La Plataforma presentó una reclamación contra el Centro Gerontológico La Milagrosa por denegar el acceso a documentos públicos. El centro alegó no estar sujeto a la ley de transparencia por ser una entidad sin ánimo de lucro. La Comisión da Transparencia de Galicia decidió inadmitir la reclamación ya que la entidad es privada y no está obligada por la normativa.
Puntos clave de la argumentación
1
La entidad reclamada es una entidad privada sin ánimo de lucro, por lo que no se encuentra dentro del ámbito de aplicación de la Ley 19/2013 ni de la Ley 1/2016.
2
Según los artículos 3 y 4 de la Ley 1/2016, las entidades privadas no están obligadas a conceder el acceso a la información pública solicitada por los ciudadanos.
3
La reclamación es inadmisible al no ser el Centro Gerontológico La Milagrosa un sujeto obligado según el artículo 3 de la Ley 1/2016.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo
do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , en representación da Plataforma
mediante escrito do
30/3/2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que
se especifican a continuación, adopta o seguinte acordo:
ANTECEDENTES
Primeiro. , en representación da Plataforma
, presentou mediante escrito que tivo entrada no
rexistro do Valedor do Pobo o día 30 de marzo de 2018, unha reclamación ao amparo do disposto no
artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desestimada
unha solicitude de acceso á información solicitada ao Centro Gerontológico La Milagrosa
O escrito viña acompañado de copia da solicitude de información ao responsable do Centro
Gerontológico La Milagrosa e diversos recortes de prensa.
Segundo. O reclamante solicita a apertura dun procedemento contra o Centro Gerontológico La
Milagrosa, pola súa negativa a entregar documentos públicos, negando a súa existencia.
Entre a documentación que remite o reclamante, figura un correo electrónico do Centro Gerontológico
La Milagrosa, no que se lle informa que a Asociación de Provincial de Pensionistas y Jubilados de A
Coruña é unha entidade sen ánimo de lucro, polo que non se atopa incluída dentro do ámbito de
aplicación das leis 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo
goberno e 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
Terceiro. Con data do 7 de maio de 2018, déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Centro Gerontológico La Milagrosa para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, remitise informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 9 de maio de 2018, con data do 28 de maio,
o Centro remite un completo informe sobre a solicitude, copia de poder en favor de
, copia dos estatutos da Asociación de Provincial de Pensionistas
y Jubilados de A Coruña.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo
goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa
ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o
Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía
contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a
resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas
polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais
comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades
Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha
reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co
disposto no artigo 33, a resolución das ditas reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016 establece que o procedemento se axustará ao previsto nos parágrafos 2,
3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia
de acceso á información ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-
administrativa, axustándose a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento
administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
O artigo 24 da Lei 1/2016 recoñece o dereito de todas as persoas a acceder á información pública,
entendida esta como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que
consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados
ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
O artigo 12 da Lei 19/2013 configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo
titulares do mesmo calquera persoa, sen necesidade de que o solicitante estea obrigado a motivar a
súa resolución, de acordo co disposto no artigo 26.4 da Lei 1/2016.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 15 de febreiro establece que o procedemento das reclamacións fronte
ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei
19/2013, do 9 de decembro.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de
acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa
impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do
acto impugnado.
Cuarto. Análise do expediente
En resposta á solicitude de información presentada por ao Centro
Gerontológico La Milagrosa, por parte da administración do mesmo se lle remitiu un correo electrónico
no que se lle informa que o citado centro, por tratarse dunha entidade sen ánimo de lucro, non se
atopa encadrada dentro do ámbito de aplicación da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia,
acceso á información pública e bo goberno, e da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo
goberno.
Do informe que remite a Asociación e dos estatutos que acompaña constátase que a mesma é unha
entidade sen ánimo de lucro e de acordo con tal carácter e a acertada argumentación verquida no
informe, non cabe senón concluír que a entidade non está incluída dentro do ámbito de aplicación da
normativa de transparencia e non ten por tanto obriga de remitir a información solicitada polo Sr
.
En efecto, tal e como dispoñen os artigos 3 e 4 da citada Lei 1/2016, as entidades privadas, como é o
caso do Centro Gerontológico La Milagrosa, non están obrigadas a conceder o acceso á información
pública solicitada polos cidadáns.
De acordo co anterior, procede a inadmisión da reclamación presentada por
en representación da Plataforma
, por non ser a entidade á que se lle solicita información pública, un suxeito ao
que o artigo 3 da Lei 1/2016 inclúe dentro desta obriga.
ACORDA
Único: Inadmitir a reclamación presentada por , en representación da
Plataforma con data do
30/3/2018, contra a denegación da súa solicitude de información polo Centro Gerontológico La
Milagrosa.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados
desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei
29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, a 27 de maio de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga