El ciudadano solicitó copia de tres expedientes administrativos al Concello de A Garda. Alegó silencio administrativo y remisión parcial de la información. La Comisión da Transparencia de Galicia estima parcialmente la reclamación: desestima el acceso a dos expedientes por ser el solicitante parte interesada en ellos, pero estima el acceso al expediente archivado de 2009.
Puntos clave de la argumentación
1
Se desestima el acceso a los expedientes 289/2017 y RC 3111 ya que el solicitante tiene la condición de interesado, quedando sujeto a la normativa del procedimiento administrativo común y no a la de transparencia.
2
Se estima el acceso al expediente derivado de la denuncia RE-3438 de 2009 al encontrarse archivado, perdiendo el solicitante su condición de interesado y convirtiéndose en información pública accesible.
3
Se reconoce el derecho del solicitante a obtener la copia de la información en formato papel.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia
e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 14 de
marzo de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos
xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro
do Valedor do Pobo o día 14 de marzo de 2018, unha reclamación ao amparo do disposto da
disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
por entender que non se procedeu a facilitarlle toda a información correspondente ao
expediente 289/2017 e o expediente xerado como consecuencia da denuncia urbanística
contra con nº de entrada no Rexistro do Concello RE-3438 do 15
de maio de 2009, por parte do Concello de A Garda e o expediente RC 3111, referente ao vado
da súa vivenda que deu lugar a visita da Policía Local o 30 de maio de 2017.
O escrito viña acompañado de instancia solicitude de copia do expediente 289/2017 e do
expediente xerado mediante RE 3438 presentado con data do 24/4/2017 e instancia de
solicitude de copia do expediente xerado mediante RC 3111 presentado o 28/8/2017 con
rexistro de entrada RC 4618, instancia reiterando a remisión do solicitado con rexistro de
entrada RC 4544, contestación do Concello de A Garda rexistro de entrada 20018-S-RC-38 do
13/1/2018 e instancia de reclamación por remisión parcial .
Segundo. Con data do 23 de marzo de 2018, tras a primeira valoración da solicitude e dado
que en todos os escritos dirixidos ao concello e á Comisión indicase que o reclamante é
expresamente interesado nos expedientes, requiríuselle para que aclarara se efectivamente
era interesado en procedementos en curso.
Igualmente e dado que se o concello lle remitiu un oficio do 11 de xaneiro de 2018, no que se
lle indica que procedeu a dixitalizar o expediente 289/2017 e os expedientes dos que dimana
este, nos que se inclúe as denuncias presentadas contra a mesma, e copia dos escritos
relacionados coa vivenda, que se lle remite a través dun cd, enténdese que non se estaría a
discutir o acceso, que xa se produciu, senón a vía utilizada para facerse efectiva.
Terceiro. Con data do 12 de abril de 2018, o interesado remite resposta ás aclaracións
solicitadas nas que manifesta:
Que no expediente N° 289/2017 iniciado no ano 2017, figura como denunciado, polo
que non hai dubida algunha de tal condición.
No segundo expediente, arquivado en 2009, esta parte consta no expediente como
denunciante e como parte interesada, tras habelo solicitado expresamente con
anterioridade, habendo recibido no ano 2010 un informe e comunicación de arquivo
na que non figura o número de expediente.
No terceiro expediente consta esta parte como denunciado e por tanto como parte
interesada, solicitada copia do expediente en Agosto de 2017, recibindo novamente
silencio administrativo como resposta.
Que as copias dos expedientes as solicitou en formato papel.
Cuarto. Con data 23 de maio de 2018, déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante ao Concello de A Garda para que, en cumprimento da normativa de transparencia,
remitise informe e copia completa e ordenada do expediente, sen que o concello a remitise.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á
Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro establece que a competencia
para resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas
entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da
Transparencia, que por tanto é a competente.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro).
O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
exixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
De acordo co anterior, e dado que no presente caso a Administración non resolveu
expresamente, debe admitirse a reclamación presentada por estar en prazo.
Quinto.-Análise do expediente
O reclamante solicitou información sobre tres expedientes. O primeiro é o expediente
289/2017, no que o reclamante afirma no seu escrito de aclaración que figura como
denunciado, e por tanto como parte interesada no mesmo.
No segundo expediente, xerado como consecuencia da denuncia urbanística contra
con nº de entrada no Rexistro do Concello RE-3438 do 15 de maio de
2009, (que non ten numeración) o reclamante afirma no seu escrito de aclaracións que está
arquivado, polo que xa non se atopa vixente a súa condición de interesado,
No terceiro expediente, expediente RC 3111 referente ao vado da súa vivenda que deu lugar
a visita da Policía Local o 30 de maio de 2017, figura como interesado, tal e como expón no
seu escrito de aclaración, por ser o denunciado, sen que conste se o expediente está ou non
arquivado.
De acordo co disposto no artigo 4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento
Administrativo Común das Administracións Públicas, se consideran interesado nun
procedemento administrativo, quen o promova como titular de dereitos ou intereses
lexítimos individuais ou colectivos, quen sen iniciar o procedemento, teña dereitos que poidan
resultar afectados pola decisión que no mesmo se adopte e aqueles cuxos intereses lexítimos,
individuais ou colectivos, poidan resultar afectados pola resolución e se personen no
procedemento en tanto non recaese resolución definitiva.
O reclamante afirma que é denunciado nos expedientes 289/2017 e RC 3111, e non consta
que os ditos expedientes estean arquivados, dado que o concello non remitiu informe nin
copia do expediente, nin o reclamante así o manifesta, polo que debemos entender que o
reclamante ten a condición de interesado nos mesmos. De cordo co anterior, de conformidade
coa disposición adicional primeira da Lei 19/2013, debe desestimarse a reclamación no
referido ao acceso á información dos ditos expedientes por ter nos mesmos o reclamante a
condición de interesado, e ser por tanto de aplicación a normativa reguladora deses
procedementos e non a de transparencia, a que debe rexer para o acceso á información.
Respecto do expediente xerado como consecuencia da denuncia urbanística contra
con nº de entrada no Rexistro do Concello RE-3438 do 15 de maio de
2009 ( que carece de número de referencia), dado que a información coa que conta esta
Comisión é a proporcionada polo reclamante, isto é, que o expediente está arquivado, non
contando con informe do Concello a este respecto, non cabe senón admitir a reclamación
presentada recoñecendo o dereito do solicitante a obter copia do mesmo e en formato papel,
por tratase de información pública de conformidade co disposto no artigo 24 da citada Lei
1/2016.
O Concello da Garda non remitiu o informe e o expediente solicitado por esta Comisión, polo
que lémbraselle, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a súa obriga de
facilitar á Comisión a información que se lle solicite para o correcto cumprimento das súas
funcións en materia de transparencia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia
ACORDA
Primeiro: Estimar parcialmente a reclamación presentada por
con data 14 de marzo de 2018, contra a denegación por silencio administrativo, da súa
solicitude de obter copia do expediente xerado como consecuencia da denuncia urbanística
contra con nº de entrada no Rexistro do Concello RE-3438 do 15
de maio de 2009 e desestimalo no referente aos expedientes 289/2017 e RC 3111.
Segundo: Instar ao Concello da Garda a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, se responda
á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013,
do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar ao Concello da Garda a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esa
Comisión da Transparencia copia do envío da información solicitada polo reclamante.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, a 27 de xuño de 2018.
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga