El ciudadano solicitó expedientes, actas e informes de inspección sobre una explotación minera a la Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. Ante el silencio administrativo, reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia, que estima la solicitud debido a que la información es pública y la administración no acreditó haberla remitido al interesado.
Puntos clave de la argumentación
1
La documentación solicitada se encuadra dentro del concepto de información pública según el artículo 24 de la Ley 1/2016.
2
La administración no resolvió la solicitud expresamente, incurriendo en silencio administrativo.
3
Aunque la administración alegó que la información estaba disponible en su intranet, no acreditó la remisión efectiva de los datos al solicitante.
4
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia
e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 26 de marzo
de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos
xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito que tivo entrada no rexistro
do Valedor do Pobo o día 26 de marzo de 2018, unha reclamación ao amparo do disposto no
artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender
desestimada por silencio administrativo, unha solicitude de acceso á información presentada
ante o Servizo Provincial de Lugo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no que
solicitaba copia dos expediente LUG/106/2013, LUG/69/2014 e LUG/ 179/2015, actas e
informes de inspección relativas á explotación mineira D. Isidro nº 6043 en Triacastela (Lugo)
correspondentes aos anos 2012, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017 e 2018 elaborados por
funcionarios da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ou calquera outro a instancia
deste organismo.
O escrito viña acompañado de copia da súa solicitude dirixida ao Servizo Provincial de Lugo
da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística que tivo entrada no Rexistro Xeral da
Xunta de Galicia do edificio administrativo de Lugo o 16 de febreiro de 2018, e copia do seu
DNI.
Segundo. Con data 13 de abril de 2018, déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística para que, en cumprimento da
normativa de transparencia, remitise informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. A recepción da solicitude pola administración foi o 18 de abril de 2018, e con data
do 11 de xuño a Axencia remite escrito no que informa o seguinte: que a solicitude do
interesado para que se lle remitise copia en formato dixital das actuacións informativas
LUG/106/2013, LUG/169/2014 (acumuladas) e LUG/179/2015, así como copia, tamén en
formato dixital, de tódalas actas de inspección e informes elaborados pola APLU en relación
coa explotación mineira denominada "Don Isidro", situada no termo municipal de Triacastela,
remitiuse ao Servizo de Inspección Urbanística III o 20 de febreiro de 2018, por ser a ese centro
directivo ao que lle correspondía resolvela e que no caso de que a solicitude fora resolta
favorablemente e que a documentación en formato dixital solicitada por este, xa estaba a
disposición en formato dixital, ordenada e numerada co seu correspondente índice na
seguinte carpeta da lntranet desta consellería: Y/permanente/
aplu/lugo/solicitude_ , carpeta na que se segue a dispor dese centro
directivo na actualidade.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á
Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (artigo 26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro).
O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
exixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
De acordo co anterior, e dado que no presente caso a Administración non resolveu
expresamente, debe admitirse a reclamación presentada por estar en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O Sr presentou ante a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística unha solicitude
de acceso a unha documentación que considera está en poder da referida Axencia, en
concreto do seu Servizo Provincial de Lugo.
A documentación solicitada, non cabe dúbida que pode encadrarse dentro do concepto de
información pública que establece o artigo 24 da Lei 1/2016, polo que procede e estimación
do presente recurso, por ter o solicitante, de acordo co mesmo, dereito ao acceso á mesma.
A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística comunica á Comisión que a información
solicitada está en formato dixital, nunha carpeta da intranet da dita Axencia, pero non consta
a súa remisión ao solicitante ou remisión da información a unha carpeta na que o mesmo
poida ter acceso, polo que procede a estimación da reclamación presentada polo Sr.Celeiro.
A Axencia non resolveu a solicitude de acceso á información do Sr , polo que debe
lembrárselle que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento
reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os
efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente
normativa reguladora.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por contra a
desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de copia dos expediente
LUG/106/2013, LUG/69/2014 e LUG/ 179/2015, actas e informes de inspección relativas á
explotación mineira D. Isidro nº 6043 en Triacastela (Lugo) correspondentes aos anos 2012,
2013, 2014, 2015, 2016, 2017 e 2018 elaborados por funcionarios da Axencia de Protección
da Legalidade Urbanística ou calquera outro a instancia deste organismo.
Segundo: Instar á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística a que, no prazo máximo
de 15 días hábiles, a que responda á petición de información solicitada, respectando os límites
dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai
á formalización do acceso.
Terceiro: Instar á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística a que, no prazo máximo
de 15 días hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío da información
solicitada polo reclamante.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga