El solicitante pidió a la Consellería de Facenda la apertura de un expediente sancionador basado en una denuncia administrativa. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación porque no se solicitó acceso a información pública, sino la iniciación de un procedimiento sancionador, excediendo así sus competencias.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación no constituye una solicitud de información pública según el artículo 24 de la Ley 1/2016.
2
El objeto de la petición fue la apertura de un expediente sancionador o disciplinario y no la obtención de documentos o contenidos públicos.
3
La Comisión da Transparencia carece de competencia para resolver solicitudes que no tengan como fin el acceso a la información pública.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Viasta a reclamación presentada por , que tivo entrada no
Rexistro do Valedor do Pobo con data do 29 de maio de 2018, contra a comunicación do 19
de marzo de 2018, do Director xeral da Función Pública da Consellería de Facenda pola que se
ordena o arquivo da denuncia presentada polo reclamante con data do 6 de febreiro de 2018,
a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se
especifican a continuación, adopta o seguinte acordo:
ANTECEDENTES
Primeiro. en representación da Plataforma
mediante escrito que tivo
entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 29 de maio de 2018, presenta reclamación contra
a comunicación do 19 de marzo de 2018, do Director xeral da Función Pública da Consellería
de Facenda, pola que se ordena o arquivo da denuncia presentada polo reclamante con data
do 6 de febreiro de 2018.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á
Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro).
O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
exixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Análise do expediente
O Sr. solicitou á Consellería de Facenda apertura dun expediente por denuncia
administrativa contra os Sres. e as súas relacións cruzadas, desde os seus cargos
públicos na Xunta de Galicia e as Universidades de Santiago e da Coruña, e os proxectos
financiados con fondos públicos entre o Sergas a USC, UDC e os que xurdan das investigacións
á luz dos documentos adxuntos.
Non existe por tanto unha solicitude de información pública no senso definido no artigo 24 da
Lei 1/2016, senón unha solicitude de apertura dun expediente sancionador ou expediente
disciplinario, polo que ao non ser o obxecto da reclamación a obtención dunha información
pública, non procede a admisión da reclamación presentada, por non ser esta Comisión
competente, de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 19/2013.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Inadmitir a reclamación presentada por , contra a
apertura de expediente por denuncia administrativa contra os Sres. .
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, a 19 de setembro de 2018.
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga