Varias asociaciones solicitaron acceso a documentación de la explotación minera San Rafael 2946 a la Consellería de Economía, Emprego e Industria. Alegaron que las medidas provisionales de acceso presencial eran onerosas y limitadas. La Comisión da Transparencia inadmitió la reclamación porque la información solicitada es de naturaleza ambiental y debe tramitarse según la Ley 27/2006.
Puntos clave de la argumentación
1
La solicitud de nulidad del acuerdo de medidas provisionales se desestima por tratarse de un acto de trámite de ordenación y no de un acto cualificado.
2
No se puede solicitar la notificación de resoluciones futuras, ya que no constituyen información pública al no obrar en poder de la Administración en el momento de la petición.
3
La información relativa a condiciones ambientales, restauración de daños e informes de inspección minera encaja en el concepto amplio de información ambiental según la Ley 27/2006 y directivas europeas.
4
De acuerdo con la Disposición Adicional Primera de la Ley 19/2013, las materias con régimen jurídico específico de acceso, como la ambiental, deben tramitarse según su propia normativa.
5
La Comisión carece de competencia para resolver sobre la materia debido al carácter ambiental de la información solicitada.
Texto completo
procedementos nos que teñan a condición de interesadas e o dereito a acceder e a obter copia dos
documentos contidos nos citados procedementos.
Consideran por estes motivos que o acordo adoptado polo Xefatura Territorial é nulo de pleno
dereito, e dado que non suspende a tramitación do expediente principal ao que se refire, isto é, a
autorización do proxecto de explotación, plan de restauración e estudo de impacto ambiental da
concesión de Explotación mineira San Rafael 2946, sita nos concellos de Touro e O Pino (A Coruña),
promovido pola sociedade Cobre San Rafael, S.L. e sería moi posible que o acceso á información
pública das persoas interesadas se prolongara máis alá da tramitación administrativa deste último,
desvirtuando por tanto, o lexítimo acceso das persoas interesadas no acceso á información
solicitada.
Ase mesmo, o feito de que o acordo supedite o acceso á información das persoas lexitimadas
durante un prazo limitado a 15 días e de forma presencial, baixo a supervisión dos funcionarios e
condiciona o acceso ao visto e bó do titular dos dereitos mineiros, isto é Atalaya Mining e
Explotaciones Gallegas supón a obstaculización do acceso á información sobre dunha documentación
que xa debera estar a exposición do público no propio trámite de información pública incoado o 25
de agosto do ano 2017.
Consideran os reclamantes que segundo o disposto na Lei 27/2006, de 18 de xullo, pola que se
regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en
materia de medio ambiente, non se contempla o trámite de audiencia algún en relación a terceiras
persoas, dado que se trata de información ambiental, polo que non se pode supeditar o acceso a
eles ao visto e prace de Cobre San Rafael S.L. ou o que esta entidade tivese a ben alegar.
Por todo o anterior, considérase que procede a interposición de recurso de alzada ante o superior
xerárquico do Xefe territorial, dado que non toda a información solicitada esta suxeita á Lei 19/2013:
a información suxeita á Lei 27/2006 pode ser obxecto de recurso de alzada e a suxeita á 19/2013
pode ser obxecto de reclamación potestativa. Debe procederse á revisión do acordo adoptado e á
declaración da nulidade do mesmo, e diferenciar entre a documentación histórica á que poden
acceder sen trabas as persoas lexitimadas, a documentación ambiental, á que poden acceder ás
persoas interesadas nos termos da Lei 27/2006, e o resto da documentación á que se lle aplicará a
Lei 19/2013, de 9 de decembro unha vez realizada a citada clasificación.
Segundo. O 23 de maio de 2018 déuselle traslado da documentación presentada polo interesado á
Consellería de Economía, Emprego e Industria para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, remitise informe e copia completa e ordenada do expediente. O requirimento
recibiuse pola administración o 29 de maio de 2018.
Terceiro. Con data do 4 de xuño, a Consellería de Economía, Emprego e Industria remite informe da
Dirección Xeral de Enerxía e Minas, no que en síntese manifesta o seguinte:
Entre os días 19 de xaneiro e 9 de marzo de 2018, presentáronse en distintos rexistros
administrativos ata 30 solicitudes substancialmente idénticas de acceso e obtención de copia da
documentación relativa á explotación mineira San Rafael 2946, no municipio de Touro, A Coruña,
entre as que se atopa a que da lugar á reclamacións RSCTG 66/2018.
As solicitudes remitíronse á Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na
Coruña por ser o órgano competente para a resolución do procedemento, que as recibiu entre o 23
de febreiro e o 28 de marzo de 2018.
Con data do 8 de maio de 2018, o xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na
Coruña acordou a acumulación das 30 solicitudes presentadas, por tratarse de peticións de
información substancialmente idénticas e coa mesma data se acorda a adopción da medida
provisional de acceso mediante a posta a disposición dos solicitantes de toda a documentación que
conforma os múltiples expedientes relativos á explotación mineira San Rafael 2946 para que estes
procedan á adecuada identificación dos expedientes e dos documentos concretos do seu interese, de
acordo co disposto no artigo 56.1 da Lei 39/2015, do 31 de outubro, do Procedemento
Administrativo Común das Administracións Públicas. O acordo contempla a habilitación dunha sala
nas dependencias da Xefatura Territorial na que os solicitantes poden personarse as veces que
consideren necesario e coa custodia e asesoramento de dous funcionarios.
Considera o informe que todas as peticións de documentación contidas nas solicitudes, están
referidas a autorizacións, requirimentos, informes ou actas relacionados coa restauración do espazo
afectado pola explotación que teñen un contido relevante desde un punto de vista medioambiental e
unicamente no último parágrafo se solicita de forma xenérica, o traslado de toda a documentación
existente e a totalidade de resolucións que recaian, polo que conclúe que se trata de solicitudes de
información ambiental que deben tramitarse conforme o disposto na Lei 27/2006, do 18 de xullo,
pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á
xustiza en materia de medio ambiente e non pola normativa en materia de transparencia, debendo
ser por este motivo, inadmitida a reclamación en aplicación da disposición adicional primeira da Lei
19/2013.
Sen prexuízo da conclusión anterior, para unha completa información sobre as solicitudes
presentadas, a súa tramitación e a situación creada, realízanse no informe as consideracións que
seguen:
O acordo de acumulación, dítase como medida de eficacia e racionalización administrativa, en
beneficio tanto dos propios solicitantes como da Administración, para dotar de operatividade á
xestión administrativa, contribuíndo a impedir o colapso administrativo de solicitudes repetitivas
presentadas case simultaneamente por distintos colectivos.
Ademais, a conveniencia da súa acumulación e tramitación conxunta ven dada tamén pola amplitude
e xeneralidade das solicitudes, que esixen actuacións para a súa concreción dado que o solicitado
non constitúe un expediente administrativo, senón multitude de expedientes ao longo do tempo de
extensión e duración variable relacionados con diferentes aspectos dos dereitos mineiros ou ámbitos
da actividade (expediente de outorgamento, expedientes de demasías, cambios de titularidade,
proxectos mineiros sexan para o outorgamento, ampliación, actualización, etc, plans de labores
anuais, expedientes de seguridade e saúde, etcétera), dado que a explotación foi titulada no ano
1958, polo que só os plans de labores anuais xa acumula a día de hoxe 60 expedientes relacionados
deste tipo.
Así, a modo de exemplo, os solicitantes requiren copia de requirimentos e de actas de carácter
ambiental efectuados pola Administración mineira, de forma xenérica, sen limitalos no tempo. Os
posibles requirimentos e ou actas que afecten a aspectos medioambientais estarían repartidos por
diversos expedientes como os de plans de labores anuais, actuacións de inspección ou expedientes
máis específicos de carácter ambiental.
Así mesmo, a imperiosidade de adoptar medidas procedimentais como a de acumulación que
faciliten a viabilidade da xestión administrativa ven esixida polo contexto no que se producen que
remite á actual tramitación do expediente de “Actualización del Proyecto de Explotación vigente de
cobre de Touro" relativo á explotación mineira "San Rafael 2946”. Nese expediente, que rematou o
período de información publica o 6 de novembro de 2017, recibíronse máis de 2.000 alegacións
moitas das cales inclúen tamén solicitudes de acceso á información que afectan tanto a esta
explotación mineira como ás restantes existentes nos concellos de Touro e O Pino, incluíndo todo
tipo de expedientes finalizados e/ou históricos, o que pode provocar unha situación de colapso
administrativo que impida o normal funcionamento dos servizos administrativos e a imposibilidade
de tramitación nos reducidos prazos previstos legalmente para o acceso á información, tendo en
conta que as solicitudes de copia dixital de documentación (que non se atopa dixitalizada), de
dereitos mineiros formuladas de modo xenérico, implican un enorme volume de documentación non
se circunscriben á explotación San Rafael, senón que, se veñen presentando de modo habitual nos
últimos tempos respecto de múltiples dereitos que afectan a centos de expedientes e a decenas de
miles de folios.
Esta situación impide o normal funcionamento dun servizo administrativo de moi reducidas
dimensións e sesgo técnico, como é o órgano competente para tramitar as ditas solicitudes,
afectando ao desenvolvemento das súas restantes competencias, entre elas algunhas moi relevantes
relativas á seguridade mineira ou á vixilancia e control da actividade, circunstancia esta que pode dar
lugar á aplicación do criterio interpretativo do CTBG Cl/003/2016 consonte o cal unha solicitude
pode entenderse abusiva cando, de ser atendida, requirira un tratamento que obrigara a paralizar o
resto da xestión dos suxeitos obrigados a subministrar a información, impedindo a atención xusta e
equitativa do seu traballo e o servizo público que teñen encomendado, e así resulte de acordo cunha
ponderación razoada e baseada en indicadores obxectivos.
A Administración mineira para asegurar a transparencia e o acceso á información, adopta de
conformidade co artigo 56.1 da Lei 39/2015, a medida provisional de acceso para a identificación da
documentación que se solicita mediante a posta a disposición dos solicitantes de toda a
documentación que conforma os diferentes expedientes relativos á explotación mineira,
concedéndolles un prazo de quince días durante o cal poderán personarse na Xefatura Territorial as
veces que o consideren necesario para os efectos da consulta da documentación e identificación dos
documentos concretos do seu interese, tarefa para a que contan, ademais, co asesoramento dos
funcionarios presentes durante a consulta.
Para isto recompiláronse todos os expedientes, tanto en tramitación, como resoltos e/ou históricos,
e habilitouse unha sala adecuada nas dependencias da Xefatura Territorial e unha vez identificada a
documentación solicitada, continuarase a tramitación prevista na normativa reguladora do acceso á
información. A resolución definitiva que se dite resolverá sobre as peticións de información e de
documentación adecuadamente identificadas e comportará o dereito de obtención de copia da
documentación, logo da valoración das alegacións relativas a dereitos ou intereses de terceiros que
se formulen.
A medida adoptada permite aos solicitantes coñecer o volume e tipoloxía da documentación
existente e facilita que sexan estes os que leven a cabo a tarefa de valoración e selección da
documentación, sen que sexa a Administración quen deba reinterpretar os seus intereses e
solicitudes, estando nestes momentos aberto o prazo de quince días outorgado para a consulta da
documentación.
Considera o informe que a Administración, ante a situación de colapso creada por solicitudes masivas
e xenéricas de información presentadas coetaneamente no tempo, adoptou as medidas
procedimentais máis respetuosas co dereito dos administrados inspiradas no principio pro actione,
que abranguen a acumulación de solicitudes para evitar reiteracións de trámites e, especialmente, a
medida provisional de acceso á documentación para permitir polos propios solicitantes a
identificación dos expedientes e documentos que se correspondan coas solicitudes efectuadas.
Ponse de relevo que as asociacións reclamantes presentaron ase mesmo, recurso administrativo
ante esta Consellería con data de entrada de rexistro do 15 de maio de 2018.
Con respecto ás alegacións realizadas por este conglomerado asociativo considera a Consellería que
están cheas de imprecisións e de afirmacións que non responden á realidade, por canto as
solicitudes acumuladas respecto das cales se adopta a medida provisional se refiren á calquera dos
expedientes relativos á explotación mineira San Rafael 2946 que inclúen na súa maior parte,
expedientes finalizados nos que non cabe invocar a condición de interesado.
Considera o informe que non se pode considerar a medida adoptada como onerosa, senón que a súa
finalidade é a de proceder á selección, de entre toda a documentación existente, daquela que se
poida corresponder coa que sexa de interese para cada solicitante e sinala que as asociacións non
solicitaron ampliación de prazo, como fixeron outros solicitantes.
No relativo á queixa por non suspender a medida adoptada o procedemento en tramitación, sinala
que a normativa vixente en materia de transparencia en ningún caso autoriza que unha solicitude de
información paralice un procedemento, é de producir este efecto debería considerarase abusiva.
Respecto ás restantes alegacións se fai constar que o acceso á información non se condiciona ao
visto bó do titular dos dereitos, non se supedita o acceso das persoas "lexitimadas" a un prazo de 15
días nin a Lei de procedemento administrativo establece o dereito de acceso en liña a través da sede
electrónica.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo
goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa
ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o
Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en
vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a
resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas
polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais
comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades
Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra
toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá
interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da
Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará ao
previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións
contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á
impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na
lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á
información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu
formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación
desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a
definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma ampla
tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen
que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei
1/2016, de 18 de xaneiro).
O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e
garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo
sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os
eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos se somete
a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se
manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións se pode falar do
inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica,
esixente e que demanda participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente exixencia
cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que
supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias
engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións
en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de
acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa
impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do
acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio
administrativo.
De acordo co anterior, e dado que o reclamante solicitou o acceso á información con data do 12 de
febreiro de 2018 e na data de presentación do recurso, 21 de maio do mesmo ano, non obtivera
resolución expresa da súa petición, débese considerar que o recurso está presentado en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
As asociacións reclamantes impugnan a Resolución da Xefatura Territorial da Coruña, da Consellería
de Economía, Emprego e Industria de 8 de maio de 2018, pola que se adoptan medidas provisionais
na tramitación do expediente de acceso á información relativo ao expediente da explotación mineira
San Rafael 2946, por considerar que dita resolución limita o acceso á información pública, que as
ditas medidas son onerosas e que se lles limita o acceso no tempo, cando todos os interesados teñen
dereito a coñecer, en calquera momento, o estado da tramitación dos procedementos e a obter
copias.
Por estes motivos o solicito da reclamación presentada interesa a declaración de nulidade do acordo
de 8 de maio, tendo en conta que o dito acordo non suspende a tramitación do expediente principal
que é o de autorización do proxecto de explotación, plan de restauración e estudo de impacto
ambiental da concesión de Explotación mineira San Rafael 2946, sita nos concellos de Touro e O Pino
(A Coruña).
A petición de declaración de nulidade da resolución da Xefatura Territorial de adopción de medidas
provisionais debe desestimarse, posto que se trata dun acto de trámite do que se non se alega o seu
carácter de cualificado, non pode ser obxecto de impugnación separado da resolución principal. Dos
datos obrantes no expediente, non se desprende o seu carácter cualificado do acto de trámite, senón
ao contrario, posto que se trata dun acto de ordenación para a concreción do futuro acceso á
información pública.
Consideran así mesmo as entidades reclamantes, que parte da información que se solicitou sobre os
ditos expedientes da explotación mineira é información ambiental, polo que o acceso á mesma,
como veremos a continuación, debe rexerse polo disposto na normativa ambiental, carecendo
tamén a Comisión de competencias respecto ao acceso á mesma.
Por outra banda, as asociacións reclamantes consideran que unha parte da información solicitada
non é información ambiental, polo que debe facilitarse o seu acceso de acordo coa normativa en
materia de transparencia; nembargantes non indican, nin de forma expresa nin xenérica, cal e a
información que non é de carácter ambiental que solicitaron e á que non se lles deu acceso, e é
unicamente sobre este tipo de información, sobre a que a Comisión, de acordo co disposto no artigo
28 en relación co 33 da Lei 1/2016 citada, pode resolver. A determinación de cal é esa información
que debe rexerse pola normativa en materia de transparencia, non cabe dúbida que poderá
coñecerse unha vez finalizado o procedemento iniciado pola Xefatura Territorial da Coruña para
concretar cal é a información de interese para cada solicitante, como veremos a continuación.
A Dirección Xeral de Enerxía e Minas remitiu, en contestación á solicitude desta Comisión, un
completo informe no que fundamenta a súa actuación en relación coa solicitude que orixina a
reclamación que nos ocupa e outras solicitudes de acceso á información substancialmente idénticas
(ata trinta), que se presentaron nun período de menos de mes e medio dende o 19 de xaneiro de
2018 referidas á explotación mineira San Rafael 2946. A Xefatura Territorial da Consellería na
Coruña, con data do 8 de maio de 2018, acordou a acumulación das solicitudes presentadas, por
tratarse de solicitudes de petición de información substancialmente idénticas, e a adopción da
medida provisional de acceso aos solicitantes mediante a posta a disposición de toda a información
que conforma os múltiples expedientes da explotación, para que os solicitantes sinalasen que
documentos concretos son do seu interese, contando para elo co asesoramento dos funcionarios
que están presentes durante o período da consulta.
O informe da Dirección Xeral considera que case toda a información que se solicita (autorizacións,
requirimentos, informes, actas...) teñen un contido relevante dende o punto de vista ambiental, agás
a referente á última petición, na que se solicita toda a documentación existente e a totalidade das
resolucións que recaian.
No referente ás resolucións que recaian no expediente, entendidas estas como as resolucións futuras
que se poidan ditar, débese afirmar que non se poden encadrar dentro do concepto de información
pública do artigo 24 Lei 1/2016, por canto non se trata de información que no momento da petición
obre en poder da Administración, non outorgando a normativa en materia de transparencia o
dereito a que os cidadáns sexan notificados das resolucións futuras que se poidan ditar nun
expediente.
Respecto ao contido de carácter medioambiental da información solicitada, esta Comisión comparte
o criterio da Dirección Xeral, por canto o que se solicita é información sobre as condicións explícitas
ambientais e de restauración a realizar pola empresa ao rematar a explotación, requirimentos
realizados dirixidos á restauración dos danos ambientais causados sobre o medio ambiente, informes
ou das actas de inspección realizados para vixiar e controlar os danos ambientais derivados da
actividade mineira, acta da inspección final, da avaliación dos informes presentados pola entidade
explotadora e da certificación de que o terreo afectado foi rehabilitado, na fase posterior ao peche
da explotación, se informe de a autoridade competente asumiu as tarefas de mantemento,
seguimento, control e medidas correctoras e medidas tomadas pala autoridade competente para o
cumprimento da Directiva 2000/60/CE (pola que se establece un marco comunitario de actuación no
ámbito da política de augas).
Non cabe dúbida de que a información solicitada refírese a información de carácter ambiental, polo
que tal e como indica a Dirección Xeral no seu informe, de conformidade co disposto na Disposición
Adicional Primeira da Lei 19/2013, deben tramitarse, ao ter esta materia previsto un réxime xurídico
específico de acceso á información, tanto no procedemento de acceso á información como nos
procedementos de recurso, pola súa normativa específica, e supletoriamente no non previsto, pola
normativa en materia de transparencia. A Lei 19/2013, ten un carácter supletorio respecto daquelas
materias que teñan unha regulación específica de acceso á información, como sucede no caso da
información ambiental que se atopa regulada na Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os
dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio
ambiente.
O artigo 2.3 desta Lei, considera información ambiental toda información en forma escrita, visual,
sonora, electrónica ou en calquera outra forma que verse sobre o estado dos elementos do medio
ambiente (aire, atmosfera, a auga, chan etc..) os factores, tales como substancias, enerxía, ruído etc
que afecten ou poidan afectar os elementos do medio ambiente citados anteriormente, as medidas,
incluídas as medidas administrativas, como políticas, normas, plans, programas e acordos en materia
de medio ambiente, os informes sobre a execución da lexislación ambiental, o estado da saúde e
seguridade das persoas, condicións de vida humana, bens do patrimonio histórico, cultural e artístico
e construcións.
Certamente, o concepto de información ambiental contido na Lei 27/2006, e nas Directivas Europeas
2003/4/CE e 2003/35/CE, é dunha gran amplitude, afirmándose en diversas sentencias Tribunal de
Xustiza das Comunidades Europeas que no concepto de información medioambiental abrangue
calquera información relativa ao estado dos distintos elementos do medio ambiente, as actividades
ou medidas que poidan afectar ou protexer o estado dos devanditos elementos, incluídas as medidas
administrativas e os programas de xestión do medio ambiente, debendo ser interpretada a directiva
no senso de que no concepto de medidas administrativas, non se debe excluír ningunha das
actividades que desenvolve a autoridade pública, debendo incluírse todas as formas de exercicio de
actividade administrativa. O Tribunal mantén que para que unha información se considere que versa
sobre medio ambiente a efectos da Directiva, basta que un informe da Administración constituíse un
acto que puidese afectar ou protexer o estado dalgún dos sectores do medio ambiente aos que se
refire a Directiva.
De acordo co anterior, non cabe senón concluír que a solicitude, polo seu contido relativo a materias
que sen dúbida deben ser incluídas dentro do concepto de información ambiental do artigo 2 da
citada Lei 7/2006 e tal e como afirman as asociacións reclamantes, debe ser tramitada de acordo co
procedemento establecido na mesma, incluíndo os procedementos de recurso, carecendo por tanto
esta Comisión de competencia para resolver sobre esta materia, polo carácter ambiental da
información que se solicita.
Non obstante, considérase que as medidas adoptadas pola Xefatura Territorial da Consellería de
Economía, Emprego e Industria na Coruña para a identificación polos solicitantes da documentación
do seu interese, é respectuosa en todo momento cos principios de eficiencia na actuación
administrativa e de transparencia no acceso á información pública.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Única: Inadmitir a reclamación presentada por
a resolución do 8 de maio de 2018, da Xefatura Territorial de
Minas da Consellería de Economía, Emprego e Industria pola que se adoptan medidas provisionais
con respecto das solicitudes de información relativas ao expediente de explotación mineira San
Rafael 2946.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe interpoñer recurso
contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación
desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora
da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, a 27 de xuño de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga