Estimada 27/06/2018 · 89 días en resolverse

Solicitud de información sobre ejecución de fondos, cuentas y personal de la Consellería de Cultura, Educación y Ordenación Universitaria

El ciudadano solicitó información detallada sobre la ejecución de fondos, cuentas y personal de la Consellería de Cultura, Educación y Ordenación Universitaria. Tras no recibir respuesta y recurrir a la Comisión da Transparencia, el órgano resuelve estimar la reclamación por motivos formales, ya que la administración acabó concediendo el acceso a la información solicitada.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación se considera presentada en plazo al haberse interpuesto el 30 de marzo de 2018 ante la ausencia de respuesta expresa a la solicitud inicial.
2 Se determina que la administración incurrió en un defecto procedimental al no comunicar al interesado la remisión de su solicitud entre los distintos órganos competentes según el artículo 19.1 de la Ley 19/2016.
3 La Comisión constata que la Secretaría Xeral de Universidades notificó finalmente la resolución de concesión de acceso a la información el 21 de mayo de 2018.
4 Se estima la reclamación por motivos formales dado que el recurrente actuó ante un silencio administrativo que posteriormente fue subsanado por la administración.

Texto completo

comprensible sobre o seu estado de execución para os Sres os seus entes representativos, as contas anuais e os informes de auditoría de contas e de fiscalización por parte dos órganos de control que sobre Sres e os seus entes representativos se emitiron, as retribucións percibidas anualmente polos altos cargos de administración, convidados oficiais, funcionarios públicos, declaración de ausencia de conflito de intereses que emanen dos Sres e os seus entes representativos, Informe xustificativo do financiamento das campañas e recursos dedicados para os Sres e os seus entes representativos incluído o custo dos servizos web financiados con recursos públicos e copia ou identificación do persoal público dependente dos Sres e os seus entes representativos cuxo orixe ou relación coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que se poida documentar e destinado a xestionar os seus fondos públicos e organizar actividades, proxectos investigación-relatorios-xornadas-foros copia ou informe dos convenios para o efecto. Terceiro. Con data do 13 de abril de 2018, déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Vicesecretaría Xeral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para que, en cumprimento da normativa de transparencia, remitise informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 19 de abril de 2018 e con data do 24 de maio a Secretaría Xeral Técnica da referida Consellería remite o informe solicitado, copia da solicitude e resolución con data de saída do 21 de maio de 2018, do Secretario Xeral de Universidades. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016 establece que o procedemento se axustará ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustándose a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública O artigo 24 da Lei 1/2016 recoñece o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como “os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións”. O artigo 12 da Lei 19/2013 configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo calquera persoa, sen necesidade de que o solicitante estea obrigado a motivar a súa resolución, de acordo co disposto no artigo 26.4 da Lei 1/2016. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, do 15 de febreiro establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado. Dado que a solicitude de acceso á información presentouse o 13 de febreiro de 2018, (dirixida á Secretaría Xeral Técnica de Sanidade) e na data na que o solicitante presentou a reclamación a esta Comisión (30 de marzo de 2018) aínda non obtivera resposta, debe considerarse presentada en prazo. Quinto. Análise do expediente O Sr. , tal e como se pode comprobar na copia do expediente remitido pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, presentou o 3 de febreiro de 2018, unha solicitude de acceso á información pública dirixida á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, á que acompañada como documentación anexa un escrito dirixido ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no que solicitaba información relativa á dita Consellería. A Consellería de Sanidade a remitiu a solicitude á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que á súa vez a remitiu á Secretaría Xeral de Universidades, por ser o órgano competente para resolvela, que a recibiu o 23 de marzo de 2018. A dita Secretaría Xeral, con data do 21 de maio, notificou ao solicitante a resolución de concesión de acceso á información pública sobre a súa solicitude. Se ben é certo que, de acordo co informe remitido, a solicitude non tivo entrada no órgano competente para resolver ata o 23 de abril de 2018, e que o prazo para resolver ten que computarse dende esa data, non é menos certo que tanto a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade como a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria deberían, de acordo co disposto no artigo 19.1 da Lei 19/2016, comunicar ao interesado a remisión da súa solicitude ao órgano que consideraban competente e non o fixeron, feito este que de terse producido, probablemente evitaría a presentación do recurso. Dito o anterior, consta na documentación remitida pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria copia da resolución, con rexistro de saída do 21 de maio (aínda que non figura o destinatario, pero débese supoñer que é o interesado), da Secretaría Xeral de Universidades na que se lle remiten os enlaces á información solicitada en poder da citada secretaría, e se lle indica que no referente á restante información, pode dirixirse á Universidade da Coruña por si esa información está no seu poder. Por tanto, as solicitude de acceso á información foi atendida correctamente, polo que procede a estimación por motivos formais da reclamación ante esta comisión, ao ter presentado o solicitante o seu recurso cando consideraba a súa solicitude desestimada por silencio administrativo. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia ACORDA Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por D. en representación da Plataforma de solicitude de información á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2018 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga