El ciudadano solicitó al Concello de Triacastela copia íntegra del expediente 20/2016 sobre balsas de decantación en una explotación minera. Ante el silencio administrativo, presentó reclamación. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la solicitud debido a que la administración no remitió la información ni respondió a los requerimientos del órgano de control.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admitida al haberse interpuesto contra una resolución presunta (silencio administrativo), lo cual permite su presentación en cualquier momento según la Ley 39/2015.
2
El derecho de acceso a la información pública es amplio y no obliga al solicitante a motivar su petición.
3
La administración reclamada no remitió el informe ni la copia del expediente solicitado a pesar del traslado de la documentación realizado por la Comisión.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia
e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 26 de marzo
de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos
xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. D. presentou, mediante escrito que tivo entrada no rexistro
do Valedor do Pobo o día 26/3/2018, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición
adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender
desestimada por silencio administrativo, unha solicitude de acceso á información presentada
no Concello de Triacastela de remisión de copia íntegra ordenada e numerada do expediente
20/2016, de reposición da legalidade de balsas de decantación na explotación mineira D.
Isidro nº 6043, así como calquera resolución, decreto, informe, expediente relacionado ou
relativo ao mesmo.
O escrito viña acompañado de copia da súa solicitude dirixida ao Concello de Triacastela do
que non é posible coñecer a súa data de entrada por estar borroso, e copia do seu DNI.
Segundo. Con data 13 de abril de 2018, déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante ao Concello de Triacastela para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, remitise informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 18 de abril de 2018, sen que o Concello
remitise o informe e a copia do expediente solicitado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á
Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro establece que a competencia
para resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas
entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da
Transparencia, que por tanto é a competente.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro).
O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
exixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
De acordo co anterior, e dado que no presente caso a Administración non resolveu
expresamente, debe admitirse a reclamación presentada por estar en prazo.
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga