El ciudadano solicitó a la Consellería de Sanidade y al SERGAS información sobre subvenciones y actividades relacionadas con diversas entidades y personas. La Consellería inadmitió la solicitud alegando falta de competencia y ausencia de registros. La Comisión de Transparencia de Galicia desestimó la reclamación al considerar correcta la respuesta administrativa.
Puntos clave de la argumentación
1
La administración alegó que las entidades mencionadas no dependen de la Consellería de Sanidade y que no existe constancia de subvenciones otorgadas a las personas referidas.
2
La Comisión considera válida la respuesta administrativa dado que la información solicitada no obra en poder del órgano consultado.
3
Se determina que la resolución de inadmisión es adecuada ante la inexistencia de registros de ayudas o subvenciones vinculadas a los sujetos y entidades señalados en la solicitud.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo
do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista á reclamación presentada por , mediante escrito do 14 de marzo
de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se
especifican a continuación, adopta o seguinte acordo:
ANTECEDENTES
), presentou, mediante escrito que tivo entrada no
rexistro do Valedor do Pobo o 14 de marzo de 2018, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo
28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,. contra a resolución do 12 de marzo
de 2018, do Secretario Xeral Técnico da Consellería de Sanidade, pola que se inadmite a súa solicitude
de información sobre subvencións e actividades desa Consellería e do Servizo Galega de Saúde
relacionadas cos
O reclamante presentou, con data a do 13/2/2018, segundo consta no recibo de presentación do
Rexistro electrónico da Xunta de Galicia que achega co seu escrito de reclamación, escrito á Consellería
de Sanidade e ao Servizo Galega de Saúde no que solicitou "información de derecho público sobre
subvenciones y actividades relacionadas con los servicios públicos que emanan del CECOOP, IN/8/C,
Centro La Milagrosa, UDC, use, Asociación JURISTAS DE LA SALUD, Máster/s, Subvenciones o ayudas
para Jornadas-foros-eventos relacionados con
O escrito viña acompañado de copia da resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de
Sanidade do 12/3/2018, pola que se inadmite a trámite a solicitude de acceso á documentación pública
solicitada por de acordo coa normativa citada nos fundamentos
xurídicos da mesma.
Segundo. Con data do 26/3/2018, pola Secretaría da Comisión de Transparencia se lle remitiu oficio
no que se lle pon de manifesto que os organismos que cita na súa petición de información pública e
sobre os que solicita a información sobre subvencións e actividades relacionadas cos Sres. -
, non forman parte da Consellería de Sanidade nin do Servizo Galego de Saúde, polo que se lle
solicita aclaración sobre si dirixiu solicitudes a algún outro organismo do sector público galego dos
previstos no artigo 3 da lei 1/2016, así como aclaración de a qué centro se estaba a referir coa
denominación “Centro la Centro Gerontológico La Milagrosa”.
Terceiro. Con data 2 de abril de 2018, remite correo electrónico en
contestación ao referido oficio, e no que manifesta o seguinte:”En la Petición no se solicita nada del Sr
ni a los entes nombrados en la misma. Lo que se solicita es información de derecho
público sobre, datos e informes de subvenciones y actividades que consten en los resgitros del SERGAS
relacionadas con...., el CECOOP, INIBIC, Centro La Milagrosa, UDC, USC, Asociación JURISTAS DE LA
SALUD, Máster,s, Subvenciones o ayudas para Jornadas-foros-eventos que estén o puedan estar
relacionados/as con , que damos por reproducidas.”
Así mesmo o solicitante aclara que se realizaron as peticións de forma individual aos organismos
nomeados e que o centro La Milagrosa ao que se refire, é o Centro Gerontológico de A Coruña sito en
Avenida de Cádiz, 15008 A Coruña.
Cuarto. Con data do 17 de abril de 2018, solicitouse informe e copia do expediente á Consellería de
Sanidade e con data do 14 de xuño de 2018, recibiuse o correspondente informe e copia do
expediente remitido pola Secretaría Xeral da consellería.
A Consellería informa que con data do 12 de marzo de 2018 ditouse resolución pola que inadmitía a
trámite a solicitude por canto o interesado fai referencia a centros e entidades que non depende da
Conselleria de Sanidade e non existe constancia nesta consellería da existencia de axudas ou
subvencións, contratos, etc outorgados relacionada con xornadas, eventos, foros
ou outra clase de actividades e o resto das entidades a que se refire a solicitude son alleas a esta
consellería, descoñecéndose onde pode estar a documentación ou si son competentes aos efectos
indicados.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución
expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación
ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa
impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional
cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos
supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu
sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano
independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra
toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá
interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da
Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma ampla
tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas,
sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art.
26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro).
O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e
garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno
deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables
públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións
que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas
institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder
a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
exixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece
esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da
Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo
e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación
do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio
administrativo.
No presente caso a resolución contra a que se presenta a reclamación é do 12/3/208 e a
reclamación ten entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 14 do mesmo mes, polo que debe
considerarse presentada en prazo.
Quinto. Análise do expediente
Tal e como se establece na solicitude inicial formulada por , a
información requirida da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde foi información sobre
subvencións e actividades (masters, xornadas, foros ou eventos) relacionadas co Centro de Estudios
Cooperativos (CECOOP), Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña INIBIC, Centro
Gerontológico La Milagrosa, UDC, use, Asociación JURISTAS DE LA SALUD, relacionados
Mais en concreto (páxina 2 do escrito de solicitude á Consellería de Sanidade, puntos 1 a 7 e h) o
solicitante detalla que a documentación que interesa obter, son os informes, convenios ou contratos,
subvencións, axudas públicas de calquera tipo e de carácter público, copias das auditorías realizadas e
de cada unha das axudas-subvenciones ou os seus informes xustificados, orzamentos, con descrición
das principais partidas orzamentarias e información actualizada e comprensible sobre o seu estado de
execución, contas anuais e os informes de auditoría fiscalización por parte dos órganos de control,
retribucións percibidas anualmente polos altos cargos de administración, invitacións oficiais,
funcionarios públicos, declaración de ausencia de conflito de intereses, Informe xustificativo do
financiamento das campañas e recursos, incluído servizos web financiados con recursos públicos e
identificación do persoal público cuxo orixe ou relación co SERGAS este destinado a xestionar os seus
fondos públicos e organizar actividades, proxectos de investigación-relatorios-xornadas-foros
relacionados cos Sres. e os seus entes, proxectos, entidades públicas tuteladas por
institucións públicas.
A Consellería de Sanidade, mediante Resolución do seu Secretario Xeral Técnico que se cita nos
antecedentes desta proposta, inadmite a solicitude de información pública en base ao disposto no
artigo 18.1.c) da lei 19/2013, por tratarse dunha solicitude dirixida a un órgano en cuxo poder non
obra a información, cando se descoñece o competente (por erro cita o punto c do artigo 18, cando
debería citar o d), dado que as entidades ás que se refire o solicitante no seu escrito non son entidades
que dependan da Consellería de Sanidade, e non existe constancia na Consellería de Sanidade de
subvención ou axuda outorgada aos Sres. .
De acordo co anterior, considérase que a resposta dada ao solicitante por parte da Consellería de
Sanidade é correcta e adecuada: ante unha solicitude, que se ben non esta formulada con excesiva
claridade, sobre subvencións e axudas de unha serie de centros e entidades que non dependen da
Consellería de Sanidade aos Sres. (tal e como se formula no “asunto”) a Resolución que
agora se impugna informa que as entidades citadas non dependen da Consellería, polo que non ten
información das subvencións ou axudas que poden outorgar, e sobre as axudas ou subvencións da
Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde aos Sres. (como figuran nos
puntos 1 a 7 e h da páxina 2 do escrito do solicitante) informa que non existe constancia de que a
Consellería lles outorgara axuda ou subvención algunha.
No escrito de aclaracións remitido polo solicitante se insiste en que na petición realizada ao Servizo
Galego de Saúde se solicitan datos e informes de subvenciones que consten nos rexistros do Servizo
Galego de Saúde a eses centros, para a realización de xornadas, foros ou eventos que poidan estar
relacionados cos Sres. . Ante esta aclaración, considérase válida a contestación dada pola
Consellería de Sanidade.
De acordo cos antecedentes e fundamentos xurídicos anteriormente expresados, a Comisión de
Transparencia,
ACORDA
Único: Desestimar a reclamación presentada por en representación de
Plataforma con data
14/3/2018, contra a inadmisión da súa solicitude de información pública do 12/3/2018 da Secretaría
Xeral Técnica da Consellería de Sanidade.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade,
interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte
á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de
xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga