El ciudadano solicitó a la Dirección Xeral de Enerxía e Minas documentación sobre la explotación minera D. Isidro nº 6043. Tras alegar silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia decide inadmitir la reclamación por considerarla prematura, ya que no había transcurrido el plazo legal para resolver la solicitud debido a la suspensión por el trámite de audiencia.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación se considera extemporánea al presentarse antes de que transcurriera el plazo legal de resolución, considerando la suspensión del plazo por el trámite de audiencia previsto en el art. 19.3 de la Ley 19/2013.
2
Se determina que el plazo de un mes para resolver no había finalizado a la fecha de la firma del informe de la Dirección General, invalidando la presunción de silencio administrativo.
3
La resolución recuerda que las solicitudes de información ambiental se rigen por su normativa específica (Ley 27/2006), siendo la Ley 19/2013 aplicable solo en lo no previsto.
4
Se establece que para inadmitir una solicitud por repetitiva, debe acreditarse que es manifestamente repetitiva y que no ha existido modificación real o legal de los datos ofrecidos anteriormente.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia
e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 26 de marzo
de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos
xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito que tivo entrada no rexistro
do Valedor do Pobo o día 26/3/2018, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28
da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desestimada
por silencio administrativo, unha solicitude de acceso á información á Dirección Xeral de
Enerxía e Minas da Consellería de Economía, Emprego e Industria de remisión de copia das
actas, informes ou documentación relativa á supervisión por parte de funcionarios da
administración das voaduras con explosivos realizadas na explotación mineira D. Isidro nº
6043 en Triacastela, copia dos planos de labores e resolucións, acordos, convenios, informes,
medidas ou calquera outra información relativas a eles e copia íntegra dos informes
ambientais do Plan de Vixilancia segundo o Plan de Restauración que recollan as labores de
restauración levadas a cabo anualmente e o grao de cumprimento do plan de restauración,
todo elo referido aos anos 2017 e 2018.
O escrito viña acompañado de copia da súa solicitude dirixida á Dirección Xeral de Enerxía e
Minas que tivo entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia do Edificio Administrativo de
Lugo o 16 de febreiro de 2018, e copia do seu DNI.
Segundo. Con data 28 de marzo de 2018, déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Consellería de Economía, Emprego e Industria para que, en cumprimento da
normativa de transparencia, remitise informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 5 de abril de 2018.
Cuarto. Con data do 27 de abril de 2018, ten entrada no Rexistro do Valedor do Pobo oficio
do Secretario Xeral Técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria co que se remite
informe do Director Xeral de Enerxía e Minas e copia do expediente.
No referido informe, o Director Xeral en sínteses manifesta o seguinte:
Procede a inadmisión por extemporánea da reclamación formulada a causa da súa
presentación prematura antes do transcurso do prazo legalmente establecido para resolver a
solicitude, como se xustifica detalladamente no informe.
Respecto á documentación solicitada, a maior parte dela xa lle foi recoñecido o dereito de
acceso e de obtención de copias, inclusive con moita mais amplitude dado que na solicitude
obxecto da reclamación, unicamente non se lle concedeu o acceso respecto á información
relativa a voaduras con explosivos, que sen prexuízo da a análise específica do carácter da
información solicitada que será realizada polo órgano competente para resolver, pode
incardinarse no ámbito ambiental.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á
Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro).
O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
exixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
Quinto.- Análise do expediente
Tal e como figura na documentación que remite o interesado e na copia do expediente que
remite a Dirección Xeral de Enerxía e Minas, a solicitude foi presentada no rexistro do edificio
administrativo de Lugo o 16/2/2018, e dirixido á Dirección Xeral de Enerxía e Minas, que o
recibe con data do 20/2/2018. Segundo afirma o informe da citada Dirección Xeral, o
solicitante é sobradamente coñecedor de que o órgano que posúe a informacióne en cuxas
dependencias se atopa fisicamente a documentación é o Servizo de Enerxía e Minas da
Xefatura Territorial da Consellería en Lugo, dado que o mesmo tivo acceso ao expediente de
concesión en múltiples ocasións ao longo dos últimos anos, ben a título particular ou en
representación de entidades (solicitudes do 9/3/2012, 10/1/2013, 21/2/2014, 23/4/2014,
27/5/2014, 2/6/2014, 18/6/2014, 26/2/2015, 21/4/2015, 29/9/2015 e 30/9/2015)
A Dirección Xeral, con data do 6/3/2018, remite a solicitude ao órgano competente, o Servizo
de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria
en Lugo, que o recibe con data do 8/3/2018, informando ao solicitante da remisión que a
recibe no seu enderezo o 9/3/2018, como queda xustificado na copia do expediente remitido.
Con data do 20/3/2018 (rexistro de saída do 21/3/2018) o servizo de Enerxía e Minas da
Xefatura Territorial, dá traslado da solicitude recibida á sociedade titular dos dereitos
mineiros, ., para que en cumprimento do disposto no artigo 19.3 da Lei
19/2013, formule alegacións que estime oportunas, trámite que comunica coa mesma data
ao solicitante, informándoo que a súa solicitude tivo entrada no Servizo o 8/3/2018, e da
suspensión do prazo para ditar resolución ata o cumprimento do trámite do citado artigo 19.3.
Dado que recibiu a notificación o 26/03/2018, o prazo de 15 días
rematou o 18/4/2018, polo que á data da sinatura do informe da Dirección Xeral (24/4/2018)
ainda non transcorrera o prazo máximo dun mes para a resolución da solicitude de acceso,
polo que dito centro directivo considera que procede a inadmisión por extemporánea, da
reclamación formulada a causa da súa presentación prematura antes do transcurso do prazo
legalmente establecido para resolver a solicitude.
A Dirección Xeral no seu informe pon de manifesto o seguinte respecto ás peticións de acceso
realizadas con anterioridade polo solicitante, ben en nome propio ou ben en nome de
entidades:
1) Solicitude do 26/06/2015 de copia íntegra en papel ou formato dixital do expediente da
explotación mineira (seccións A e C) e dos planos de labores, proxecto mineiro, plan de restauración
e plan de vixilancia e seguimento da concesión D* Isidro nº 6043* e copia dos expedientes de
expropiación: se lle remite contestación dándolle acceso, e se lle solicita que indique os documentos
dos que solicita copia para valorar a procedencia da reprodución e calcular a taxa e remíteselle ao
Arquivo Histórico no referente aos expedientes de expropiacións. Denégaselle o acceso aos plans de
labores poios motivos que figuran no escrito, sen que conste ulterior concreción de documentos que
solicita nin pagamento de taxas.
2) Solicitude do 20/06/2016 no que se lle comunica o 02/08/2016 a posta á súa disposición de
copia da Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas do 26 de abril de 2016 pola que se autoriza
a modificación do Plan de Restauración da CE D. Isidro nº 6043, informe de seguimento ambiental
2015 achegado co Plan de Labores 2016, incluíndo os planos correspondentes e do que o solicitante
non procedeu a recoller e recepcionar as copias solicitadas.
3) Mediante escrito do 02/11/2016, da Xefatura Territorial de Lugo, dáse resposta ás solicitudes
de copias de documentación de datas 20/06/2016, 01/08/2016, 12/08/2016, 22/09/2016 e
04/10/2016, e ponse a disposición do solicitante a copia da Resolución da Dirección Xeral de Enerxía
e Minas do 26 de abril de 2016 pola que se autoriza a modificación do Plan de Restauración da CE D.
Isidro nº 6043, Informe de seguimento ambiental 2015, achegado co Plan de Labores 2016, incluíndo
os planos correspondentes, epígrafe 9: "Plan de vixilancia" do Plan de restauración da explotacion
mineira, , epígrafe 3.2: 'Hidroxeología e Hidroloxía", e epígrafe 3.3: "Xeoloxía e Xeomorfoloxía", dos
que o solicitante non procedeu a recoller e recepcionar as copias solicitadas.
4) O solicitante ten recibido tanto verbalmente como por escrito información relativa á explotación
mineira tal e como se reflicte na resolución do 2 de agosto de 2016 da xefa territorial da Consellería
de Economía, Emprego e Industria en Lugo que cita, ad exemplum, os escritos do 25/09/2012,
19/09/2014, dous do 11/08/2015 e a resolución do 24/08/2005, nos que se facilita información. Na
resolución do 2 de agosto de 2016 se inadmiten tres solicitudes presentadas no mes de xuño de 2016
(os días 2, 18 e o 20), polo seu carácter repetitivo.
5) Con data do 20/04/2018 ditouse resolución respecto a diversas solicitudes de acceso á
información por tres solicitantes, entre os que estaba o Sr acumuladas nun mesmo expediente
por ser substancialmente idénticas e na que se da acceso e se facilita copia da seguinte
documentación:
a) Informes ambientais das labores de restauración levadas a cabo e o grao de cumprimento do
plan de restauración (dos últimos dez anos, segundo o solicitado).
b) Plans de labores dos últimos dez anos disociando os datos cuxo contido poda inferir información
relativa á estratexia empresarial ou comercial da entidade explotadora.
Por tanto, respecto da maior parte da documentación demandada, xa foi recoñecido o dereito
de acceso e de obtención de copias con moita mais amplitude que na solicitude que nos
ocupa, agás, no referente a documentación relativa a voaduras con explosivos na que, sen
prexuízo de que a análise específica do carácter da información solicitada será realizada polo
órgano competente para resolver, resulta claro que incardínase no ámbito ambiental, dado
que se solicitan os informes ambientais do plan de vixilancia segundo o plan de restauración.
Tras o detallado análise da tramitación do expediente que se fai no informe da Dirección Xeral
de Enerxía e Minas e á documentación xustificativa que o acompaña, cabe concluír que o
recurso presentouse antes do prazo establecido no artigo 20.1 en relación co 24.2 da Lei
19/2013, dado que non transcorreu o prazo dun mes dende que a solicitude tivo entrada no
órgano competente para resolver ata a presentación do recurso, tendo en conta a necesidade
de realizar o trámite de audiencia ao que obriga o artigo 19.3 da referida lei, polo que procede
a súa inadmisión. Esta non obsta a que o interesado poida presentar no seu caso, e dentro dos
prazos legalmente establecidos, reclamación de cumprise os prazos de silencio sen resolución,
ou contra a resolución expresa que se dite.
Respecto das consideracións sobre a o carácter repetitivo da información solicitada
manifestados no informe da Dirección Xeral, debe terse en conta, na resolución que sobre o
acceso á información se dite, que o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno no seu criterio
interpretativo 3/2016, do 14 de xullo, sobre a causa de inadmisión de solicitudes de acceso á
información manifestamente repetitivas indica que a Lei esixe que a solicitude sexa non só
repetitiva, senón que o sexa manifestamente, entendendo por tal a que coincida con outra ou
outras presentadas anteriormente polo mesmo ou os mesmos solicitantes da que,
admitíndose a trámite, se ofrecera xa a información sen que existise ningunha modificación
real ou legal sobre os datos no seu momento ofrecidos, polo que a resolución expresa que no
seu momento se dite, debe xustificar adecuadamente a ausencia de modificación dos datos
inicialmente ofrecidos e que a información ofrecida con anterioridade, comprenda a que
neste expediente se solicita, dando acceso en caso contrario, á restante información.
Por último, débese ter en conta que toda aquela solicitude de información que se atope
dentro da definición de información ambiental, de acordo co disposto no artigo 2.3 da Lei
27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información medio
ambiental, participación pública e xustiza en materia de medio ambiente, réxese pola súa
normativa específica en canto ao seu acceso, segundo establece a disposición adicional
primeira da Lei 19/2013, sendo esta última norma aplicable unicamente no non previsto na
súa normativa reguladora específica.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia
ACORDA
Único: Inadmitir a reclamación presentada por con data do 26 de
marzo de 2018, contra a resolución por silencio administrativo da súa solicitude de acceso á
información á Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía, Emprego e
Industria sobre diversa documentación referente á explotación mineira D. Isidro nº 6043 en
Triacastela.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga