Retrotraer 23/05/2018 · 173 días en resolverse

Reclamación por denegación de acceso a los anexos de acuerdos de colaboración entre el Servizo Galego de Saúde y Medtronic, S.A.

Se solicitó a la Consellería de Sanidade el acceso a los anexos de acuerdos de colaboración entre el Servizo Galego de Saúde y Medtronic, S.A. La administración denegó el acceso alegando secreto profesional y propiedad industrial. La Comisión da Transparencia estima la reclamación y ordena retrotraer el expediente por omitir el trámite de audiencia a la empresa afectada.

Puntos clave de la argumentación

1 La Administración omitió el trámite de audiencia a la empresa Medtronic, S.A. previsto en el artículo 19.3 de la Ley 19/2013, lo cual es esencial para valorar si prevalecen los intereses de la empresa sobre el derecho de acceso.
2 La denegación basada en el secreto profesional o propiedad industrial no opera automáticamente, sino que requiere la aplicación de un 'test de daño' para constatar perjuicios concretos, definidos y evaluables.
3 El acceso al contenido de los convenios tiene una regulación específica en el Decreto 126/2006, donde el Registro de Convenios de la Xunta de Galicia tiene carácter público.
4 Cualquier limitación al acceso a la información pública debe interpretarse de forma restrictiva y, en caso de denegación parcial, debe justificarse la omisión de la información afectada.
5 Ante la existencia de un vicio de forma por la omisión del trámite de audiencia, procede la retroacción del expediente según el artículo 119 de la Ley 39/2015.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por , en nome e representación , mediante escrito do 30 de novembro de 2017, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. en nome e representación presentou, mediante escrito que tivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 1 de decembro de 2017, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 31/10/2017 do Secretario Xeral Técnico da Consellería de Sanidade pola que se lle denega, na súa calidade de , aos anexos correspondentes aos acordos específicos de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Medtronic, S.A. para o desenvolvemento específico de mellora continua para incrementar a calidade asistencial e eficiencia operativa das unidades asistenciais do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña, e Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo. O reclamante considera contraria a dereito a referida resolución na que se lle concede o acceso ao corpo dos Acordos específicos de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Medtronic, S.A. para o desenvolvemento específico de mellora continua para incrementar a calidade asistencial e eficiencia operativa das unidades asistenciais do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña, e Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo e se lle denega a obtención de copia dos anexos correspondentes aos acordos citados, en base a que os referidos anexos, conteñen datos que poden afectar ao segredo profesional e/ou á propiedade intelectual ou industrial, configurados legalmente como límites do dereito de acceso. O escrito viña acompañado da documentación que acredita a representación , da copia da resolución da Consellería de Sanidade, e das solicitudes de información que deron lugar a esta resolución. Segundo. Con data 11 de decembro de 2017 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de transparencia, remitise informe sobre a solicitude de información e copia completa e ordenada do expediente, que se recibiu pola referida Consellería con data do 15 de decembro de 2017. Terceiro. Con data 5 de xaneiro de 2018 recibiuse o informe da Vicesecretaría Xeral da Consellería de Sanidade e o expediente instruído, no que se fai constar que por omisión involuntaria, non se deu traslado previo das solicitudes á parte conveniante a efectos de presentación de alegacións (...),motivo polo cal, unha vez revisado o expediente, considerase necesario cumprimentar o trámite con carácter previo á resolución do recurso agora interposto. En relación á aplicación na resolución do artigo 14.1.j) da Lei 19/2013, manifesta que na información que contén os anexos dos acordos alude a aspectos concretos relacionados coa xestión, reinxeniería de procesos e uso eficiente de novas tecnoloxías por parte da entidade conveniante, aportándose ademais datos doutras entidades e institucións alleas ao sinalado acordo, as cales prestarían colaboración coa citada sociedade (é o caso do Hospital Universitario de Maastricht, o Imperial College de Londres ou o Hospital Universitario de Manchester), así como información sobre acordos estratéxicos alcanzados con outras organizacións, alude tamén á metodoloxía que vertebraría os procesos deste programa específico de colaboración, aos indicadores empregados, estándares de calidade, información acerca da tecnoloxía da que dispón a sociedade e dos seus procesos loxísticos de funcionamento, detallándose ademais información sobre proxectos concretos impulsados pola entidade para a xestión dos pacientes crónicos, tales como os de monitorización remota de pacientes con dispositivos implantados ou da xestión do paciente crónico con insuficiencia cardíaca, ofrecéndose tamén datos acerca das prestacións e funcionamento dos programas e dos compoñentes por eles desenvolvidos, polo que se considera que a divulgación dos datos contidos nos devanditos anexos podería afectar ao segredo profesional e/ou á propiedade intelectual ou industrial, configurados legalmente como límites do dereito de acceso á información pública, polo que, tendo en conta que o concepto de segredo profesional que manexa a Lei 19/2013, do 9 de decembro, é un concepto amplo que inclúe, xunto ao segredo profesional propiamente dito, o denominado “segredo comercial”, tal e como se desprende dos distintos pronunciamentos emitidos pola Secretaría de Estado do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, e do Ministerio de Economía e Competitividade, que denegan o acceso a certa información por ser confidencial da empresa ou por incluír datos que poden estar relacionados coa tecnoloxía desenvolvida por aquela, tal e como acontece no presente caso, motivo polo que se optou, en base ao principio de cautela, por denegar o dito acceso, entendendo que a súa divulgación podería determinar que tales intereses se visen prexudicados. Por todo a anterior, dada a especialidade da materia de que se trata así como a súa particular configuración e protección legal, a cal require para a súa axeitada valoración e para a ponderación do impacto que a súa divulgación suporía, de coñecementos específicos na materia, somete as peticións formuladas a consideración da Comisión da Transparencia, ao tempo que traslada a disposición da consellería para dar estrito cumprimento á decisión que finalmente se adopte FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016 establece que o procedemento para a resolución das reclamacións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, tendo estas carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, e que se tramitarán de acordo co disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública O artigo 24 da Lei 1/2016, recoñece o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións. O artigo 12 da Lei 19/2013 configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo calquera persoa, sen necesidade de que o solicitante estea obrigado a motivar a súa resolución, de acordo co disposto no artigo 26.4 da Lei 1/2016 Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 15 de febreiro establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. De acordo co anterior, e dado que no presente caso a resolución recorrida notificouse o21/11/2017, debe admitirse a reclamación presentada por estar en prazo. Quinto. Análise do expediente presenta reclamación contra a resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade pola que lle concede o acceso ao acordo entre o Servizo Galego de Saúde e Medtronic, S.A. e se lle denega o acceso aos anexos correspondentes aos acordos específicos de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Medtronic, S.A. para o desenvolvemento específico de mellora continua para incrementar a calidade asistencial e eficiencia operativa das unidades asistenciais do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña, e o Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo. O primeiro motivo de impugnación é que no expediente de solicitude de acceso á información, a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade omitiu o trámite de audiencia aos terceiros interesados e identificados, neste caso a empresa Medtronic, S.A, que establece o artigo 19.3. da Lei 19/2013. Dado que o motivo principal dos argumentos a Administración para denegar o acceso solicitado é que os referidos anexos conteñen datos que poden afectar ao segredo profesional e/ou á propiedade intelectual ou industrial, ese trámite é esencial para a poder conformar a declaración de vontade do órgano. En efecto, a Administración recoñece no seu informe do 22 de decembro de 2017 que por omisión involuntaria non se deu traslado previo da solicitude de acceso á información á empresa conveniante (Medtronic, S.A ) aos efectos de que fixera alegacións de acordo co preceptuado no artigo 19. No segundo motivo de oposición, reclamante argumenta que na denegación do acceso á información solicitada se aplicaron, de forma inxustificada e desproporcionada, os límites do dereito de acceso establecidos no artigo 14 da Lei. Considera que o segredo comercial, esgrimido como argumento para denegar o dereito de acceso total a información solicitada é desproporcionado. Omitiuse o “test de dano”, non se xustificou o cumprimento dos requisitos recollidos na Directiva UE 2016/943 do Parlamento Europeo e do Consello que regula o segredo comercial e non se xustificou o interese público que se pretende salvagardar coa aplicación dos límites do artigo 14 da LTAIBG. Ase mesmo non se fai unha análise para disociar a información que non conteña materias que se poidan considerar segredo profesional e/ou de propiedade intelectual, nin se valora a existencia do dereito da poboación á información sobre os servizos sanitarios. Pola súa banda, a resolución impugnada establece que os anexos solicitados conteñen datos que poden afectar ao segredo profesional e/ou á propiedade intelectual ou industrial, recoñecido expresamente na Constitución Española como un límite ao dereito fundamental de dar ou recibir información, tendo a propiedade industrial e intelectual por obxecto, a protección de bens inmateriais creados ou producidos por persoas físicas ou xurídicas. Ao ser o concepto de segredo profesional que manexa a Lei 19/2013, do 9 de decembro, un concepto amplo que inclúe o denominado "segredo comercial" relacionado coa tecnoloxía desenvolvida pola empresa, tal e como acontece no presente caso, conclúe que unha vez analizado o contido dos anexos solicitados, conteñen datos cuxa divulgación pode supoñer un prexuízo para o segredo comercial e/ou propiedade industrial, que podería determinar que tales intereses se visen prexudicados. No informe á reclamación remitido co expediente a Administración considera que, dado que a información contida no mesmo alude a aspectos concretos relacionados coa xestión, reinxeniería de procesos e uso eficiente de novas tecnoloxías, aportándose ademais datos doutras entidades e institucións alleas ao acordo, así como información sobre acordos estratéxicos alcanzados con outras organizacións, metodoloxía que vertebraría os procesos do programa, información acerca da tecnoloxía da que dispón a empresa e dos seus procesos loxísticos de funcionamento, información sobre proxectos concretos impulsados pola entidade, datos acerca das prestacións e funcionamento dos programas e dos compoñentes por eles desenvolvidos poden afectar ao segredo profesional e/ou á propiedade intelectual, polo que en base ao principio de cautela, se optou por denegar dito acceso, trasladando a disposición da Consellería para dar estrito cumprimento á decisión que finalmente se adopte. Para o análise de si a resolución impugnada é conforme coa normativa vixente en materia de transparencia debemos ter en conta, en primeiro lugar, a importancia da omisión do trámite de audiencia á empresa Medtronic, S.A por parte da Administración e que establece o artigo 19.3 da Lei 19/2013. O dito trámite de audiencia ten como finalidade que a Administración conte cos elemento suficientes para valorar convintemente si deben prevalecer os dereitos ou intereses da empresa que podan resultar afectados sobre o dereito de acceso á información solicitada, ou si pola contra debe prevalecer o dereito á información pública, proporcionando neste caso a información na súa totalidade, ou de forma parcial no caso de que sexa posible. Este trámite é por tanto esencial para a toma da decisión e xustificación tanto da denegación total da información como do recoñecemento do acceso parcial ou total á mesma, tanto cara ao solicitante, ao que se lle deben xustificar os motivos polos que, de ser o caso, o segredo profesional e/ou á propiedade intelectual debe prevalecer sobre o seu dereito ao acceso á información, como cara ao terceiro afectado fronte ao que se debe xustificar, de ser o caso, a prevalencia do dereito ao acceso á información. No presente caso, a Administración omitiu involuntariamente este trámite, negando o acceso a unha parte da información que solicitante considera fundamental, polo que ante a existencia deste vicio de forma, en aplicación do disposto no artigo 119 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, procede a retroacción do expediente ao momento no que o dito trámite foi omitido. Posteriormente á finalización do trámite de audiencia, na resolución que se dicte sobre o acceso á información, debe terse en conta o criterio interpretativo do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno (5/2015), que considera que os límites aos que se refire o artigo 14 da Lei, referidos ao segredo profesional e/ou á propiedade intelectual, a diferenza dos relativos á protección dos datos de carácter persoal, non se aplican directamente, senón que dependendo das circunstancias de cada caso, poderán ser aplicados ou non, non operando automaticamente a favor da denegación, nin absolutamente en relación aos contidos. Nos casos nos que se invoquen motivos de interese público para limitar o acceso á información, os motivos deberán estar ligados coa protección concreta dun interese racional e lexítimo, e deberá analizarse se a estimación da petición de información supón un prexuízo (test do dano) concreto, definido e avaliable. Así mesmo, é necesaria unha aplicación xustificada e proporcional atendendo á circunstancia do caso concreto e sempre que non exista un interese que xustifique a publicidade ou o acceso (test do interese público). En calquera caso se non fose posible un o outorgamento do acceso á totalidade da información unha vez feitas as correspondentes valoracións, deberá concederse o acceso parcial previa omisión da información afectada polo límite, indicando ao solicitante a parte de información que se omitiu, salvo que resultase unha información distorsionada ou que careza de sentido. Neste senso, a resolución do Consejo de Transparencia y Protección de Datos de Andalucía nº 120/2016, de 14 de diciembre establece que para analizar o funcionamento dos límites establecidos no artigo 14 da Lei 19/2013, é necesario constatar:  que os documentos sobre os que se pide o acceso inciden no límite de que se trate, neste caso, o segredo profesional e/ou á propiedade intelectual.  Efectuar o test de risco que poida derivarse da divulgación: producción de danos concretos, definidos e avaliables.  Superado o anterior, ponderar se a confidencialidade debe prevalecer sobre os intereses públicos ou privados que poida levar a difusión da información. A citada resolución profundiza na definición dos segredos comerciais contida na normativa europea, en especial diversos Regulamentos europeos do ámbito do Dereito de Competencia e Directivas sobre contratación pública referidas aos segredos técnicos ou comerciais, considerando como contido do segredo, os coñecementos técnicos e os datos comerciais tales como a información sobre os clientes e provedores, os plans comerciais e os estudos e estratexias de mercado. A información que se quere manter secreta debe versar sobre feitos, circunstancias ou operacións que garden conexión directa coa actividade económica propia da empresa, debe tratarse dunha información que non teña carácter público e debe existir un lexítimo interese obxectivo en manter o segredo da información, xustificado en que revelación da información poida reforzar o posicionamento dos competidores no mercado ou debilitar a posición da no mercado da empresa propietaria do segredo. En calquera caso, debe terse sempre presente que as limitacións ao acceso á información pública deben interpretarse sempre de forma restritiva. No presente caso debe terse en conta ademais, que de acordo coa disposición adicional primeira da Lei 19/2013, as materias que teñan previsto un réxime xurídico específico de acceso á información rexeranse pola súa normativa específica, e pola Lei 19/2013 con carácter supletorio. O acceso ao contido dos convenios, ten unha regulación específica no Decreto 126/2006, de 20 de xullo, polo que se regula o Rexistro de Convenios da Xunta de Galicia, tendo este rexistro, de acordo co seu artigo 8, carácter publico, e ao que poderán acceder os cidadáns nos termos previstos na lexislación de réxime xurídico e de procedemento administrativo común e sometido ás previsións que conten a normativa de protección de datos. A única limitación que se establece no decreto para a petición de información é a de que se fagan as peticións de xeito individualizado sen que caiba, excepto para a súa consideración con carácter potestativo, formular solicitudes xenéricas ou en masa do conxunto dos convenios inscritos no rexistro. No presente caso, considérase que os límites ao dereito de acceso o citado artigo 14 da Lei 19/2013 establece, deben aplicarse con carácter supletorio ao disposto no decreto 126/2006. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia ACORDA Primeiro : Estimar a reclamación presentada con data do 1 de decembro de 2017 por , en nome e representación , contra a resolución da Consellería de Sanidade notificada o 21 de novembro de 2017, pola que se lle lle concede o acceso ao corpo dos acordos específicos de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Medtronic, S.A. para o desenvolvemento específico de mellora continua para incrementar a calidade asistencial e eficiencia operativa das unidades asistenciais do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña, e Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo, e se lle denega a obtención de copia dos anexos correspondentes aos acordos citados, dispoñendo a retroacción do expediente de solicitude de información presentado de acordo co fundamento xurídico quinto deste acordo. Segundo: Instar a Consellería de Sanidade a que, finalizado o trámite de audiencia, no prazo máximo de 15 días hábiles, se responda á petición de información solicitada, unha vez valorada convinte e xustificadamente o dereito que debe prevalecer, determinando a qué documentación se lle da acceso ao solicitante, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai referencia á formalización do acceso. Terceiro: Instar a Consellería de Sanidade a que, no prazo máximo de 15 días hábiles dende a notificación ao interesado da resolución sobre o acceso, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío e a recepción da información solicitada polo reclamante. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Santiago de Compostela, a.23 de maio de 2018. A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga