Estimada 27/06/2018 · 68 días en resolverse

Acceso a información sobre el proyecto eólico Pena Forcada Catasol II y su declaración de interés especial

Tres asociaciones solicitaron a la Consellería de Economía, Emprego e Industria de Galicia información sobre el proyecto eólico Pena Forcada Catasol II y su declaración de interés especial. Tras alegar silencio administrativo, la Comisión da Transparencia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración acabó facilitando la información fuera de plazo.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación fue admitida por presentarse en plazo, considerando que los recursos contra resoluciones presuntas pueden interponerse en cualquier momento según el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
2 La Dirección Xeral de Enerxía e Minas cumplió con la obligación de remitir la documentación solicitada, aunque lo hizo fuera del plazo legal de un mes establecido en el art. 27.4 de la Ley 1/2016.
3 Se procedió a la disociación de datos antes de conceder el acceso a la información a las entidades solicitantes.
4 La estimación de la reclamación se basa en motivos formales, dado que la administración resolvió fuera del plazo legalmente establecido.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por D. en nome da Asociación , Dna. , en nome da Asociación ” e Dna. en nome da Asociación , mediante escrito do 20 de abril de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. D. en nome da Asociación , Dna. , en nome da Asociación ” e Dna. en nome da Asociación presentaron, mediante escrito que tivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 20 de abril de 2018, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desestimada por silencio administrativo, unha solicitude de acceso á información presentada na Consellería de Economía, Emprego e Industria, de acceso en soporte dixital á información referida ao Acordo do 22 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da liña de evacuación do parque eólico Pena Forcada Catasol II (expediente IN407A 2016/877-1) e de acceso en soporte dixital á información referida ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, de 21 de decembro, relativo á declaración do parque eólico como proxecto de interese especial. O escrito viña acompañado de copia do acordo do 28 de febreiro do Director Xeral de Enerxía e Minas, de apertura de prazo de alegacións á Sociedade Fenosa Wind e suspensión de prazo para ditar resolución ata que se reciban as alegacións ou transcorra o prazo concedido para a súa presentación. Segundo. Con data 4 de maio de 2018, déuselle traslado da documentación achegada polas asociacións reclamantes á Consellería de Economía, Emprego e Industria para que, en cumprimento da normativa de transparencia, remitise informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 9 de maio de 2018. Con data do 6 de xuño ten entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o informe da Dirección Xeral de Enerxía e Minas e copia do expediente, no que figura copia da Resolución do 28 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas pola que se lle concede o acceso á información ás asociacións solicitantes, logo da disociación de datos. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (artigo 26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro). O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente exixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. De acordo co anterior, e dado que no presente caso a Administración resolveu fora do prazo legalmente establecido e as asociacións solicitantes presentaron a súa reclamación antes da resolución da Administración, debe admitirse a reclamación presentada por estar en prazo. Quinto.- Análise do expediente En contestación á petición de informe e remisión do expediente sobre a reclamación presentada polas asociacións reclamantes na que se require diversa información relativa aos proxectos eólicos de Mouriños e Pena Forcada-Catasol II nos concellos de Cabana de Bergantiños e Laxe, a Consellería de Economía, Emprego e Industria remite copia do expediente completo, que inclúe a resolución ditada pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas o 28 de maio de 2018 e na que se acorda permitir o acceso e facilitar ás entidades solicitantes copia da seguinte documentación:  Memoria que describe a especial incidencia e beneficios no ámbito industrial, social e territorial, que serviu de base para a declaración de interese especial do proxecto Pena Forcada-Catasol II, e Mouriños  Información referida ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, de 21 de decembro, relativo á declaración do parque eólico como proxecto de interese especial, por abranguer a liña de evacuación do parque eólico Pena Forcada Catasol II.  Se pon a disposición dos solicitantes a información en referencia ao Acordo do 22 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da liña de evacuación do parque eólico Pena Forcada Catasol II (expediente IN 407A 2016/877-1), a través da indicación do enlace web no que se atopa dispoñible. Ponse de manifesto que esta última información xa fora facilitada aos solicitantes mediante o escrito do 8 de marzo de 2018. Consta no expediente remitido o acordo de suspensión de prazo para ditar resolución no procedemento de acordo co disposto no artigo 19.3 da Lei 19/2013, dándolle traslado da solicitude de acceso formulada, á entidade , concedéndolle un prazo de 15 días para realizar as alegacións que considerase oportunas, do que se fixo a obrigada comunicación ás entidades solicitantes- De acordo co anterior, considérase que a Dirección Xeral de Enerxía e Minas, de acordo co informe e copia do expediente enviado, cumpriu coa súa obriga de remitir a documentación solicitada polas asociacións, ainda que fora do prazo dun mes que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, polo que cumprida a obriga, ainda que fora de prazo, procede a estimación por motivos formais da reclamación presentada. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia ACORDA Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por D. en nome da Asociación , Dna. en nome da Asociación e Dna. en nome da Asociación . Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2018 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga