Se solicitó a la Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Carril copias de actas de asambleas, de la última reunión de Cabildo y un informe jurídico sobre subvenciones. Ante la falta de respuesta, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación debido al silencio administrativo y al incumplimiento de la entidad, instándola a entregar la información en 15 días.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admisible al haberse interpuesto contra una resolución presunta (silencio administrativo), lo cual permite su presentación en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
2
La administración reclamada incurrió en un incumplimiento al no remitir el expediente ni el informe solicitado por la Comisión ni responder al ciudadano dentro de los plazos legales.
3
Se reconoce el derecho de acceso a la información pública sin necesidad de que el solicitante motive su petición, conforme a los artículos 24 de la Ley 19/2013 y 26.4 de la Ley 1/2016.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
En resposta á reclamación presentada por
, mediante
escrito do 12 de marzo de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes
e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro.
presentaron, mediante comparecencia no
Valedor do Pobo o día 12 de marzo de 2018, unha reclamación ao amparo do disposto no
artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender
desestimada unha solicitude de acceso á información por parte da Confraría de Pescadores
Santiago Apóstol de Carril na que reclamaban copia das actas do 28 de setembro de 2017 e
5 de outubro de 2017 das asambleas de marisqueo a pé, copia da acta da última reunión de
Cabildo e o informe xurídico da Confraría de Carril en relación á solicitude de subvención
realizada pola xunta xestora, en base o cal a actual xunta xeral rexeitou unha subvención
concedida o 8/9/2017 pola Consellería do Mar, alegando que a xestora non ten competencia
para tramitar subvencións.
Na súa comparecencia, as interesadas aportan a seguinte documentación para a súa
constancia no expediente:
Estatutos Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Carril .
Estatuto de réxime interno da agrupación de mariscadoras de Carril aprobados no ano 2006.
Escritos dirixidos á confraría e á Xunta de Galicia de petición da seguinte documentación:
o Copia das actas do 28 de setembro de 2017 e 5 de outubro de 2017 das asembleas
de marisqueo a pé
o Copia da acta da última reunión de Cabildo .
o Informe xurídico da Confraría de Carril en relación á solicitude de subvención realizada
pola xunta xestora en base á cal a actual xunta xeral rexeitou unha subvención
concedida o 8/9/2017 pola Consellería do Mar, alegando que a xestora non ten
competencia para tramitar subvencións. dita axuda alegando que a xestora non ten
competencia para tramitar subvencións.
Segundo. Con data 23 de marzo de 2018 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Carril para que, en cumprimento da
normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola confraría foi o 3 de abril de 2018. Con data do 24/4/2018,
representantes da confraría comunican vía telefónica que co oficio no que se solicitou copia
do expediente e informe, non se remitiu a solicitude, polo que con esa mesma data se remite
a solicitude vía correo electrónico e se asina polo instrutor dilixencia da dita data na que se
fai constar este feito.
Terceiro. De acordo coa citada dilixencia, o prazo máximo para a remisión do expediente e o
informe solicitado rematou o 2 de maio de 2018, sen que a confraría remitise o expediente
e o informe solicitado
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución
expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación
ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa
impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional
cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos
supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu
sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano
independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra
toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá
interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da
Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma ampla
tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas,
sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art.
26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro).
O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e
garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno
deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables
públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións
que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas
institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a
responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes
públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
exixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece
esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da
Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo
e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación
do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio
administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a
actos que non sexan expresos.
De acordo co anterior, e dado que no presente caso a Administración non resolveu
expresamente, debe admitirse a reclamación presentada por estar en prazo.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por
con data 12 de marzo de 2018, contra a denegación das súas solicitude de acceso á
información presentadas ante a Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Carril.
Segundo: Instar a Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Carril, a que, no
prazo máximo de 15 días hábiles, se responda á petición de información solicitada,
respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da
mesma lei, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar a Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Carril, a que, no prazo máximo
de 15 días hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío e a recepción da
información solicitada polo reclamante.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga