artigo 14 da Lei 19/2013, podería concederse o acceso parcial con omisión da información afectada polo límite, circunstancia que non parece concorrer neste expediente. No presente caso, déuselle ao interesado acceso unicamente aos informes da Policía Local, e dado que o Concello de Valdoviño incumpriu a súa obriga de remitir o informe e o expediente solicitado por esta Comisión, descoñécese o resto da documentación que forma parte do mesmo.. Procede en consecuencia, estimar a reclamación presentada, recoñecendo o dereito do reclamante ao acceso ao expediente completo, previa concesión do período de alegacións ao propietario do inmoble de conformidade co disposto no artigo 19.3 da Lei 19/2013. A non remisión por parte do Concello do informe e a copia do expediente solicitado obriga a esta Comisión, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a lembrarlle a súa obriga de colaborar con esta Institución para o correcto desenvolvemento das súas funcións, facilitándolle a información que se lle solicite dentro do seu ámbito competencial. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia. ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data 15/2/2018, contra a denegación de acceso aos expedientes completos das denuncias presentadas ante o Concello de Valdoviño con datas do 5/6/2017 e 4/8/2017, contra as obras realizadas polos seus veciños colindantes, e . Segundo: Instar ao Concello de Valdoviño a que, previa concesión do período de alegacións ao propietario do inmoble de conformidade co disposto no artigo 19.3 da Lei 19/2013, no prazo máximo de 15 días hábiles dende a finalización do dito trámite, se responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesmo lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar a Concello de Valdoviño , a que no prazo máximo de 15 días hábiles dende a realización dos trámites anteriores, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío da información solicitada polo reclamante. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, 23 de maio de 2018. A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga