Varias asociaciones solicitaron a la Deputación Provincial da Coruña información sobre la gestión del Dolmen de Dombate, gastos, subvenciones y convenios con la Fundación Eduardo Pondal. La Comisión da Transparencia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración remitió la documentación solicitada con retraso, aunque fuera del plazo legal.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admisible al haberse interpuesto contra una resolución presunta, lo cual puede hacerse en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
2
La Deputación Provincial da Coruña justificó el retraso en la entrega de información debido a la falta de remisión de documentación justificativa por parte del Concello de Cabana de Bergantiños.
3
Se considera que la administración cumplió con su obligación de transparencia al remitir finalmente toda la documentación solicitada el 3 de mayo de 2018.
4
La Comisión da Transparencia estima la reclamación por motivos formales debido a que la respuesta administrativa se produjo fuera del plazo de un mes establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016.
Texto completo
Bergantiños en relación ó xestión do Dolmen de Dombate e o Centro Arqueolóxico relativos
ao ano 2017 e o vindeiro 2018, acceso aos programas de actividades xa realizados e previstos
para o vindeiro ano 2018, acceso aos xustificantes de gasto dos 60.000 € co que a Deputación
Provincial da Coruña vén a financiar a xestión do Centro arqueolóxico do Dolmen durante os
últimos anos, acceso a relación de subvencións, axudas e convenios asinados entre a
Deputación Provincial da Coruña e a Fundación Eduardo Pondal de O Couto (Ponteceso),
acceso aos expedientes de gastos, xustificacións, programas de actividades e obxectivos, en
relación coas subvencións percibidas pola fundación (20.000 € e 25.000 € en 2017 e 67.000
€ en 2016), acceso aos acordos ou autorizacións que permitirían a cesións de inmobles do
ente provincial á Fundación Eduardo Pondal e as condicións nas que as mesmas se producen,
e gastos en publicidade xustificados pola fundación ante o ente provincial e dos que puidera
resultar beneficiaria La Voz de Galicia.
O escrito viña acompañado de copia da súa solicitude dirixida á Deputación Provincial da
Coruña que tivo entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, Oficina Comarcal de Lalín o 19
de decembro de 2017.
Segundo. Con data 13 de abril de 2018, déuselle traslado da documentación achegada polas
asociacións reclamantes á Deputación Provincial da Coruña para que, en cumprimento da
normativa de transparencia, remitise informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 18 de abril de 2018. Con data do 4 de abril
ten entrada o informe da Deputación Provincial da Coruña sobre a solicitude, acompañado
de copia de escrito de remisión de documentación á Asociación
que ten rexistro de saída do 3 de maio de 2018.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á
Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro establece que a competencia
para resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas
entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da
Transparencia, que por tanto é a competente.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (artigo 26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro).
O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
exixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
De acordo co anterior, e dado que no presente caso a Administración non resolveu
expresamente, debe admitirse a reclamación presentada por estar en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
En contestación á petición de informe e expediente sobre a reclamación presentada polas
asociacións reclamantes, a Deputación Provincial da Coruña remite informe no que manifesta
que no referente á xestión da atención de visitantes no Dolmen de Dombate e á Fundación
Pondal solicitouse informe ao Concello de Cabana de Bergantiños, dado que a data da
solicitude de información, o referido Concello non remitira a documentación xustificativa dos
gastos para levar a cabo os pagos correspondentes ao exercicio de 2017.
Informa así mesmo que solicitou informe ao Servizo de Arquitectura e Mantemento, e ao
Servizo de Cultura, Deportes e Acción social e que o convenio para a atención de visitantes do
Dolmen de Dombate correspondente ao 2018, asinouse o día 2 de maio de 2018.
En relación á Fundación Eduardo Pondal, remitiuse a Resolución de Presidencia pola que se
aproba a celebración do Festival V de Valarés 2017, na praia de Balarés, onde se indican os
termos da autorización da celebración.
A Deputación Provincial da Coruña comunica que con data do 3 de maio remitiuse toda á
información solicitada ás asociacións e remite copia do oficio de remisión á Asociación
coa referida data de saída.
De acordo co anterior, considérase que a Deputación Provincial da Coruña, de acordo co
informe enviado, cumpriu coa súa obriga de remitir a documentación solicitada polas
asociacións, ainda que fora do prazo dun mes que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, se
ben xustifica no referido informe os motivos polos que se produciu o retraso na súa remisión,
polo que cumprida a obriga, ainda que fora de prazo, procede a estimación por motivos
formais da reclamación presentada.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia
ACORDA
Único: Estimar a reclamación presentada por en nome da
Asociación , Dna. ,
en nome da Asociación e Dna.
en nome da Asociación .
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga