Se solicitó al Servizo Galego de Saúde el número de actuaciones por accidentes con armas de caza en 2016/2017, incluyendo datos de menores. El ciudadano alegó que la notificación de la denegación no fue fidedigna. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación por considerarla extemporánea, al presentarse fuera del plazo de un mes.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación fue presentada el 30 de junio de 2018, habiendo sido notificada la resolución impugnada el 5 de abril de 2018.
2
El plazo para interponer la reclamación es de un mes a contar desde el día siguiente a la notificación del acto, según el artículo 24.2 de la Ley 19/2013.
3
Se determina que el interesado tuvo conocimiento de la resolución el 5 de abril, por lo que la solicitud presentada en junio es extemporánea.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 30 de xuño
de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos
xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito que tivo entrada no Rexistro do
Valedor do Pobo o día 2 de xullo de 2018, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo
28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 23
de marzo de 2018, do Xerente do Servizo Galego de Saúde, pola que se inadmite a trámite a
solicitude de información respecto do número de actuacións no Servizo Galego de Saúde
relacionadas con incidentes/accidentes provocados con armas de caza no período 2016/2017
e número destas actuacións referidas a persoas menores de idade.
O reclamante indica que o Servizo Galego de Saúde remitiu a resolución agora impugnada o
día 5 de Abril de 2018, a través dun correo electrónico, sen existir ningún comprobante de
entrega nin supoñer unha comunicación certificada, polo que non tería existido unha
comunicación fidedigna.
Considera que a negativa a facilitar esta información supón unha conduta abusiva por parte
da Xerencia que, de xeito unilateral, cualifica os citados datos dunha necesaria reelaboración,
cando a meirande parte das solicitudes de información consisten precisamente na elaboración
específica dos datos.
Coñecer o número de actuacións do Servizo Galego de Saúde ao respecto das armas de caza
é unha cuestión de interese público, que está circunscrita a un debate social notorio ao
respecto do uso de armas de fogo, a súa normativa e a súa tenza e a utilidade de determinadas
prácticas cinexéticas.
Así mesmo manifesta que negar esta información a un cidadán, pero facilitarlla, por exemplo
a un cargo electo, suporía unha clara vulneración do lexítimo dereito á solicitar información
en poder da administración pública.
O escrito viña acompañado da súa solicitude de acceso á información pública mediante
modelo de solicitude PR 100 A da Xunta de Galicia, copia do seu DNI e copia da resolución
impugnada.
Segundo. Con data 4 de xullo de 2018 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á xerencia do Servizo Galego de Saúde para que, en cumprimento da normativa
de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 12 de xullo de 2018.
Terceiro. Con data 13 de agosto de 2018 a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade
contesta a petición, remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, indícase que a solicitude de acceso foi resolta expresamente con data
23/03/2018 e notificada a través do sistema notifica.gal o 05/04/2018.
No informe se indica que no fundamento xurídico 3 da referida resolución denegatoria da
solicitude indícase que os datos que o interesado solicita, son datos que o Servicio Galego de
saúde non ten estandarizados. Trátase dunha gran cantidade de información, relacionada con
incidentes/accidentes dos que o Servizo Galego de Saúde non pode dispor sen que se realice
unha labor previa de investigación e posterior elaboración polas respectivas institucións
sanitarias, tanto hospitais como centros de saúde. Ademais engádese o feito de solicitar datos
referidos a menores de idade, que igualmente requiriría para a súa obtención unha laboriosa
tarefa de elaboración.
Aa Lei 19/2013, establece no seu artigo 18 que se inadmitirán a trámite as solicitudes relativas
á información para cuxa divulgación sexa necesaria unha acción previa de reelaboración, polo
que de acordo co anterior a resolución declara a inadmisión da solicitude razón pola que se
estima que o recurso interposto debe ser rexeitado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á
Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establecen que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro).
O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
exixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
No presente caso o reclamante indica que o Servizo Galego de Saúde remitiu a resolución
impugnada o día 5 de Abril de 2018, a través dun correo electrónico sen existir ningún
comprobante de entrega nin supoñer unha comunicación certificada, polo que non tería
existido unha comunicación fidedigna. O Servizo Galego de Saúde informa que a resolución
foi notificada a través do sistema notifica.gal o 05/04/2018.
Queda constancia pois no expediente que o interesado tivo coñecemento da resolución que
agora impugna con data do 5 de abril de 2018, polo que téndose presentada a reclamación o
interesado con data do 30 de xuño de 2018 (e data de entrada no Rexistro do Valedor do Pobo
do 2 de xullo de 2018), debe inadmitirse a reclamación por extemporánea, por ter transcorrido
con creces o prazo dun mes que establece o artigo 24.2 da Lei 9/2013.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia
ACORDA
Único: Inadmitir por extemporánea, a reclamación presentada por
con data 2 de xullo de 2018, contra a inadmisión da súa solicitude de información publica
sobre o numero de actuacións do deste servizo relacionadas con incidentes/accidentes
provocados por armas de caza no período 2016/2017 e número destas actuacións
relacionadas con menores de idade.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga