La Asociación Verdegalia solicitó a la Consellería de Economía, Emprego e Industria de Xunta de Galicia el expediente del Plan de Restauración y expedientes administrativos de la explotación minera de Monte Neme. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), la Comisión da Transparencia estima la reclamación al considerar que se trata de información pública.
Puntos clave de la argumentación
1
La documentación solicitada sobre el Plan de Restauración y expedientes sancionadores de la explotación minera de Monte Neme constituye información pública al haber sido elaborada en el ejercicio de funciones administrativas.
2
Se determina que la reclamación es admisible ya que, ante la ausencia de resolución expresa, los recursos contra resoluciones presuntas pueden interponerse en cualquier momento.
3
La administración reclamada no justificó la existencia de ningún límite legal que impidiera el acceso a la información solicitada.
4
Se recuerda que el incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el régimen disciplinario.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia
e bo goberno
Vista a reclamación presentada por D. , representante da Asociación
, mediante escrito do 4 de abril de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando
os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. D. , representante da Asociación presentou, mediante
escrito que tivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 5 de abril de 2018, unha
reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno, por entender desestimada por silencio administrativo, unha
solicitude de acceso á información presentada ante o Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura
Territorial da Coruña, da Consellería de Economía, Emprego e Industria de remisión de copia
do Plan de Restauración da explotación mineira Monte Neme e dos expedientes
administrativos relativos á aprobación e execución deste plan de restauración, así como copia
do expediente administrativo da explotación mineira de Monte Neme, dende 2014 ata a
actualidade, incluíndo os expedientes sancionadores iniciados contra a concesionaria polo
accidente de febreiro de 2014 e pola falta de cumprimento do plan de restauración, e os
expedientes de caducidade das concesións mineiras abandonadas
O escrito viña acompañado de copia da súa solicitude dirixida á Xefatura Territorial da
Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña, con data de presentación no
Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia do 27 de febreiro de 2018.
Con data do 13 de abril de 2018, requiríuselle para que acreditara a súa identidade e a
representación da Asociación Verdegalia. O interesado acreditou ambos extremos con data
do 23 de abril.
Segundo. Con data 13 de abril de 2018, déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria para
que, en cumprimento da normativa de transparencia, remitise informe e copia completa e
ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 23 de abril de 2018, sen que a referida
Consellería remitise o informe e a copia do expediente solicitado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á
Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro).
O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
exixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
De acordo co anterior, e dado que no presente caso a Administración non resolveu
expresamente, debe admitirse a reclamación presentada por estar en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
D. , en representación da Asociación , solicitou da Xefatura
Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria o acceso a unha documentación
que, non cabe dúbida, debemos considerar como información pública, xa que se trata do
expediente correspondente ao Plan de Restauración da explotación mineira Monte Neme e
dos expedientes administrativos relativos á aprobación e execución deste plan de
restauración, así como o expediente administrativo da explotación mineira de Monte Neme,
dende 2014 ata a actualidade, incluíndo os expedientes sancionadores iniciados contra a
concesionaria polo accidente de febreiro de 2014 e pola falta de cumprimento do plan de
restauración, e os expedientes de caducidade das concesións mineiras abandonadas. Trátase
por tanto de información que está en poder da Administración e que foi elaborada no
exercicio das súas funcións, e do que a Consellería non xustificou si se trata ou non de
información de carácter ambiental, polo que procede e estimación do presente recurso, por
ter o solicitante, de acordo co disposto no artigo 24 da Lei 1/2016, dereito ao acceso á mesma.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria non resolveu a solicitude de acceso á
información do Sr. , polo que debe lembrárselle que, de acordo co disposto no artigo
20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a
consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime
disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora.
Así mesmo, a referida Consellería non remitiu o informe e o expediente solicitado por esta
Comisión, polo que lémbraselle, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a
súa obriga de facilitar á Comisión a información que se lle solicite para o correcto
cumprimento das súas funcións en materia de transparencia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por D. , representante da
Asociación , de solicitude á Consellería de Economía, Emprego e Industria de
remisión de copia do expediente do Plan de Restauración da explotación mineira Monte Neme
e dos expedientes administrativos relativos á aprobación e execución deste plan de
restauración, así como copia do expediente administrativo da explotación mineira de Monte
Neme, dende 2014 ata a actualidade, incluíndo os expedientes sancionadores iniciados contra
a concesionaria polo accidente de febreiro de 2014 e pola falta de cumprimento do plan de
restauración, e os expedientes de caducidade das concesións mineiras abandonadas.
Segundo: Instar á Consellería de Economía, Emprego e Industria a que, no prazo máximo de
15 días hábiles, se responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos
artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á
formalización do acceso.
Terceiro: Instar á Consellería de Economía, Emprego e Industria a que, no prazo máximo de
15 días hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío da información
solicitada polo reclamante.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga