Una asociación solicitó a la Dirección Xeral Patrimonio Cultural el expediente íntegro para declarar Bien de Interés Cultural a la Cova de Eirós. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación al considerar que se trata de información pública accesible para cualquier ciudadano.
Puntos clave de la argumentación
1
La comparecencia en el trámite de información pública no otorga por sí misma la condición de interesado en el procedimiento administrativo.
2
La documentación relativa al expediente de incoación para declarar un bien de interés cultural constituye información pública al estar en poder de la Administración y haber sido elaborada en el ejercicio de sus funciones.
3
El derecho de acceso a la información pública es amplio y no requiere que el solicitante motive su petición.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , en representación da
Asociación , mediante escrito do 26/3/2018, a Comisión da
Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, adopta o seguinte acordo:
ANTECEDENTES
Primeiro. , en representación da Asociación
presentou, mediante escrito que tivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día
26/3/2018, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desestimada unha solicitude de acceso
á información pública solicitada á Dirección Xeral Patrimonio Cultural da Consellería de
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria relativa ao procedemento para declarar ben de
interese cultural á Cova de Eirós
O escrito viña acompañado de copia da solicitude de copia do expediente íntegro, foliado e
en formato dixital, iniciado a raíz da resolución do 10/4/2017, da Dirección Xeral Patrimonio
Cultural, pola que se incoa o procedemento para declarar ben de interese cultural á Cova de
Eirós, que tivo entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia o 16/2/2018
A reclamante solicita a copia dun expediente no que a asociación á que representa, segundo
o escrito que remite á Dirección Xeral Patrimonio Cultural, é parte interesada e personada no
mesmo.
Segundo. Con data 2 de maio de 2018, déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Dirección Xeral de
Patrimonio Cultural) para que, en cumprimento da normativa de transparencia, remitise
informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 11 de maio de 2018, sen que o citado
departamento remitise o informe e copia solicitada.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución
expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación
ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa
impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional
cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos
supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu
sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano
independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra
toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá
interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da
Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma ampla
tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas,
sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art.
26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro).
O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e
garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno
deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables
públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións
que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas
institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a
responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes
públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
exixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece
esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da
Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo
e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación
do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio
administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a
actos que non sexan expresos.
De acordo co anterior, e dado que no presente caso a Administración non resolveu
expresamente, debe admitirse a reclamación presentada por estar en prazo.
Quinto. - Análise do expediente
, en representación da Asociación ,
presenta reclamación contra a denegación por silencio administrativo da súa solicitude de
copia integra do expediente iniciado a raíz da resolución do 10/4/2017, da Dirección Xeral
Patrimonio Cultural, pola que se incoa o procedemento para a declaración de ben de interese
cultural á Cova de Eirós, da que a Asociación á que representa, segundo manifesta, é parte
interesada e personada no expediente, por terse personada no trámite de información
pública.
A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións
públicas, define como interesado nun procedemento administrativo no seu artigo 3.1, aos que
o promovan como titulares de dereitos ou intereses lexítimos individuais ou colectivos, e a
aqueles cuxos intereses lexítimos, individuais ou colectivos, poidan resultar afectados pola
resolución que no seu día se poida ditar, e se personen no procedemento en tanto non
recaese resolución definitiva. O parágrafo 2. do referido artigo, establece que as asociacións
e organizacións representativas de intereses económicos e sociais serán titulares de intereses
lexítimos colectivos nos termos que a Lei recoñeza.
De conformidade co disposto no artigo 83.3 da mesma Lei, a comparecencia no trámite de
información pública non outorga, por se mesma, a condición de interesado, non obstante,
quen presenten alegacións u observacións neste trámite teñen dereito a obter da
Administración unha resposta razoada, que poderá ser común para todas aquelas alegacións
que plantexen cuestións sustancialmente iguais.
De acordo co anterior e tendo en conta que a Administración non remitiu o informe e o
expediente requirido, polo que a Comisión non conta con todos os elementos necesarios para
poder determinalo, debemos considerar que a Asociación , non ten a
condición de interesada no expediente, dado que o único elemento alegado pola mesma, o
feito de terse personado no trámite de alegacións públicas, non lle confire ese carácter.
A Asociación representada pola Sra. , solicitou da Dirección Xeral de Patrimonio o
acceso a unha documentación que, non cabe dúbida, debemos considerar como información
pública, xa que se trata información do correspondente a un expediente de incoación do
procedemento para declarar ben de interese cultural coa categoría de monumento, á Cova de
Eirós, sita no lugar de Cancelo, na parroquia de San Cristovo de Cancelo, no termo municipal
de Triacastela (Lugo), incoado por Resolución do 10 de abril de 2017, e publicado no DOG nº
63, do 2 de maio de 2017. Trátase por tanto de información que está en poder da
Administración e que foi elaborada no exercicio das súas funcións, polo que procede e
estimación do presente recurso, por ter a entidade solicitante, de acordo co disposto no artigo
24 da Lei 1/2016, dereito ao acceso á mesma.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria non resolveu a solicitude de
acceso á información da referida Asociación, polo que debe lembrárselle que, de acordo co
disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver
en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos
responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora.
Así mesmo, a Administración non remitiu o informe e o expediente solicitado por esta
Comisión, polo que lémbraselle, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a
súa obriga de facilitar á Comisión a información que se lle solicite para o correcto
cumprimento das súas funcións en materia de transparencia.
En base aos antecedentes e fundamentos xurídicos, a Comisión da Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por en
representación da Asociación con data 26 de marzo de 2018, contra a
denegación por silencio administrativo, da súa solicitude de copia da documentación que obre
no expediente da Dirección Xeral Patrimonio Cultural, pola que se incoa o procedemento para
declarar ben de interese cultural á Cova de Eirós no Concello de Triacastela.
Segundo: Instar á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural a que, no prazo máximo de 15 días
hábiles, se responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos
14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á
formalización do acceso.
Terceiro: Instar á Dirección Xeral Patrimonio Cultural a que, no prazo máximo de 15 días
hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío da información solicitada polo
reclamante.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, a 27 de xuño de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga