Una asociación solicitó a la Dirección Xeral Patrimonio Cultural la copia del expediente de inclusión de la Cova da Fonte y Cova das Rozadas en el catálogo de Patrimonio Cultural de Galicia. Ante el silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación e insta a la administración a remitir la documentación disponible.
Puntos clave de la argumentación
1
Se admite la reclamación presentada contra resolución presunta por silencio administrativo al considerarse interpuesta en plazo según la normativa de procedimiento administrativo común.
2
La Comisión constata que no existe un expediente de declaración de bien de interés cultural para las cuevas mencionadas, lo que imposibilita la remisión de un expediente inexistente.
3
Se determina que la inexistencia del expediente no exime al órgano administrativo de su obligación de resolver y notificar de forma motivada la inadmisión de la solicitud.
4
Se recuerda a la administración que el incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo constituye una infracción grave según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , en representación da
Asociación , mediante escrito do 26/3/2018, a Comisión da
Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. Dna. , en representación da Asociación
presentou, mediante escrito que tivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día
26/3/2018, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desestimada unha solicitude de acceso
á información por silencio administrativo negativo por parte do Dirección Xeral Patrimonio
Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, relativa á inclusión
no catálogo de bens de patrimonio a Cova da Fonte e Cova das Rozadas.
O escrito viña acompañado de escrito, que tivo entrada no Rexistro da Xunta de Galicia o
16/2/2018, polo que a Asociación solicitou, con data do 16/2/2018,
copia do expediente de solicitude de inclusión da Cova da Fonte e Cova das Rozadas no
catálogo de Patrimonio Cultural de Galicia.
Segundo. Con data 2 de maio de 2018, déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Dirección Xeral de
Patrimonio Cultural) para que, en cumprimento da normativa de transparencia, remitise
informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 11 de maio de 2018, sen que o citado
departamento remitise o informe e copia solicitada.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á
Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro).
O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
exixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
De acordo co anterior, e dado que no presente caso a Administración non resolveu
expresamente, debe admitirse a reclamación presentada por estar en prazo
Quinto. Análise do expediente
Dna. , en representación da Asociación ,
presenta reclamación contra a denegación, por silencio administrativo, da súa solicitude de
copia integra do expediente correspondente á súa solicitude de 16 de maio de 2017, de
inclusión no catálogo de bens do patrimonio cultural, da cova da Fonte e cova das Rozadas do
Concello de Triacastela.
O Capítulo III do Título I da Lei 5/2016, do de 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia
regula o procedemento de declaración de bens de interese cultural, para o que se esixe a
aprobación dun decreto polo Consello da Xunta de Galicia, a proposta da consellería
competente en materia de patrimonio cultural, despois da tramitación dun procedemento
instruído con ese fin. Segundo establece o artigo 16 da dita Lei, o procedemento de
declaración de interese cultural incoase de oficio por resolución motivada da dirección xeral
competente en materia de patrimonio cultural, por propia iniciativa ou por petición de
calquera persoa física ou xurídica.
Establece a Lei que a solicitude de iniciación por parte dunha persoa, física ou xurídica, pública
ou privada, entenderase desestimada cando transcorresen seis meses desde a súa
presentación sen que se emitira resolución expresa.
De acordo co disposto no artigo 17 da mesma, a resolución de incoación debe publicarse no
Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial do Estado e a súa publicación, supón a apertura
dun período de información pública por un prazo mínimo dun mes no caso de bens inmobles.
Comprobado o DOG pola Secretaría desta Comisión, non consta que se incoase expediente de
declaración de ben de interese cultural da cova da Fonte e da cova das Rozadas do Concello
de Triacastela, polo que non existindo dito expediente, non é posible a remisión á asociación
solicitante da copia do expediente reclamado, debendo desestimarse en consecuencia a
reclamación presentada. Nembargantes, debe terse en conta que a non incoación do
expediente, non exime ao órgano administrativo da súa obriga de declarar de forma motivada
a inadmisión da solicitude e notificarllo á solicitante, de acordo co disposto no artigo 18 da Lei
5/2016, e de acordo coa obriga de resolver establecida na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do
procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria non resolveu a solicitude de
acceso á información da referida Asociación, polo que debe lembrárselle que, de acordo co
disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver
en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos
responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora.
Así mesmo, a Administración non remitiu o informe solicitado por esta Comisión, polo que
lémbraselle, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a súa obriga de facilitar
á Comisión a información que se lle solicite para o correcto cumprimento das súas funcións
en materia de transparencia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por Dna. en
representación da Asociación con data 26 de marzo de 2018, contra a
denegación por silencio administrativo, da súa solicitude de copia da documentación que obre
no expediente da Dirección Xeral Patrimonio Cultural, correspondente á súa solicitude do
16/5/2017, de inclusión no catálogo de bens do Patrimonio Cultural de Galicia da cova da
Fonte e cova das Rozadas do Concello de Triacastela.
Segundo: Instar á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ao Concello a
que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita á solicitante a documentación que obra no
expediente, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o
artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a que, no
prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío da
información solicitada á reclamante reclamante.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, a 27 de maio de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga