Desestimada 27/06/2018 · 84 días en resolverse

Solicitud de acceso a información relativa a expedientes del grupo minero Santa Comba y resultado desestimado

Una asociación solicitó acceso a expedientes del grupo minero Santa Comba a la Consellería de Economía, Emprego e Industria. Alegó que la resolución recurrida respondía a una solicitud distinta y que ya había obtenido la información indirectamente. La Comisión da Transparencia de Galicia desestima la reclamación al considerar que el derecho de acceso quedó satisfecho.

Puntos clave de la argumentación

1 No procede dictar nuevo acuerdo sobre el procedimiento RSCTG 55/2017 ya que no existe modificación de las circunstancias y ya hubo una resolución estimatoria previa el 8 de noviembre de 2017.
2 La reclamación contra la resolución del 20 de febrero de 2018 se desestima porque, aunque hubiera un error en la solicitud referenciada, el solicitante ya obtuvo la información por vía indirecta a través de otra asociación.
3 La Comisión carece de competencia para valorar si la tramitación del expediente de transmisión de concesiones mineras se ajustó a la normativa de aplicación.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. En resposta á reclamación presentada por D. , en representación da Asociación , mediante escrito do 4 de abril de 2018 dirixido á Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta o seguinte acordo: ANTECEDENTES Primeiro. D. , en representación da Asociación , presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 4 de abril de 2018, unha reclamación ao amparo da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do Director Xeral de Enerxía e Minas do 20 de febreiro de 2018, en relación cunha solicitude de acceso á información relativa a expedientes do grupo Mineiro Santa Comba. O recorrente indica no seu escrito que o 13 de febreiro de 2017, solicitou á referida consellería acceso a información sobre o grupo mineiro Santa Comba (“copia dixital íntegra” dos dereitos mineiros San Antonio 1789, Oportuna 1792, Ampliación a Oportuna 2912, Santa Bárbara 1802, Carmen 1807, Santa María 1790 e Carballeira 1801), que deu lugar ao expediente RSCTG 55/2017 e sobre o que a Comisión da Transparencia de Galicia, acordou, con data do 8 de novembro de 2017, estimar na súa totalidade as súas pretensións. Así mesmo informa que a resolución da Dirección Xeral que agora recorre, concédelle acceso a unha información solicitada con data do 28 de febreiro de 2017, da que a pesares de que non foi resolta pola Consellería, a Asociación xa tivo acceso, pois esta lle foi entregada integramente a outra asociación ambiental. A asociación reclamante ademais fai no seu escrito unha serie de consideracións sobre a tramitación do expediente de transmisión das concesións da explotación mineira correspondentes ao Grupo Mineiro Santa Comba Segundo. O 2 de maio de 2018 déuselle traslado da documentación achegada polo interesado á Consellería de Economía, Emprego e Industria para que, en cumprimento da normativa de transparencia, informara e proporcionara copia completa e ordenada do expediente. O requirimento recibiuse pola administración o 11 de maio de 2018. Terceiro. Non se recibiu nin o informe nin o expediente requirido á consellería, polo que rematado o prazo concedido, proséguese coa tramitación da reclamación. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro). O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente exixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. De acordo co anterior, e dado que non se dispón do no presente caso do expediente, ao no remitilo a Administración, debe considerarse que o recurso está presentado en prazo, en base á afirmación do recorrente de recibir a notificación da resolución impugnada con data do 7 de marzo de 2018, e presentar o recurso con data do 4 de abril do mesmo ano. Quinto.- Análise do expediente Tal e como manifesta o representante da Asociación recorrente no seu escrito presentado á Comisión, a desestimación por silencio administrativo negativo da súa solicitude do 13 de febreiro de 2017 xa foi obxecto de reclamación ante esta Comisión, que resolveu, con data do 8 de novembro de 2017, estimar as súas pretensións. Non procede por tanto ditar novo acordo sobre o mesmo procedemento (RSCTG 55/2017), xa que non existe modificación das circunstancias concorrentes no caso, e no que se instou á Consellería de Economía, Emprego e Industria a remitir ao interesado a información solicitada, especificando de forma clara nos criterios da resolución, a ponderación que no seu caso se realice para aplicar os límites legais ao acceso e o interese público ou privado para o acceso. En todo caso, procede por esta Comisión, reiterar á citada Consellería que debe levar a efecto o disposto no acordo do 8 de novembro de 2017, que lle foi notificado no seu día, sen prexuízo de que os interesados poidan presentar os recursos que estimen procedentes. A Asociación recorre a resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas do 20 de febreiro de 2018, pola que se da acceso a unha información da que manifesta que se corresponde con unha solicitude de data e contido diferente(solicitude do 28 de febreiro de 2017), e a cuxo contido xa tivo acceso por ser entregada a información a outra asociación ambiental. Con independencia do erro que puido ter cometido a citada Dirección Xeral, non procede estimar a reclamación por este motivo por canto, a resolución recorrida concede o acceso a unha información solicitada no seu momento pola Asociación, e á que xa tivo acceso por vía indirecta, é dicir, a través doutra asociación ambiental, estando por tanto satisfeito seu dereito de acceso á información solicitada. Respecto das consideracións que na reclamación se fan sobre a tramitación do expediente de transmisión das concesións da explotación mineira do Grupo Mineiro Santa Comba, esta Comisión non pode entrar a valorar se se tramitou de acordo coa normativa de aplicación, por non ser da súa competencia. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Desestimar o recurso presentado por D. en representación da Asociación contra a Resolución do Director Xeral de Enerxía e Minas do 20 de febreiro de 2018, en relación con unha solicitude de acceso á información. Segundo: Reiterar á Consellería de Economía, Emprego e Industria a súa obriga de levar a efecto o disposto no acordo desta Comisión do 8 de novembro de 2017 no expediente RSCTG 55/2017 que lle foi notificado. Terceiro: Instar á consellería a que no prazo máximo de 15 días hábiles remita a esta Comisión da Transparencia copia da resolución e da información enviada ao recorrente. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Santiago de Compostela, a 27 de xuño de 2018 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga