El ciudadano solicitó a la Consellería de Sanidade datos estadísticos sobre personas sordas o con hipoacusia asistidas por el SERGAS entre 2007 y 2017. La administración inadmitió la solicitud alegando necesidad de reelaboración. La Comisión da Transparencia de Galicia desestima la reclamación al considerar justificada la falta de medios para extraer los datos sin afectar la actividad sanitaria.
Puntos clave de la argumentación
1
La reelaboración se produce cuando es necesaria la elaboración expresa de una respuesta mediante el uso de diversas fuentes de información o cuando se carece de medios técnicos para extraer la información solicitada.
2
El derecho de acceso a la información pública no puede confundirse con el derecho a la confección de un informe a medida del solicitante por parte de un órgano público.
3
La solicitud requiere una labor de elaboración mediante la consulta de historias clínicas de pacientes para recopilar la diversidad de datos, lo que implicaría dotar a la administración de personal adicional para no paralizar los centros sanitarios.
4
La inadmisión es procedente ya que la información solicitada debe elaborarse expresamente mediante operaciones de análisis, agregación e interpretación.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
En resposta á reclamación presentada por , mediante escrito do 17 de
marzo de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos
xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o día 19/3/2018, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da
Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desestimada unha
solicitude de acceso á información por parte da Consellería de Sanidade
O reclamante indicaba que solicitou á referida Consellería o número de persoas xordas ou con
hipoacusia con dereito a asistencia sanitaria no Servizo Galego de Saúde, o número de
asistencias sanitarias prestadas a persoas xordas ou con hipoacusia, así como o número de
intervencións de saúde nas que teñen intervido intérpretes de lingua de signos española,
dende o 2007 ao 2017 e con indicación do sexo e idade da persoa usuaria e non obtivo
resposta.
O escrito viña acompañado da súa solicitude de acceso á información pública mediante
modelo de solicitude PR 100 A da Xunta de Galicia con data de entrada no Rexistro do 3 de
outubro de 2017.
Segundo. Con data 27 de marzo de 2018 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante a Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 3 de abril de 2018
Terceiro. Con data 16 de abril de 2018 a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade
contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que se ben a resolución da solicitude de información
pública non se resolveu no prazo dun mes como establece o artigo 27.4 da lei 1/2016, en base
á obriga de resolver que teñen as Administracións públicas de acordo co establecido no artigo
no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das
administracións públicas, con data do 2 de abril de 2018 ditouse resolución pola que en base
aos razoamentos que se indican na mesma, se inadmite a solicitude por ser necesaria unha
labor previa de reelaboración, ao amparo do establecido no artigo 18.1 c) da Lei 19/2013, do
9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno.
O motivo da inadmisión é que a administración sanitaria non dispón dos datos solicitados polo
interesado e para proporcionarllos seria necesaria a súa elaboración mediante as historias
clínicas dos pacientes para comprobar o seu estado e toda diversidade de datos que solicita o
interesado, que debería realizarse con medios e con persoal distinto do que dispón neste
momento o Servizo Galego de Saúde nos centros sanitarios, para non ralentizar ou, no seu
caso, parar a actividade diaria de cada un deles.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á
Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro).
O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
exixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
De acordo co anterior, e dado que no presente o solicitante presentou a súa reclamación
unha vez transcorrido o prazo dun mes desde a solicitude sen que a Administración resolvese
expresamente, aínda que o fixo con posterioridade o 2 de abril, debe admitirse a reclamación
presentada por estar en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O obxecto da solicitude de do é a obtención do número de persoas xordas ou con
hipoacusia con dereito a asistencia sanitaria no Servizo Galego de Saúde, o número de
asistencias sanitarias prestadas a persoas xordas ou con hipoacusia, así como o número de
intervencións de saúde nas que teñen intervido intérpretes de lingua de signos española,
dende o 2007 ao 2017, con indicación do sexo e idade da persoa usuaria, fronte ao que a
Consellería de Sanidade inadmite a solicitude, en base ao disposto no artigo 18.1.c) da Lei
9/2013 (necesidade de acción previa de reelaboración) dado que non dispón dos datos
solicitados e para proporcionarllos esixiría unha labor de elaboración no control das historias
clínicas dos pacientes para comprobar o seu estado, e toda diversidade de datos que solicita
o interesado, que tería que realizarse con persoal distinto do que se dispón actualmente para
non parar a actividade diaria dos centros.
O Consello de Transparencia e Bo Goberno no seu criterio interpretativo 7/2015, delimita o
alcance do que debe entenderse por reelaboración para que sexa causa que xustifique a
inadmisión de solicitudes de acordo co referido artigo.
O citado criterio establece que por reelaboración débese entender "volver elaborar algo",
circunstancia que debe ser acreditada que concorre na concreta solicitude para poder
inadmitila.
É necesaria a reelaboración cando é necesaria a elaboración expresa para dar unha resposta,
facendo uso de diversas fontes de información, ou cando o organismo ou entidade careza dos
medios técnicos que sexan necesarios para extraer e explotar a información concreta que se
solicita, resultando imposible proporcionala.
A inadmisión a trámite debe estar motivada en cada caso, facendo constar os elementos
xurídicos e materiais que a xustifican, debendo a reelaboración basearse en elementos
obxectivables de carácter organizativo, funcional ou económico, que en todo caso deben estar
identificados.
A sentenza da Audiencia Nacional do 24 de xaneiro de 2017 establece que o dereito á
información non pode ser confundido co dereito á confección dun informe por un órgano
público a instancia dun particular, polo que o artigo 18.1.c) establece como causa de
inadmisión os supostos nos que a información que se solicita require unha elaboración e
confección por non ser facilmente alcanzable acceder a ela. Por conseguinte, é indiferente
que dita información obre en poder da Administración ou ente público encargado de
dispensala, debendo interpretarse o artigo 13 da Lei no senso de que o dereito á información
pública non pode converterse no dereito a obter un informe a medida do requirido polo
solicitante.
De acordo co anterior, debe desestimarse a reclamación presentada, por canto tal e como
establece a Consellería de Sanidade tanto na resolución ditada tardiamente como no informe
remitido, a administración sanitaria carece dos datos solicitados polo interesado e
proporcionarllos suporía unha labor de elaboración a mediante a consulta das historias
clínicas dos pacientes para recompilar a diversidade de datos que solicita o interesado, e para
o que sería necesario dotarse de persoal ao obxecto de non paralizar os centros de atención
sanitaria.
Estas circunstancias, xustifican a inadmisión da solicitude presentada pola causa establecida
no artigo 18.1.c) da Lei, dado que, a información ten que elaborarse expresamente para dar
unha resposta, mediante operacións de análises, agregación e interpretación.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia
ACORDA
Único: Desestimar a reclamación presentada por con data 4 de abril de
2018, contra a denegación da súa solicitude de información publica en relación con pacientes
xordos ou con hipoacusia presentada con data do 3 de novembro de 2017, denegada nun
primeiro momento por silencio administrativo, e con data do 2 de abril de 2018 por resolución
expresa.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 26 de junio de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga