Estimada 23/05/2018 · 140 días en resolverse

Acceso a información sobre licencia municipal de obra de renovación de cubierta en el Concello de Meaño

El ciudadano solicitó al Concello de Meaño información sobre la licencia municipal de una obra de renovación de cubierta o las medidas para restablecer la legalidad urbanística. Ante la falta de respuesta, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por denegación por silencio administrativo y requiere al Ayuntamiento que facilite la información.

Puntos clave de la argumentación

1 La solicitud de acceso a la información pública no requiere que el interesado tenga una relación directa con la información o el expediente solicitado.
2 El derecho de acceso no está condicionado a un interés concreto, sino que busca garantizar la transparencia de la actividad pública y el control de la actuación administrativa.
3 La falta de respuesta expresa de la Administración conlleva una denegación por silencio administrativo que es susceptible de reclamación ante el órgano independiente competente.
4 El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el régimen disciplinario de la Ley 19/2013.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por , mediante escrito que tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 3 de xaneiro de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta o seguinte acordo: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 3 de xaneiro de 2018, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desestimada unha solicitude de acceso á información por parte do Concello de Meaño O reclamante indica que con data do 22 de Setembro de 2017 solicitou acceso á información acerca das condicións nas que o Concello de Concello de Meaño, no seu caso, facilitou licencia municipal para a obra de renovación completa dunha cuberta no edificio de da rúa campo da Feira nº 2 do referido Concello e de non existir tal licencia, que se lle indicasen as medidas que o Concello tiña pensado adoptar para proceder á reposición da legalidade urbanística. Con data do 4 de decembro de 2017, solicitou a mediación do Servizo Provincial de Pontevedra da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ao obxecto de que instase ao Concello a atender a súa petición, a o que a referida axencia lle informa mediante oficio do 4 de decembro de 2017, que debe dirixirse á Comisión da Transparencia de Galicia, polo que con data do 3 de xaneiro de 2018 presenta reclamación ante a Comisión da Transparencia ao obxecto de ter acceso á documentación técnica requirida. Segundo. Con data 17 de abril de 2018, déuselle traslado da documentación remitida polo reclamante ao Concello de Meaño para que, en cumprimento da normativa de transparencia, remitise informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 25 de abril de 2018, sen que o concello remitise o informe e o expediente solicitado. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro establece que a competencia para resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016 establece que o procedemento se axustará ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustándose a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública O artigo 24 da Lei 1/2016 recoñece o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións. O artigo 12 da Lei 19/2013 configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo calquera persoa, sen necesidade de que o solicitante estea obrigado a motivar a súa resolución, de acordo co disposto no artigo 26.4 da Lei 1/2016 Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 15 de febreiro establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. De acordo co anterior, e dado que no presente caso a Administración non resolveu expresamente, debe admitirse a reclamación presentada por estar en prazo. Quinto.- Análise do expediente Os artigos 12 da Lei 1/2016 e 24 da Lei 19/2013, recoñecen o dereito á información pública de calquera persoa, sendo suficiente con que no expediente se acredite a identidade do solicitante e sen que exista obriga de motivar a solicitude, e no caso de que a solicitude se motive, poderá ser tida en conta cando se dite a resolución, non sendo en ningún caso a ausencia de motivación por si soa, causa de rexeitamento da solicitude. Por tanto, non é necesario que o solicitante de información pública teña relación coa información ou co expediente do que solicita a información, ou co lugar de residencia. O dereito de acceso á información pública non vén determinado polo feito dun interese concreto, xa que a normativa en materia de transparencia, implanta no ordenamento xurídico o dereito da cidadanía a solicitar dos gobernantes, no sentido máis amplo, calquera información pública que xulgue oportuna, e sobre todo aquela cuxo coñecemento sexa relevante para garantir a transparencia da súa actividade relacionada co funcionamento e control da actuación pública”, tal como o expresa o artigo 5 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. No presente caso, a información solicitada por , de acceso á información acerca das condicións nas que o Concello de Concello de Meaño, no seu caso, facilitou licencia municipal para a obra de renovación completa dunha cuberta no edificio de da rúa campo da Feira nº 2 do referido Concello e de non existir tal licencia, que se lle indicasen as medidas que o Concello tiña pensado adoptar para proceder á reposición da legalidade urbanística, da que non obtivo resposta, constitúe información pública que o dito cidadán ten dereito a obter, e o Concello obriga de proporcionar. O concello non respondeu á petición de información solicitada polo , nin remitiu o informe e copia do expediente requirido pola Comisión de Transparencia. Cómpre recordar a importancia de responder en prazo e que o artigo 20 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, establece que a consecuencia do incumprimento reiterado da obriga de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para efecto da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora. De acordo co anterior, constátase que non se lle proporcionou ao interesado a información solicitada que ten dereito a obter e que entra dentro do concepto de información pública. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Estimar a reclamación presentada por contra a denegación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso á . acceso á información acerca das condicións nas que o Concello de Concello de Meaño, no seu caso, facilitou licencia municipal para a obra de renovación completa dunha cuberta no edificio de da rúa campo da Feira nº 2 do referido Concello. Segundo: Instar ao Concello de Meaño a que, previa concesión do período de alegacións ao propietario do inmoble de conformidade co disposto no artigo 19.3 da Lei 19/2013, no prazo máximo de 15 días hábiles dende a finalización do dito trámite, se responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesmo lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar ao Concello de Meaño a que remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío no prazo máximo de 15 días dende a súa remisión. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, 23 de maio de 2018 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga