Estimada 27/06/2018 · 61 días en resolverse

Solicitud de reconocimiento de condición de interesado y acceso al expediente de explotación minera de Touro

El ciudadano solicitó a la Consellería de Economía, Emprego e Industria el reconocimiento como interesado y acceso al expediente de explotación minera de Touro. Tras la reclamación, la Comisión da Transparencia de Galicia constata que la administración ya había reconocido dicha condición al solicitante mediante escrito del 13 de marzo de 2018.

Puntos clave de la argumentación

1 La resolución confirma que la Consellería de Economía, Emprego e Industria reconoció al solicitante la condición de interesado en el expediente el 13 de marzo de 2018.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por D. ,remitida pola Oficina de Reclamacións de Administracións Territoriais, que tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 27 de abril de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. D. presentou con data do 20 de abril de 2018, unha solicitude ante a Consejo de Transparencia y Buen Gobierno para que este órgano inste á Consellería de Economía, Emprego e Industria ao cumprimento das súas obrigas en materia de acceso á información pública nos termos legalmente previstos no expediente de "Actualización del Proyecto de Explotación vigente de cobre de Touro" relativo á explotación mineira San Rafael 2946. O citado Consejo, de conformidade co disposto no artigo 14.1 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público, remitiu a solicitude á Comisión da Transparencia de Galicia, solicitude que tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo con data do 27 de abril de 2018. O escrito do Sr. viña acompañado de copia da súa solicitude, presentada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia do edificio administrativo da Coruña, no que solicitaba o recoñecemento da súa condición de interesado no expediente de referencia. Segundo. Con data 7 de maio de 2018 déuselle traslado da documentación achegada polo interesado á Consellería de Economía, Emprego e Industria para que, en cumprimento da normativa de transparencia, remitise informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 11 de maio de 2018. Con data do 1 de xuño ten entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o informe da Dirección Xeral de Enerxía e Minas e copia do expediente, no que se fai constar que mediante escrito do 13 de marzo de 2018, se lle remite ao interesado escrito do Xefe de Sección da Xefatura Territorial da Coruña, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no que se lle recoñece ao solicitante a condición de interesado no referido expediente. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (artigo 26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro). O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente exixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2018 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga