El ciudadano solicitó la inscripción de un documento de instrucciones previas (testamento vital) en el REGAIP a la Consellería de Sanidade. Tras alegar silencio administrativo, recurre ante la Comisión da Transparencia. Esta última decide inadmitir la reclamación porque no se trata de una solicitud de acceso a información pública, sino de un procedimiento administrativo específico.
Puntos clave de la argumentación
1
La solicitud del interesado consistía en la inscripción de un documento en el Registro Galego de Instrucións Previas (REGAIP), lo cual no constituye un procedimiento de acceso a la información pública.
2
El derecho de acceso a la información pública se refiere a contenidos o documentos elaborados o adquiridos por los sujetos obligados en ejercicio de sus funciones.
3
La reclamación es inadmisible al no existir una solicitud de información amparada en la Ley 1/2016, sino un trámite regido por la normativa sobre derechos y garantías de personas enfermas terminales.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo
do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
En resposta á reclamación presentada por D. , mediante escrito
presentado o 13 de abril de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e
fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta o seguinte acordo:
ANTECEDENTES
Primeiro. D. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o día 13 de abril de 2018, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da
Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desestimada por silencio
administrativo, unha solicitude presentada ante a Consellería de Sanidade, de asento no Rexistro
Galego de Instrucións Previas (REGAIP).
O escrito viña acompañado da solicitude dirixida á Consellería de Sanidade que tivo entrada no
Rexistro da Xunta de Galicia o 24/2/2018, e no que remitía formulario de inscrición no Rexistro Galego
de Instrucións Previas e documento de instrucións previas (testamento vital)
Segundo. Con data 7 de maio de 2018, déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante
á Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe
e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 11 de maio de 2018. Con data do 14 de xuño ten
entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o informe solicitado e copia do expediente.
No informe, a Secretaría Xeral Técnica manifesta en síntese o seguinte: con data do 24 de febreiro de
2018 o interesado presentou no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia, unha solicitude de inscrición
dun documento no Rexistro galego de instrucións previas (en diante, REGAIP), ao que une varias copia
de solicitude e un escrito dirixido ao REGAIP que denomina documento de instrucións previas. O
procedemento de inscrición no REGAIP non é un procedemento de acceso á información pública e a
solicitude do interesado inadmitiuse por non axustarse ao disposto na normativa reguladora do dito
rexistro.
Terceiro. Con data do 6 de xuño, o reclamante remite correo electrónico no que informa que recibiu
resolución da Secretaría Xeral Técnica ca Consellería de Sanidade e na que considera vulnerados os
seus dereitos.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo
goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa
ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o
Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía
contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a
resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas
polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais
comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades
Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha
reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co
disposto no artigo 33, a resolución das ditas reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará ao
previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra
resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación
en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de
procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á
información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu
formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta
lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a
definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma ampla tanto
na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o
solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, de
18 de xaneiro).
O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir
o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a
transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos
fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos se somete a
escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se
manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio
dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente
e que demanda participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente exixencia
cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que
supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas
de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Análise do expediente
D. presenta reclamación contra a denegación por silencio
administrativo da súa solicitude de inscrición de asento no Rexistro Galego de Instrucións Previas
(REGAIP), da que posteriormente se ditou resolución expresa. Non existe por tanto unha solicitude de
información pública, de acordo co que establece o artigo 24 da Lei 1/2016, senón unha solicitude dun
procedemento específico de inscrición nun rexistro da Consellería de Sanidade.
Por tanto, procede a inadmisión da reclamación presentada por non tratarse dunha solicitude de
acceso á información pública, e ser un procedemento que debe rexerse pola normativa reguladora do
dereito a outorgar o documento de instrucións previas, isto é, a Lei 5/2015, do 26 de xuño, de dereitos
e garantías da dignidade das persoas enfermas terminais, nas condicións establecidas na Lei 3/2001,
de 28 de maio, e na Lei 12/2013, de 9 de decembro, así como no resto da normativa que sexa de
aplicación, e non na normativa en materia de transparencia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia,
ACORDA
Único: Inadmitir a reclamación presentada por D. data do 13/4/018,
contra a denegación da inscrición de asento no Rexistro Galego de Instrucións Previas.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados
desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei
29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, a 27 de xuño de 2018.
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga