El ciudadano solicitó a la AGADIC los contratos de 2016 relativos al Ciclo de Cultura no Camiño y la rede Galega de Salas. Tras alegar el interesado silencio administrativo, la Comisión de Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración accedió a la información solicitada tras la interposición del recurso.
Puntos clave de la argumentación
1
La administración suspendió inicialmente el procedimiento para permitir alegaciones de un tercero afectado, notificando dicha acción al solicitante.
2
La solicitud fue atendida y notificada al interesado el 17 de abril de 2018, fecha posterior a la presentación de la reclamación ante la Comisión.
3
Se considera que la reclamación fue interpuesta en plazo al no haber recibido respuesta previa al 16 de abril de 2018.
4
La Comisión estima la reclamación por motivos formales al haberse remitido la información solicitada una vez iniciado el proceso de reclamación.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por D. , mediante escrito do 16
de abril de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos
xurídicos que se especifican a continuación, adopta o seguinte acordo:
ANTECEDENTES
Primeiro. D. , presentou mediante escrito que tivo entrada no
rexistro do Valedor do Pobo o día 16 de abril de 2018, unha reclamación ao amparo do
disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por
entender desestimada por silencio administrativo, unha solicitude de información presentada
ante a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) sobre os contratos asinados por
Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) con
correspondentes a 2016 e referidos ao Ciclo de Cultura no Camiño e a rede Galega de Salas.
Segundo. Con data 23 de abril de 2018, déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) para que, en cumprimento da
normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 25 de abril de 2018. Con data do 28 de
maio ten entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o informe e copia do expediente solicitado.
No informe remitido pola Axencia, se fai contar que recibida a solicitude de información
pública con data do 21 de febreiro de 2018 e dado que a solicitude afectaba aos dereitos e
intereses dunha terceira persoa a Axencia concedeulle un prazo de
alegacións ao tempo que suspendeu o procedemento de acordo co establecido na normativa
de transparencia, feito que foi comunicado ao solicitante. Logo de analizar a solicitude,
resolveuse conceder o acceso á información solicitada, que lle foi notificada ao interesado con
data do 17 de abril de 2018, tendo o recurso potestativo presentado polo Sr. data
anterior (11.04.2018).
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á
Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016 establece que o procedemento se axustará ao previsto nos
parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra
resolucións en materia de acceso á información ten carácter potestativo e previo á
impugnación en vía contencioso-administrativa, axustándose a súa tramitación ao disposto na
lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
O artigo 24 da Lei 1/2016 recoñece o dereito de todas as persoas a acceder á información
pública, entendida esta como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato
ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta
lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
O artigo 12 da Lei 19/2013 configura o dereito de acceso á información pública de forma
ampla, sendo titulares do mesmo calquera persoa, sen necesidade de que o solicitante estea
obrigado a motivar a súa resolución, de acordo co disposto no artigo 26.4 da Lei 1/2016.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 15 de febreiro establece que o procedemento das
reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao
previsto no artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado. Dado que a solicitude de acceso á información presentouse
o 5 de febreiro de 2018, e na data na que o solicitante presentou a reclamación a esta
Comisión (16 de abril de 2018) aínda non obtivera resposta, debe considerarse presentada en
prazo.
Quinto. Análise do expediente
O informe da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) pon de manifesto que na
solicitude de D. abriuse un período de alegacións dado que a
solicitude afectaba aos dereitos e intereses dunha terceira persoa ( ),
ao tempo que suspendeu o procedemento de acordo co establecido na normativa de
transparencia, e que estes feitos foron comunicados ao solicitante. Logo de analizar a
solicitude, resolveuse conceder o acceso á información solicitada, que lle foi notificada ao
interesado con en data posterior á de interposición do reclamación ante a Comisión.
Por tanto, a solicitude de acceso á información foi atendida correctamente, polo que procede
a estimación por motivos formais da reclamación presentada ante esta comisión, ao ter
remitido a Axencia a información, unha vez que o solicitante presentara a reclamación ante
a Comisión.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por D.
de solicitude de información á Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) sobre
os contratos asinados por Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) con
correspondentes a 2016 e referidos ao Ciclo de Cultura no Camiño e a rede
Galega de Salas.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga