Un concejal de Ourense solicitó reiteradamente información sobre gastos en medios de comunicación (2017) y un convenio con Marruecos al Ayuntamiento de Ourense. Ante la falta de respuesta, recurrió a la Comisión de Transparencia de Galicia, que decidió inadmitir la reclamación por existir un régimen jurídico específico para el acceso a la información de los cargos electos.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información de los miembros de las corporaciones locales está regulado específicamente en la Ley 7/1985 y en el Reglamento de Organización, Funcionamiento y Régimen Jurídico de las Entidades Locales.
2
Se considera que el acceso a la información por parte de los concejales en el ejercicio de su función representativa es un derecho fundamental derivado del artículo 23 de la Constitución Española.
3
La disposición adicional primera de la Ley 19/2013 establece que prevalece la normativa específica sobre aquellas materias que tengan previsto un régimen jurídico propio de acceso a la información.
4
Al haberse solicitado la información en condición de concejal y no como ciudadano general, el procedimiento debe regirse por la normativa específica de la función representativa y no por la ley de transparencia general.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia
e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , que tivo entrada no Rexistro
do Valedor do Pobo con data do 19 de xuño de 2018, considerando os antecedentes e
fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia adopta
a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Único. presentou, con data do 19 de xuño de 2018, unha
reclamación ante a Comisión da Transparencia de Galicia, por considerar desestimadas as súa
solicitudes de acceso á información presentadas de forma reiterada nas xuntas de Área de
Facenda, Servizos Xerais, Turismo e Termalismo do Concello de Ourense.
Na referida reclamación, o interesado, na súa condición de edil da Corporación Municipal de
Ourense, solicita que se admita a queixa por non proporcionar o concello de Ourense, a
documentación que que foi solicitada de forma reiterada nas diferentes xuntas de área o
06/02/2018, 27/02/2018, 06/03/2018, 13/03/2018, 20/03/2018, 03/04/2018 e 17/04/2018,
segundo consta nas actas das ditas xuntas das que remite copia e referidas aos gastos en
medios de comunicación do Concello de Ourense no exercicio 2017 (desglosado por
provedores) e documentación referente ao convenio asinado entre Expourense: e o país de
Marrocos
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
A Disposición Adicional Quinta da Lei 1/2016, establece que a resolución das reclamacións
previstas no artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á
información pública e bo goberno, corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas
entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (artigo 26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
exixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Análise do expediente
O interesado, na súa condición de edil dun grupo municipal da Corporación Local de Ourense,
pon en coñecemento da Comisión da Transparencia que non se lle proporciona a información
que de forma reiterada solicita na súa condición de Concelleiro, nas Xuntas de diferentes
Áreas do Concello de Ourense. O concelleiro basea a súa solicitude no dereito que lle concede
o artigo 9.1 do Regulamento orgánico de goberno e organización, do pleno e a comisión
especial de suxestións e reclamacións do Concello de Ourense (BOP do 14 de novembro do
2012), así como o artigo 77 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local
e o Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de
Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
Antes da entrada en vigor da Lei 19/2013, existían xa normas que, en determinados ámbitos,
regulaban o dereito de acceso á información, entre a que podemos atopar o Regulamento do
Concello citado polo interesado, que establece o dereito e o procedemento de acceso á
información por parte dos cargos representativos locais no exercicio da súa función.
Como dereito fundamental no exercicio dunha función representativa (artigo 23 da
Constitución Española), e como sinala o interesado, este dereito é desenvolvido ademais na
Lei 7/1985 e no o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das
Entidades Locais. A referida normativa, recoñece o dereito dos membros das Corporacións
locais de obter do Alcalde ou Presidente ou da Xunta de Goberno canta información ou
documentación se atope en poder da entidade local que resulte necesaria para o exercicio das
súas funcións representativas e establece ademais o procedemento para a súa obtención, o
sentido do silencio, e o deber de gardar reserva en relación coa información obtida.
Así mesmo, o acceso á información por parte dos membros das corporacións teñen dúas vías
de protección ordinaria -o recurso potestativo de reposición e o recurso contencioso-
administrativo-, ademais de garantías adicionais como son o procedemento para a protección
dos dereitos fundamentais da persoa regulado pola Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora
da xurisdición contencioso-administrativa, e o recurso de amparo ante o Tribunal
Constitucional.
Por tanto estamos ante un procedemento específico de acceso á información por parte dos
concelleiros no exercicio da súa función, no exercicio dun dereito fundamental.
No presente caso, a solicitude de acceso á información se fai en condición de concelleiro do
reclamante, polo que de acordo coa disposición adicional primeira da Lei 19/2013, que
establece que rexeranse pola súa normativa específica aquelas materias que teñan previsto
un réxime xurídico específico de acceso á información, no cabe senón inadmitir a reclamación
presentada.
ACORDA
Único: Inadmitir a reclamación presentada por contra a
desestimación por silencio administrativo das súas solicitude de obtención de información, na
súa condición de concelleiro, referente aos gastos en medios de comunicación do Concello de
Ourense no exercicio 2017 e documentación referida ao convenio asinado entre Expourense:
e o país de Marrocos
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga