El ciudadano solicitó al Concello de Vilar de Barrio el expediente de obras, informes de explotación agrícola y datos sobre depósitos de purines de una parcela específica. Ante el silencio administrativo, presentó reclamación. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por ser información pública y no ser una solicitud reiterativa.
Puntos clave de la argumentación
1
La información solicitada se define como pública al tratarse de contenidos elaborados o adquiridos en el ejercicio de las funciones propias del Ayuntamiento.
2
No se considera que la petición sea reiterativa ya que, aunque se refiere a la misma parcela que un expediente previo, el contenido de la información solicitada es diferente.
3
Se admite la reclamación por estar en plazo, basándose en que los recursos contra resoluciones presuntas pueden interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia
e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito que tivo
entrada no Rexistro do Valedor do Pobo do 7 de decembro de 2017, a Comisión da
Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, adopta o seguinte acordo:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o día 7 de decembro de 2017, unha reclamación ao amparo do disposto na
disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,
por entender desestimada unha solicitude de acceso á información por parte do Concello de
Vilar de Barrio
O reclamante indicaba que con data do 23/10/2017, solicitou ao concello os seguintes
documentos:
• Expediente completo obras na parcela 1161 do Polígono 7, Vilar de Barrio. Obra “A
Corga”. Referencia catastral 32090A00701161000HK e precisar tecnicamente o
número de naves e o número de construcións que alberga a dita parcela e as
autorizacións administrativas de cada unha delas.
• Informe da secretaría en relación ao recoñecemento de explotación agrícola gandeira
das obras da parcela 1161 do Polígono 7.
• Peticións realizadas por veciños con acordo de expediente de recoñecemento de
explotación agrícola gandeira, número de explotacións afectadas e número de
propietarios que realizaron tal petición.
• Se indique se a explotación gandeira conta con algún depósito de Xurros, por ser o
control de xurros competencia da administración local.
O escrito viña acompañado da solicitude dirixida o 23 de outubro ao concello de Vilar de
Barrio. Neste escrito fundamentaba a petición no dereito á información ambiental ao amparo
da Lei 27/2006 e o dereito á información en materia de transparencia de acordo co establecido
no artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro.
Segundo. Con data 13 de decembro de 2017 déuselle traslado da documentación remitida
polo reclamante ao concello para que, en cumprimento da normativa de transparencia,
remitise informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 18 de decembro de 2017, sen que o
concello remitise o informe e o expediente solicitado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á
Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro establece que a competencia
para resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas
entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da
Transparencia, que por tanto é a competente.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016 establece que o procedemento se axustará ao previsto nos
parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra
resolucións en materia de acceso á información ten carácter potestativo e previo á
impugnación en vía contencioso-administrativa, axustándose a súa tramitación ao disposto na
lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
O artigo 24 da Lei 1/2016 recoñece o dereito de todas as persoas a acceder á información
pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato
ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da
lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións.
O artigo 12 da Lei 19/2013 configura o dereito de acceso á información pública de forma
ampla, sendo titulares do mesmo calquera persoa, sen necesidade de que o solicitante estea
obrigado a motivar a súa resolución, de acordo co disposto no artigo 26.4 da Lei 1/2016
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 15 de febreiro establece que o procedemento das
reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao
previsto no artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
De acordo co anterior, e dado que no presente caso a Administración non resolveu
expresamente, debe admitirse a reclamación presentada por estar en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
Este expediente está relacionado co RSCTG 81/2017 no que o reclamante solicitou
determinada información sobre cualificación urbanística, período de exposición pública de
licencia de obra e alegacións á mesma relativas á parcela 1161 del polígono 7 del municipio
de Vilar de Barrio (Ourense), expediente que foi estimado por motivos formais, ao remitir o
Concello a información solicitada fora de prazo.
No escrito que presentou o 23/10/2017 no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia dirixido ao
Concello de Vilar de Barrio, solicita expediente completo de obras na parcela de referencia
que inclúa o número de naves e construcións, así como autorizacións administrativas de cada
unha delas, informe sobre o recoñecemento de explotación agrícola ou gandeira, peticións
realizadas polos veciños no expediente de recoñecemento de explotación agrícola e gandeira
e indicación de si existe algún depósito de xurro.
De acordo co anterior, non pode considerarse reiterativa a petición realizada, dado que, aínda
que a a información solicitada é referida á mesma parcela, o contido da información
solicitada é diferente, polo que entrando a información solicitada dentro do que o artigo 24
da Lei 1/2016 define como información pública, ao tratarse de contidos ou documentos que
fosen elaborados ou adquiridos no exercicio das funcións propias do Concello, procede
recoñecer o dereito do reclamante á obtención da información solicitada.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Estimar a reclamación presentada por con data 7 de
decembro de 2017, contra a denegación da súa solicitude de acceso á información por silencio
administrativo negativo do Concello de Vilar de Barrio.
Segundo: Instar ao Concello de Vilar de Barrio, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, se
responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da
Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesmo lei, no que fai á formalización do
acceso.
Terceiro: Instar ao Concello de Vilar de Barrio, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles,
remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío e a recepción da información solicitada
polo reclamante.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 23 de maio de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga