Estimada 27/06/2018 · 93 días en resolverse

Acceso al expediente de un espectáculo taurino realizado en agosto de 2015 en el Concello de Triacastela

El ciudadano solicitó al Concello de Triacastela copia íntegra del expediente de un espectáculo taurino de agosto de 2015. Ante el silencio administrativo, presentó reclamación. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la solicitud porque se trata de información pública en poder de la Administración elaborada en el ejercicio de sus funciones.

Puntos clave de la argumentación

1 La documentación solicitada es considerada información pública al ser un expediente administrativo elaborado por la Administración en el ejercicio de sus funciones.
2 Se admite la reclamación a pesar de la resolución presunta basándose en que los recursos contra actos no expresos pueden interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015.
3 El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
4 El Concello de Triacastela tiene la obligación legal de facilitar a la Comisión la información solicitada para el cumplimiento de sus funciones según el artículo 35 de la Ley 1/2016.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 26 de marzo de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. D. presentou, mediante escrito que tivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 26/3/2018, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desestimada por silencio administrativo, unha solicitude de acceso á información presentada no Concello de Triacastela de remisión de copia íntegra ordenada e numerada do expediente correspondente a un espectáculo taurino realizado no Concello de Triacastela no mes de agosto de 2015. O escrito viña acompañado de copia da súa solicitude dirixida ao Concello de Triacastela que tivo entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia do edificio administrativo de Lugo o 16 de febreiro de 2018, e copia do seu DNI. Segundo. Con data 13 de abril de 2018, déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de Triacastela para que, en cumprimento da normativa de transparencia, remitise informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 18 de abril de 2018, sen que o Concello remitise o informe e a copia do expediente solicitado. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro establece que a competencia para resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro). O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente exixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. De acordo co anterior, e dado que no presente caso a Administración non resolveu expresamente, debe admitirse a reclamación presentada por estar en prazo. Quinto.- Análise do expediente O solicitou do Concello de Triacastela o acceso a unha documentación que, non cabe dúbida, debemos considerar como información pública, xa que se trata do expediente correspondente á celebración dun espectáculo taurino realizado no mes de agosto de 2015 no Concello de Triacastela. Trátase por tanto de información que está en poder da Administración e que foi elaborada no exercicio das súas funcións, polo que procede e estimación do presente recurso, por ter o solicitante, de acordo co disposto no artigo 24 da Lei 1/2016, dereito ao acceso á mesma. O Concello de Triacastela non resolveu a solicitude de acceso á información do Sr. Celeiro, polo que debe lembrárselle que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora. Así mesmo, o Concello de Triacastela non remitiu o informe e o expediente solicitado por esta Comisión, polo que lémbraselle, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a súa obriga de facilitar á Comisión a información que se lle solicite para o correcto cumprimento das súas funcións en materia de transparencia. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por correspondente á celebración dun espectáculo taurino realizado no mes de agosto de 2015, no Concello de Triacastela. Segundo: Instar ao Concello de Triacastela a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, se responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar ao Concello de Triacastela a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío da información solicitada polo reclamante. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2018 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga