El ciudadano solicitó a la Universidad de Vigo información sobre recursos judiciales y gastos jurídicos externos desde 1998. Tras no obtener respuesta, presentó reclamación. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la Universidad remitió la información solicitada una vez iniciada la reclamación.
Puntos clave de la argumentación
1
La solicitud fue atendida correctamente por la administración, aunque fuera de plazo debido a un error administrativo al confundirla con otra solicitud similar.
2
Se considera presentada en plazo la reclamación ante la Comisión al no haber obtenido respuesta previa la solicitud original.
3
La resolución estima la reclamación por motivos formales al haberse materializado la entrega de la información solicitada tras la intervención del órgano de transparencia.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 6 de abril
de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos
xurídicos que se especifican a continuación, adopta o seguinte acordo:
ANTECEDENTES
Primeiro. D. , presentou mediante escrito que tivo entrada no rexistro
do Valedor do Pobo o día 6 de abril de 2018, unha reclamación ao amparo do disposto no
artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender
desestimada unha solicitude de información presentada ante a Universidade de Vigo
(Pontevedra), sobre a relación de recursos contencioso-administrativos e ante a xurisdición
laboral presentados contra a Universidade de Vigo (ou iniciados pola mesma, se os houbese)
no período comprendido desde 1998 ata a actualidade no que se indique o recorrente/s e
motivo do recurso, data da súa presentación na primeira instancia (administrativa ou xudicial),
periplo xudicial ata o momento, co resultado en cada instancia e as datas correspondentes e
data da execución da sentenza, se se materializou e gastos xurídicos externos nos que incorreu
a Universidade de Vigo ao longo do período mencionado, polo menos con desagregación
anual, referidos á contratación de letrados non pertencentes ao persoal da Universidade para
o seu defensa e representación en xuízos; costas xudiciais dos casos en que a Universidade foi
condenada nos tribunais (tanto se foi "condenada en costas" coma se non) ou de procesos
aínda en trámite, e incluíndo a presentación de recursos inadmitidos, asesoramento xurídico
externo de calquera tipo, incluíndo a redacción de informes ou ditames xurídicos ad hoc por
persoal alleo ao persoal para calquera fin, desde a incoación de expedientes disciplinarios ata
a presentación de recursos ante o Tribunal Constitucional; e, en xeral, calquera gasto non
imputable ao orzamento ordinario de persoal da Asesoría Xurídica.
Terceiro. Con data do 13 de abril de 2018, déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante ao Reitorado da Universidade de Vigo para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, remitise informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 23 de abril de 2018 e con data do 21 de
maio a Secretaría Xeral da referida Universidade remite o informe solicitado, copia da
resolución pola que se accede á información solicitada (remitida ao interesado con data de
saída do 14 de maio de 2018), e copia da información remitida.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á
Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016 establece que o procedemento se axustará ao previsto nos
parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra
resolucións en materia de acceso á información ten carácter potestativo e previo á
impugnación en vía contencioso-administrativa, axustándose a súa tramitación ao disposto na
lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
O artigo 24 da Lei 1/2016 recoñece o dereito de todas as persoas a acceder á información
pública, entendida esta como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato
ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta
lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”.
O artigo 12 da Lei 19/2013 configura o dereito de acceso á información pública de forma
ampla, sendo titulares do mesmo calquera persoa, sen necesidade de que o solicitante estea
obrigado a motivar a súa resolución, de acordo co disposto no artigo 26.4 da Lei 1/2016.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 15 de febreiro establece que o procedemento das
reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao
previsto no artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado. Dado que a solicitude de acceso á información presentouse
o 22 de xaneiro de 2018, e na data na que o solicitante presentou a reclamación a esta
Comisión (6 de abril de 2018) aínda non obtivera resposta, debe considerarse presentada en
prazo.
Quinto. Análise do expediente
O informe da Secretaría Xeral da Universidade de Vigo pon de manifesto que a solicitude de
D. non se respondeu en tempo porque confundiuse cunha solicitude
similar presentada no mesmo período por parte doutro membro da comunidade, que
solicitaba que a información fose presentada ante o Consello de Goberno e o Claustro
Universitario. Detectado o erro remitíuselle ao solicitante un escrito indicando que unha vez
recompilados os datos seríanlle remitidos, como así se fixo con data 14/05/2018.
A Secretaría Xeral da Universidade de Vigo remitiu co seu informe, o listado de recursos
xudiciais dende 2008 a 20018 contencioso-administrativos e laborais, e os gastos dende 2012
a 2017 derivados de procedementos xudiciais. Considérase por tanto que a Universidade
remitiu a información solicitada, aínda que fora de prazo polo erro explicado no seu informe.
No informe faise constar que os datos remitidos ao solicitante figuran na Memoria Académica
da Universidade de Vigo que se publica anualmente dende 2011 e que está a disposición do
público en xeral.
Por tanto, a solicitude de acceso á información foi atendida correctamente, agás no referente
ao prazo, polo que procede a estimación por motivos formais da reclamación ante esta
comisión, ao ter remitido a Universidade a información, unha vez que o solicitante presentara
a reclamación ante a Comisión, por considerar desestimada a súa solicitude por silencio
administrativo.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por D.
de solicitude de información á Universidade de Vigo referente a información estatística sobre
o aumento da litixiosidade xudicial xenerada pola Universidade de Vigo e o seu custo para as
arcas públicas.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga