La Plataforma solicitó al CICA-INIBIC de la Universidad de la Coruña diversa documentación sobre contratos, auditorías, presupuestos y personal. Ante la falta de respuesta efectiva y el envío de un enlace no operativo, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y bookstores a la Universidad a proporcionar la información en 15 días.
Puntos clave de la argumentación
1
La documentación solicitada se encuadra dentro del concepto de información pública establecido en el artículo 24 de la Ley 1/2016.
2
La Universidad de la Coruña tiene la obligación de proporcionar la información solicitada al ciudadano.
3
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
4
La administración tiene la obligación de facilitar a la Comisión de Transparencia la información necesaria para el cumplimiento de sus funciones según el artículo 35 de la Ley 1/2016.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , en representación da
Plataforma
mediante escrito do 2 de abril de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os
antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta o seguinte
acordo:
ANTECEDENTES
Primeiro. D. , en representación da Plataforma
, presentou mediante escrito que
tivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 2 de abril de 2018, unha reclamación ao
amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo
goberno, por entender desestimada unha solicitude de acceso á información solicitada ao
Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA), no que solicitaba informes, convenios
ou contratos de carácter público que emanen do CICA-INIBIC UDC, copias das auditorías
realizadas e de cada un dos proxectos xustificados que emanan do CICA INIBIC na UDC e a
Xunta de Galicia como órganos fundacionais e de tutela, subvencións e axudas públicas que
consten en INIBIC UDC con indicación do seu importe e obxectivo , os orzamentos, con
descrición de orzamentarias e información actualizada estado de execución para o Centro de
Estudos Cooperativos (CECOOP), as contas anuais e os informes de auditoría de contas e de
fiscalización por parte dos órganos de control que sobre o CICA INIBIC UDC se emitiron, as
retribucións percibidas anualmente pola altos cargos da administración, convidados oficiais,
funcionarios, declaración de ausencia de conflito de intereses que emanen do CICA INIBIC
UDC, informe xustificativo do financiamento das campañas e recursos dedicados para o CICA
INIBIC UDC incluído o custo dos servizos web financiados con recursos públicos e copia ou
identificación do persoal público dependente do CICA INIBIC UDC cuxo orixe ou relación co
SEGAS póidase documentar e destinado a xestionar os seus fondos públicos e organizar
actividades, copia ou informe dos convenios para o efecto.
A reclamación ven acompañada de copia de diversas follas con información sobre o citado
centro, unha folla contendo o persoal do centro de Investigación Biomédica, unha folla
contendo o curriculum do director do Centro Gerontológico La Milagrosa e copia dun correo
electrónico no que o coordinador do CICA lle informe que o Grupo de Investigación en
Gerontologia (GIG) non ten ningunha vinculación co CICA-INBC , polo que considera que non
procede a remisión da información solicitada.
Terceiro. Con data do 13 de abril de 2018, déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante ao Rectorado da Universidade da Coruña para que, en cumprimento da normativa
de transparencia, remitise informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 18 de abril de 2018 e con data do 4 de maio
a Secretaría da Universidade de Santiago de Compostela remite un escrito no que remite os
enlaces ás páxinas institucionais do CICA e da UDC nas que se atopa publicada a información
solicitada polo recorrente, e informando que o INIBIC e un organismo público adscrito ao
SERGAS.
A Secretaría da Comisión da Transparencia intentou acceder ao enlace remitido
(https://documenta.udc.es/share/s/dOevOyiFS WLAuXFtD 00A), obtendo o seguinte
resultado:
“Página no disponible Parece que este enlace al fichero compartido se ha eliminado”.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á
Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016 establece que o procedemento se axustará ao previsto nos
parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra
resolucións en materia de acceso á información ten carácter potestativo e previo á
impugnación en vía contencioso-administrativa, axustándose a súa tramitación ao disposto na
lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
O artigo 24 da Lei 1/2016 recoñece o dereito de todas as persoas a acceder á información
pública, entendida esta como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato
ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta
lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
O artigo 12 da Lei 19/2013 configura o dereito de acceso á información pública de forma
ampla, sendo titulares do mesmo calquera persoa, sen necesidade de que o solicitante estea
obrigado a motivar a súa resolución, de acordo co disposto no artigo 26.4 da Lei 1/2016.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 15 de febreiro establece que o procedemento das
reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao
previsto no artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado. Dado que a resolución da Universidade de Santiago de
Compostela é do 25 de marzo de 2018 e a reclamación presentouse con data do 30 de marzo,
debese considerar presentada en prazo.
Quinto. Análise do expediente
O Sr. presentou ante o Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) da
Universidade da Coruña, unha solicitude de acceso a unha documentación que considera está
en poder do referido Centro. Nin o Centro nin á Universidade da Coruña remitiulle a
información, limitándose a remitirlle un correo electrónico (cuxa copia aporta o recorrente),
do coordinador do CICA no que se lle informe que o Centro de Estudios Gerontológicos non
ten vinculación coa Agrupación Estratéxica CICA-INBC.
A Secretaría Xeral da Universidade da Coruña non remitiu o expediente nin o informe
solicitado pola Comisión da Transparencia, limitándose a enviar un oficio no que remite un
enlace ás páxinas institucionais do CICA, á que se intentou acceder pola Secretaria desta
Comisión, como se fixo referencia no punto terceiro doa antecedentes, non podéndose
acceder á mesma.
En todo caso, a documentación solicitada non cabe dúbida que pode encadrarse dentro do
concepto de información pública que establece o artigo 24 da Lei 1/2016, polo que a
Universidade da Coruña ten a obriga de proporcionarlla ao solicitante, debendo lembrárselle
que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da
obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da
aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa
reguladora.
Ase mesmo, a Universidade da Coruña non remitiu o informe e o expediente solicitado por
esta Comisión, polo que lémbraselle, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016,
a súa obriga de facilitar á Comisión a información que se lle solicite para o correcto
cumprimento das súas funcións en materia de transparencia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por D. , en
representación da Plataforma
contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de
información referente ao Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA).
Segundo: Instar á Universidade da Coruña a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, a que
responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da
Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do
acceso.
Terceiro: Instar á Universidade da Coruña a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita
a esa Comisión da Transparencia copia do envío da información solicitada ao reclamante.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga