Inadmitida 19/09/2018 · 99 días en resolverse

Inadmisión de reclamación sobre acceso a información de usuarios del servicio de ayuda a domicilio por parte de concejala

Una concejala de Chandrexa de Queixa solicitó información sobre usuarios del servicio de ayuda a domicilio y comunicaciones con la AEPD. Tras la denegación por silencio administrativo, recurrió al Consejo de Transparencia. La Comisión de Transparencia de Galicia decide inadmitir la reclamación por existir un régimen jurídico específico para el acceso a la información de los cargos electos locales.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de los miembros de Corporaciones Loces a obtener información necesaria para su función está regulado específicamente en el artículo 77 de la LBRL.
2 La solicitud se realizó en condición de concejala, lo que activa un procedimiento específico de acceso a la información en ejercicio de un derecho fundamental (art. 23 CE).
3 Según la disposición adicional primera de la Ley 19/2013, prevalece la normativa específica sobre la general en materias que tengan un régimen jurídico propio de acceso a la información.
4 Al tratarse de un procedimiento específico para cargos representativos, no es aplicable la vía de reclamación ante el órgano de transparencia.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por , remitida con data do 18 de xuño de 2018 pola Oficina de Reclamaciones de Administraciones Territoriales do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, con data do 12 de xuño de 2018, unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, que foi remitida polo dito organismo á Comisión da Transparencia de Galicia, tendo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 18 de xuño de 2018. Na referida reclamación, a interesada, na súa condición de edil da Corporación Local de Chandrexa de Oueixa, comunica que impedíronlle, de forma reiterada o exercicio do seu dereito contido no artigo 23.1 da Constitución española, para participar nos asuntos públicos, directamente ou a través de representantes e no artigo 77 do LBRL segundo o cal os membros de Corporacións Locais teñen dereito a obter do alcalde ou da Xunta de Goberno, cantos antecedentes, datos ou información obren en mans dos servizos da Corporación e son necesarios para o desenvolvemento da súa función. Neste caso particular, trátase dunha obstaculización constante de acceso á información, solicitada desde o ano 2013, referida aos usuarios e usuarias do servizo de axuda domiciliaria (SAF) que presta o municipio, así como o número de horas prestadas e as contías mensuais que paga a cada usuario, de forma detallada segundo o beneficiario. De maneira reiterada e segundo os documentos anexos que acompaña, solicitou a información antes mencionada. Á vez que se solicita a información sobre o servizo de axuda a domicilio, solicítase reiteradamente, que se proporcione unha copia de todos os documentos enviados polo municipio á Axencia Española de Protección de Datos e as respostas desta, co obxecto de determinar con exactitude a que se refire o alcalde cando esgrime a escusa de que se trata de datos protexidos pola normativa de protección de datos, para non proporcionar a documentación solicitada. A interesada solicitou a intervención do Consello da Transparencia e Bo Goberno, por considerar que a queixa está fortemente motivada e é facilmente comprobable que existe unha intención por parte do alcalde e do equipo de goberno do Municipio de Chandrexa de Queixa de evitar o acceso á documentación e información esencial para realizar o traballo dunha representante lexitimamente elixida. O escrito viña acompañado de copia das solicitudes da referida información ao concello e das respostas remitidas por este á solicitante. Segundo: O Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, por considerar que a reclamación é competencia da Comisión de Transparencia de Galicia, remitiu o escrito presentado pola interesada xunto coa documentación que o acompaña, que tivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 18 de xuño de 2018. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. A Disposición Adicional Quinta da Lei 1/2016, establece que a resolución das reclamacións previstas no artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (artigo 26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro). O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente exixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Análise do expediente A interesada, na súa condición de edil dun grupo municipal da Corporación Local de Chandrexa de Queixa, comunica o concello que impide, de forma reiterada, o exercicio do seu dereito contido no artigo 23.1 da Constitución española, para participar nos asuntos públicos, directamente ou a través de representantes e no artigo 77 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladoras das bases de réxime Local segundo o cal, os membros de Corporacións Locais teñen dereito a obter do alcalde ou da Xunta de Goberno, cantos antecedentes, datos ou información obren en mans dos servizos da Corporación e son necesarios para o desenvolvemento da súa función, obstaculizando de forma constante o acceso á información, solicitada desde o ano 2013, sobre os usuarios e usuarias do servizo de axuda domiciliaria (SAF) que presta o municipio Antes da entrada en vigor da Lei 19/2013, existían xa normas que, en determinados ámbitos, regulaban o dereito de acceso á información, entre a que podemos atopar a referente ao acceso á información por parte dos cargos representativos locais no exercicio da súa función. Como dereito fundamental no exercicio dunha función representativa (artigo 23 da Constitución Española), este dereito é desenvolvido na Lei 7/1985 e no o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, como acertadamente cita a recorrente. A referida normativa, recoñece o dereito dos membros das Corporacións locais de obter do Alcalde ou Presidente ou da Xunta de Goberno canta información ou documentación se atope en poder da entidade local que resulte necesaria para o exercicio das súas funcións representativas e establece ademais o procedemento para a súa obtención, o sentido do silencio, e o deber de gardar reserva en relación coa información obtida. Así mesmo, o acceso á información por parte dos membros das corporacións teñen dúas vías de protección ordinaria -o recurso potestativo de reposición e o recurso contencioso- administrativo-, ademais de garantías adicionais como son o procedemento para a protección dos dereitos fundamentais da persoa regulado pola Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e o recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional. Por tanto estamos ante un procedemento específico de acceso á información por parte dos concelleiros no exercicio da súa función en exercicio dun dereito fundamental. No presente caso, a solicitude de acceso á información se fai en condición de concelleira da solicitante, polo que de acordo coa disposición adicional primeira da Lei 19/2013, que establece que rexeranse pola súa normativa específica aquelas materias que teñan previsto un réxime xurídico específico de acceso á información, no cabe senón inadmitir a reclamación presentada. ACORDA Único: Inadmitir a reclamación presentada por contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de obtención de información, na súa condición de concelleira, referida aos usuarios e usuarias do servizo de axuda domiciliaria (SAF) do Concello de Chandrexa de Queixa Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2018 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga