El solicitante pidió al Servicio Galego de Saúde un certificado sobre el contenido de un enlace de su web. Ante el silencio administrativo, reclamó ante la Comisión da Transparencia. Esta última decidió inadmitir la reclamación porque no se solicitaba acceso a información pública (ya que el ciudadano ya poseía la información), sino la emisión de un certificado.
Puntos clave de la argumentación
1
La solicitud no constituye un derecho de acceso a la información pública según el artículo 24 de la Ley 1/2016, ya que el interesado ya disponía de la información.
2
El objeto de la petición era la emisión de un certificado sobre un contenido web y no la obtención de documentos o datos en poder de la administración.
3
Al no tratarse de una solicitud de información pública, la Comisión da Transparencia carece de competencia para admitir la reclamación.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo
do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Viasta a reclamación presentada por , que tivo entrada no Rexistro
do Valedor do Pobo con data do 20 de maio de 2018, contra a desestimación por silencio
administrativo da súa solicitude ao Servicio Galego de Saúde de emisión de certificado sobre o contido
da web do dito organismo do seguinte link : https://www.sergas.es/
Docs/Emortada/Eventos/XIX_ConctresoDyS2010.pdf, a Comisión da Transparencia, considerando os
antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta o seguinte acordo:
ANTECEDENTES
Primeiro. . en representación da Plataforma
, mediante escrito do 21 de maio de 2018, que tivo
entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 22 do mesmo mes, presenta reclamación contra a
desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude ao Servicio Galego de Saúde, de emisión
de certificado sobre o contido da web do dito organismo do seguinte link : https://www.sergas.es/
Docs/Emortada/Eventos/XIX_ConctresoDyS2010.pdf.
Segundo. Con data do 23 de maio de 2018, solicitouse informe ao Servicio Galego de Saúde sobre o
recurso presentado. A recepción da solicitude pola administración foi o 30 de maio de 2018. Con data
do 14 de xuño ten entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o informe solicitado, que no que no
referente ás competencias desta Comisión interesa, manifesta que o interesado solicitou con data do
15 de marzo de 2018, que se lle fora expedida, dentro do prazo de 15 días referido no artigo 24.4 da
Lei 39/2015, do 1 de outubro, a correspondente certificación do sentido do contido publicado dun
determinado apartado da web do www.sergas.es, acompañando coa súa solicitude, a documentación
impresa que aparecía na páxina dá rede internet indicada, polo que a finalidade dá solicitude non era
obtención de información pública, dado que xa están non seu poder, senón un certificado da
información contida nun determinado apartado da páxina web do SERGAS.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo
goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa
ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o
Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía
contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a
resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas
polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais
comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades
Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha
reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co
disposto no artigo 33, a resolución das ditas reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará ao
previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra
resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación
en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de
procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á
información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu
formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta
lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a
definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma ampla tanto
na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o
solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, de
18 de xaneiro).
O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir
o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a
transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos
fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos se somete a
escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se
manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio
dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente
e que demanda participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente exixencia
cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que
supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas
de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Análise do expediente
O Sr solicitou ao Servicio Galego de Saúde, tal e como figura na súa solicitude inicial, no seu
escrito de reclamación e no informe do Servicio Galego de Saúde, un certificado do contido dunha
información que figurou na web deste organismo, información que o reclamante xa ten no seu poder,
e da que remite copia co seu escrito de solicitude.
Non existe por tanto unha solicitude de información pública no senso definido no artigo 24 da Lei
1/2016, senón unha solicitude de emisión dun certificado sobre o contido dunha publicación en web
que o reclamante xa posúe, polo que ao non ser o obxecto da reclamación a obtención dunha
información pública, non procede a admisión da reclamación presentada, por non ser esta Comisión
competente, de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 19/2013.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia,
ACORDA
Único: Inadmitir a reclamación presentada por D. , contra a
desestimación por silencio administrativo da súa solicitude ao Servicio Galego de Saúde de emisión de
certificado sobre o contido da web.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados
desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei
29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, a 19 de setembro de 2018.
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga