Inadmitida 27/06/2018 · 79 días en resolverse

Inadmisión de reclamación sobre estado de tramitación de incorporación de parcela al PGOU del Concello do Grove

El ciudadano solicitó al Concello do Grove información sobre la tramitación de la incorporación de una parcela al PGOU. Ante la falta de respuesta, reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia. Esta decidió inadmitir la reclamación porque el solicitante es parte interesada en un expediente administrativo en curso, debiendo aplicarse la normativa procedimental y no la de transparencia.

Puntos clave de la argumentación

1 La solicitud versa sobre un expediente administrativo en curso en el que el reclamante tiene la condición de interesado al ser titular dominical de la parcela afectada.
2 Según la disposición adicional primera de la Ley 19/2013, la normativa reguladora del procedimiento administrativo es la aplicable al acceso a documentos públicos para quien tenga la condición de interesado.
3 Al tratarse de una solicitud de obtención de documentación de un expediente en curso por parte de un interesado, no constituye una solicitud de acceso a la información pública en los términos de la ley de transparencia.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno En resposta á reclamación presentada por , mediante escrito presentado o 9/4/2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta o seguinte acordo: ANTECEDENTES Primeiro. D. presentou, mediante escrito que tivo entrada ntrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 9 de abril de 2018, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desestimada unha solicitude presentada ante o Concello do Grove, de información sobre o estado de tramitación da súa solicitude de incorporación dunha parcela por algún sistema de actuación asistemático no Plan Xeral de Ordenación Urbana do Grove de acordo coas alegacións que presentou na tramitación do referido plan. O escrito viña acompañado da solicitude dirixida á Concellaría de Urbanismo do Concello do Grove que tivo entrada no Rexistro da Subdelegación do Goberno na Coruña o 6 de febreiro de 2018. Segundo Con data do 2 de maio de 2018, déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello do Grove para que, en cumprimento da normativa de transparencia, remitise informe e copia completa e ordenada do expediente. A solicitude recibiuse pola Administración con data do 9 de maio de 2018, sen que se recibise o informe e a copia do expediente solicitado. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro establece que a competencia para resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro). O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente exixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. De acordo co anterior, e dado que no presente caso a Administración non resolveu expresamente, debe admitirse a reclamación presentada por estar en prazo. Quinto. Análise do expediente D presenta reclamación contra a denegación por silencio administrativo, da súa solicitude de información sobre o estado de tramitación do procedemento de incorporación dunha parcela da súa propiedade por algún sistema de actuación asistemático no Plan Xeral de Ordenación Urbana do Concello do Grove de acordo coas alegacións que presentou na tramitación do referido PGOU. De acordo co anterior, non presenta reclamación ante esta Comisión por non obter contestación a unha solicitude de información pública, senón por non obter información dun expediente no que é interesado. A Lei 39/2015, do 1de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, define como interesado nun procedemento administrativo, a os que, sen iniciar o procedemento, teñan dereitos que poidan resultar afectados pola decisión que no mesmo se adopte e a aqueles cuxos intereses lexítimos, individuais ou colectivos, poidan resultar afectados pola resolución e se personen no procedemento en tanto non recaese resolución definitiva. De acordo co anterior, D. , o ter presentado alegacións no expediente de aprobación do PGOU, e segundo se deduce do seu escrito, por ter dereitos que poidan resultar afectados pola resolución que se adopte (incorporación ou non da súa parcela a un sistema de actuación do plan), debe considerarse interesado no mesmo. O propio reclamante no seu escrito afirma que ten a condición de interesado no procedemento de aprobación do PXOM, xa que é titular dominical da parcela afectada para a cal se solicitou a documentación, informes e propostas relacionadas coa súa alegación. De acordo co establecido na Disposición adicional primeira da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, a normativa reguladora do correspondente procedemento administrativo será a aplicable ao acceso aos documentos públicos que o integren por parte de quen teñan a condición de interesado no procedemento administrativo en curso. Por tanto, dado que no presente caso, a reclamación de información é referente a un expediente en curso, debe ser a normativa reguladora dese procedemento, e non a normativa de transparencia, a que se aplique ao acceso á mesma. Por tanto, procede a inadmisión da reclamación presentada por D. , por non ser a Comisión da Transparencia competente para a súa resolución, ao tratarse dunha reclamación contra denegación por silencio administrativo dunha solicitude de obtención de documentación dun expediente administrativo en curso e por persoa interesada no mesmo, e non unha solicitude de acceso á información pública. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia ACORDA Único: Inadmitir a reclamación presentada por D. presentada con data do 9 de marzo de 2018, contra a denegación por silencio administrativo da solicitude de información sobre o estado de tramitación do procedemento de incorporación dunha parcela por algún sistema de actuación asistemático no PGOU de o Concello de O Grove. de acordo coas alegacións que presentou na tramitación do referido PGOU. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, a 27 de junio de 2018 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga