El ciudadano solicitó al Concello de Caldas de Reis una relación de locales que solicitaron licencia de obra para hostelería entre septiembre y noviembre de 2017. El ayuntamiento inadmitió la solicitud alegando que era genérica y requería reelaboración. La Comisión da Transparencia estima la reclamación y ordena entregar la información por ser concreta y accesible.
Puntos clave de la argumentación
1
La reelaboración de información no puede entenderse como una mera agregación o suma de datos, sino que requiere la confección expresa mediante diversas fuentes o la carencia de medios técnicos para extraerla.
2
La denegación basada en que la solicitud no se ajusta a la finalidad de la ley solo es válida cuando no puede reconducirse al escrutinio de la acción pública o la gestión de fondos y criterios institucionales.
3
Los límites al derecho de acceso deben interpretarse de forma restrictiva, justificada y proporcionada, no constituyendo la limitación una potestad discrecional de la administración.
4
Se determina que el ayuntamiento dispone de medios técnicos (sede electrónica y plataforma de expedientes) para extraer la información solicitada sin perjuicio para su funcionamiento ordinario.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia
e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 20 de
decembro de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e
fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta o seguinte acordo:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito que tivo entrada no rexistro
do Valedor do Pobo o día 20 de decembro de 2017, unha reclamación ao amparo do disposto
na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo
goberno, contra a inadmisión a trámite da súa solicitude de acceso á información presentada
ante o Concello de Caldas de Reis
O reclamante manifesta o seu desacordo coa motivación da resolución do Concello de Caldas
de Reis do 18 de decembro de 2017, na que se inadmite a trámite a súa solicitude de remisión
da información sobre relación de locais para os que se solicitou licencia de obra ou
autorización previa con destino a hostalería (café-bar, cafetería, taberna e restaurante) nos
meses de setembro, outubro e novembro de 2017.
O reclamante considera que a súa petición é concreta e precisa e non está formulada de
forma xenérica, como mantén o concello na súa resolución, e que non se trata dunha petición
que requira reelaboración da información para a súa resolución, de acordo cos criterios
7/2015 e 3/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, ao contrario do que mantén
o concello. Ase mesmo o reclamante considera que na resolución non se informa
adecuadamente do recurso que ten contra a mesma e entende que a resolución adoece de
falta de motivación.
O escrito viña acompañado da solicitude dirixida o 11 de decembro de 2017 ao concello, e a
resolución notificada polo concello no que consta a inadmisión da súa petición.
Segundo. Con data 27 de decembro de 2017 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante ao Concello de Caldas de Reis para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, remitise informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 2 de xaneiro de 2018
Terceiro. Con data 12 de xaneiro de 2018 o concello contesta a petición remitindo o informe
e o expediente instruído.
No informe se indica que a inadmisión está fundamentada nun informe xurídico que se
achega con todo o expediente, que considera que a petición é xenérica e que require dun
exame e clasificación das solicitudes que se formularon no período de setembro a novembro
de 2017, que se apunta un interese non particular nun caso concreto e que se aparta do
obxecto que protexe a lei de transparencia. A través do informe engádese para reafirmar o
antedito que “non se trata dunha solicitude de acceso á información senón da solicitude de
confección dun informe ad hoc sobre os locais para os que se formulou solicitude de licencia
ou comunicación previa no concello nun determinado período de tempo. Se trata dun
documento que non existe e que debería ser confeccionado exprofeso e para este caso
concreto. Tal solicitude excede do contido do dereito de acceso á información pública e de
xeneralizarse peticións similares podería causar un grave trastorno para o normal
funcionamento do Concello.
O interesado non pretende acceder a un expediente ou información pública existente nos
arquivos, senón que se lle faciliten uns datos ordenados e clasificados.”
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á
Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro establece que a competencia
para resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas
entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da
Transparencia, que por tanto é a competente.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016 establece que o procedemento para a resolución das reclamacións
en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do
artigo 24 da Lei 19/2013, tendo estas carácter potestativo e previo á impugnación en vía
contencioso-administrativa, e que se tramitarán de acordo co disposto na lexislación de
procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
O artigo 24 da Lei 1/2016 recoñece o dereito de todas as persoas a acceder á información
pública, entendida esta como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato
ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta
lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
O artigo 12 da Lei 19/2013 configura o dereito de acceso á información pública de forma
ampla, sendo titulares do mesmo calquera persoa, sen necesidade de que o solicitante estea
obrigado a motivar a súa resolución, de acordo co disposto no artigo 26.4 da Lei 1/2016
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 15 de febreiro establece que o procedemento das
reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao
previsto no artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
O interesado presentou a reclamación ante a Comisión dentro do prazo dun mes dende a
notificación da resolución recorrida, polo debe admitirse por terse presentada en prazo.
Quinto. Análise do expediente
O reclamante solicitou do Concello de Caldas de Reis unha relación de locais para os que se
solicitou licencia de obra ou certificación previa con destino a hostalería (café-bar, cafetería,
taberna e restaurante) nos meses de setembro, outubro e novembro de 2017.
O dereito de acceso á información pública permite a todas as persoas o acceso á información
pública, entendida esta, de acordo co disposto no artigo 24 da Lei 1/2016, como os contidos
ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún
dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da lei e que fosen elaborados ou adquiridos en
exercicio das súas funcións .
Os artigos 14 e 15 da Lei 19/2013 establecen os límites ao acceso á información pública, límites
que deben aplicarse restritivamente, de forma xustificada e proporcionada ao seu obxecto e
finalidade de protección, e nos casos nos que proceda a inadmisión, debe motivarse
adecuadamente. No caso de que na información solicitada figuren datos de carácter persoal,
establece a Lei que procederase á súa disociación de xeito que se impida a identificación da
persoa afectada.
En este sentido, a sentenza do Tribunal Supremo nº 1547/2017 consagra a necesidade de
interpretar de xeito restritivo os límites e excepcións legais en materia de acceso á
información prevista no artigo 14.1.h/ da Lei 19/2013, do 9 de decembro (cando o acceso á
información supoña un prexuízo para os intereses económicos e comerciais) que ao igual que
sucede coas causas de inadmisión de solicitudes de información que enumera o artigo 18,
deben ser interpretadas de forma estrita e partindo da premisa de que o dereito de acceso á
información aparece configurado no noso ordenamento cunha formulación ampla, de xeito
que só son aceptables as limitacións que resulten xustificadas e proporcionadas.
Claramente o deixa así sinalado o artigo 14.2 da Lei 19/2013 cando dispón “ (...) 2. A aplicación
dos límites será xustificada e proporcionada ao seu obxecto e finalidade de protección e
atenderá ás circunstancias do caso concreto, especialmente á concorrencia dun interese
público ou privado superior que xustifique o acceso” por tanto a posibilidade de limitar o
dereito de acceso á información non constitúe unha potestade discrecional da
administración.”
No caso que nos ocupa o concello de Caldas de Reis dispón dunha xestión municipal moderna
con sede electrónica e plataforma para a xestión de expedientes e os datos solicitados polo
hoxe recorrente, teñen un contido moi concreto: relación de locais para os que se solicitou
licencia de obra ou certificación previa con destino a hostalería nos meses de setembro a
novembro de 2017.
A páxina web do concello ofrece en formato pdf o modelo de solicitudes de licencia de obras.
Este documento advirte de que o mesmo será obxecto dun tratamento automatizado e
incorporado a ficheiros de información do concello e que reúnen todos os requisitos que
establece a normativa de protección de datos de carácter persoal, polo que, parece difícil que
dos ficheiros non se poda extraer a consulta realizada de forma automática, sen ningún
prexuízo para a xestión do concello.
Os criterios interpretativos do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno aos que alude o
reclamante no seu escrito, establece que a reelaboración dunha información supón volver a
elaborar algo, e que por reelaboración non podemos entender mera agregación, a suma de
datos ou o mínimo tratamento dos mesmos. Para que se poida inamitir unha solicitude por
que proporcionala supoña reelaboración, deberase ter que confeccionar expresamente
facendo uso de diversas fontes de información; así mesmo, podemos entender por
reelaboración, aqueles casos nos que o organismo ou entidade careza dos medios técnicos
que sexan necesarios para extraer e explotar información concreta que se solicita, resultando
imposible proporcionar a información requirida, circunstancias que non se aprecian no
presente caso.
En canto á xustificación da inadmisión por que a solicitude non sexa xustificada coa finalidade
da lei, debe terse en conta que a finalidade desta é someter a escrutinio a acción dos
responsables públicos, permitir coñecer como se toman as decisións públicas, como se
manexan os fondos públicos e cales son os criterios de actuación das institucións públicas.
Os criterios citados dan unhas pautas claras para entender que unha solicitude non se axusta
á finalidade da lei cando non poida ser reconducida a ningunha das finalidades sinaladas, e así
resulte do acordo cunha ponderación razoada e baseada en indicadores obxectivos ou cando
o solicitado careza da consideración de información pública de acordo coa definición legal,
circunstancias que non se dan no presente caso.
De acordo co anterior, considérase que a petición realizada é unha petición de información
pública e o concello dispón dos medios para facilitar esa información sen menoscabo para a
súa actividade ordinaria, polo que procede estimar a reclamación presentada, recoñecendo
o dereito do peticionario a obter a información solicitada.
En base aos antecedentes e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión
da Transparencia
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data 21 de
decembro de 2017, contra a resolución do Concello de Caldas de Reis do 18 de decembro de
2017 pola que se inadmite a súa solicitude.
Segundo: Instar a Concello de Caldas de Reis a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita
a información solicitada, respectando os límites establecidos nos artigos 14 e 15 da Lei
19/2013 e de acordo co disposto no artigo 22 da mesma Lei, no referente á formalización do
acceso.
Terceiro: Instar a Concello de Caldas de Reis a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita
a esa Comisión da Transparencia copia do envío da información solicitada polo reclamante.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 23 de maio de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga