Inadmitida 20/09/2018 · 146 días en resolverse

Solicitud de información sobre la explotación minera San Rafael 2946 y responsabilidad de funcionarios

Se solicitó información sobre la explotación minera San Rafael 2946 a la Consellería de Economía, Emprego e Industria. El solicitante pidió la apertura de expedientes sancionadores por vulneración de derechos de acceso. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación porque la información es de naturaleza medioambiental y debe tramitarse según la Ley 27/2006.

Puntos clave de la argumentación

1 La solicitud versa sobre documentación con contenido relevante medioambiental, por lo que debe tramitarse conforme a la Ley 27/2006 y no por la normativa de transparencia.
2 La Comisión carece de competencia para resolver la reclamación al aplicarse la disposición adicional primera de la Ley 19/2013 sobre regímenes jurídicos específicos de acceso a la información.
3 Se considera que la medida de acumulación de solicitudes y la puesta a disposición de los expedientes para su identificación presencial es respetuosa con los principios de eficiencia y transparencia.
4 La solicitud de iniciar expedientes para deslindar responsabilidades de funcionarios es improcedente ya que la Comisión de Transparencia carece de competencias para tal fin.

Texto completo

Comisión cos números RSCTG 57/2018, RSCTG 58/2018, RSCTG 59/2018, RSCTG 60/2018, RSCTG 61/2018, RSCTG 62/2018 e RSCTG 65/2018, no que en síntese manifesta o seguinte: Ante a presentación en distintos rexistros e nun período curto de tempo de solicitudes substancialmente idénticas de acceso e obtención de copia da documentación relativa á explotación mineira San Rafael 2946, no municipio de Touro, A Coruña, remitíronse á Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña por ser o órgano competente para a resolución do procedemento, que con data do 8 de maio de 2018, acordou a acumulación das solicitudes presentadas, por tratarse de peticións de información substancialmente idénticas, así como a adopción da medida provisional de acceso mediante a posta a disposición dos solicitantes de toda a documentación que conforma os múltiples expedientes relativos á explotación mineira San Rafael 2946 para que estes procedan á adecuada identificación dos expedientes e dos documentos concretos do seu interese, de acordo co disposto no artigo 56.1 da Lei 39/2015, do 31 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. O acordo contempla a habilitación dunha sala nas dependencias da Xefatura Territorial na que os solicitantes poden personarse as veces que consideren necesario e coa custodia e asesoramento de dous funcionarios. Considera o informe que todas as peticións de documentación contidas nas solicitudes, están referidas a autorizacións, requirimentos, informes ou actas relacionados coa restauración do espazo afectado pola explotación que teñen un contido relevante desde un punto de vista medioambiental, polo que conclúe que se trata de solicitudes de información ambiental que deben tramitarse conforme o disposto na Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente e non pola normativa en materia de transparencia, debendo ser por este motivo, inadmitida a reclamación en aplicación da disposición adicional primeira da Lei 19/2013. Sen prexuízo da conclusión anterior, para unha completa información sobre as solicitudes presentadas, a súa tramitación e a situación creada, realízanse no informe as consideracións que seguen: O acordo de acumulación, dítase como medida de eficacia e racionalización administrativa, en beneficio tanto dos propios solicitantes como da Administración, para dotar de operatividade á xestión administrativa, contribuíndo a impedir o colapso administrativo de solicitudes repetitivas presentadas case simultaneamente por distintos colectivos. Ademais, a conveniencia da súa acumulación e tramitación conxunta ven dada tamén pola amplitude e xeneralidade das solicitudes, que esixen actuacións para a súa concreción dado que o solicitado non constitúe un expediente administrativo, senón multitude de expedientes ao longo do tempo de extensión e duración variable relacionados con diferentes aspectos dos dereitos mineiros ou ámbitos da actividade (expediente de outorgamento, expedientes de demasías, cambios de titularidade, proxectos mineiros sexan para o outorgamento, ampliación, actualización, etc, plans de labores anuais, expedientes de seguridade e saúde, etcétera), dado que a explotación foi titulada no ano 1958, polo que só os plans de labores anuais xa acumula a día de hoxe 60 expedientes relacionados deste tipo. Así, a modo de exemplo, os solicitantes requiren copia de requirimentos e de actas de carácter ambiental efectuados pola Administración mineira, de forma xenérica, sen limitalos no tempo. Os posibles requirimentos e ou actas que afecten a aspectos medioambientais estarían repartidos por diversos expedientes como os de plans de labores anuais, actuacións de inspección ou expedientes máis específicos de carácter ambiental. Así mesmo, a imperiosidade de adoptar medidas procedimentais como a de acumulación que faciliten a viabilidade da xestión administrativa ven esixida polo contexto no que se producen que remite á actual tramitación do expediente de “Actualización del Proyecto de Explotación vigente de cobre de Touro" relativo á explotación mineira "San Rafael 2946”. Nese expediente, que rematou o período de información publica o 6 de novembro de 2017, recibíronse máis de 2.000 alegacións moitas das cales inclúen tamén solicitudes de acceso á información que afectan tanto a esta explotación mineira como ás restantes existentes nos concellos de Touro e O Pino, incluíndo todo tipo de expedientes finalizados e/ou históricos, o que pode provocar unha situación de colapso administrativo que impida o normal funcionamento dos servizos administrativos e a imposibilidade de tramitación nos reducidos prazos previstos legalmente para o acceso á información, tendo en conta que as solicitudes de copia dixital de documentación (que non se atopa dixitalizada), de dereitos mineiros formuladas de modo xenérico, implican un enorme volume de documentación non se circunscriben á explotación San Rafael, senón que, se veñen presentando de modo habitual nos últimos tempos respecto de múltiples dereitos que afectan a centos de expedientes e a decenas de miles de folios. Esta situación impide o normal funcionamento dun servizo administrativo de moi reducidas dimensións e sesgo técnico, como é o órgano competente para tramitar as ditas solicitudes, afectando ao desenvolvemento das súas restantes competencias, entre elas algunhas moi relevantes relativas á seguridade mineira ou á vixilancia e control da actividade, circunstancia esta que pode dar lugar á aplicación do criterio interpretativo do CTBG Cl/003/2016 consonte o cal unha solicitude pode entenderse abusiva cando, de ser atendida, requirira un tratamento que obrigara a paralizar o resto da xestión dos suxeitos obrigados a subministrar a información, impedindo a atención xusta e equitativa do seu traballo e o servizo público que teñen encomendado, e así resulte de acordo cunha ponderación razoada e baseada en indicadores obxectivos. A Administración mineira para asegurar a transparencia e o acceso á información, adopta de conformidade co artigo 56.1 da Lei 39/2015, a medida provisional de acceso para a identificación da documentación que se solicita mediante a posta a disposición dos solicitantes de toda a documentación que conforma os diferentes expedientes relativos á explotación mineira, concedéndolles un prazo de quince días durante o cal poderán personarse na Xefatura Territorial as veces que o consideren necesario para os efectos da consulta da documentación e identificación dos documentos concretos do seu interese, tarefa para a que contan, ademais, co asesoramento dos funcionarios presentes durante a consulta. Para isto recompiláronse todos os expedientes, tanto en tramitación, como resoltos e/ou históricos, e habilitouse unha sala adecuada nas dependencias da Xefatura Territorial e unha vez identificada a documentación solicitada, continuarase a tramitación prevista na normativa reguladora do acceso á información. A resolución definitiva que se dite resolverá sobre as peticións de información e de documentación adecuadamente identificadas e comportará o dereito de obtención de copia da documentación, logo da valoración das alegacións relativas a dereitos ou intereses de terceiros que se formulen. A medida adoptada permite aos solicitantes coñecer o volume e tipoloxía da documentación existente e facilita que sexan estes os que leven a cabo a tarefa de valoración e selección da documentación, sen que sexa a Administración quen deba reinterpretar os seus intereses e solicitudes, estando nestes momentos aberto o prazo de quince días outorgado para a consulta da documentación. Considera o informe que a Administración, ante a situación de colapso creada por solicitudes masivas e xenéricas de información presentadas coetaneamente no tempo, adoptou as medidas procedimentais máis respetuosas co dereito dos administrados inspiradas no principio pro actione, que abranguen a acumulación de solicitudes para evitar reiteracións de trámites e, especialmente, a medida provisional de acceso á documentación para permitir polos propios solicitantes a identificación dos expedientes e documentos que se correspondan coas solicitudes efectuadas. En todo caso, en ambos supostos, por estar o acceso sometido a lexislación específica (ben sexa a reguladora da tramitación do procedemento administrativo ben sexa a reguladora do acceso á información medioambiental), procede a aplicación da disposición adicional primeira da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e, polo tanto, a inadmisión da reclamación formulada ante esa Comisión da Transparencia de Galicia. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro). O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente exixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. De acordo co anterior, e dado que o reclamante solicitou o acceso á información con data do 19 de xaneiro de 2018 e na data de presentación do recurso, 27 de abril do mesmo ano, non obtivera resolución expresa da súa petición, débese considerar que o recurso está presentado en prazo. Quinto.- Análise do expediente A reclamación presentada polo Sr. , solicita a intervención da Comisión da Transparencia en relación co escrito anexo dirixido á Consellería de Economía, Emprego e Industria en data do 19 de xaneiro de 2018, escrito no que, como se fixo referencia nos antecedentes desta resolución, se solicita determinada información referente á extracción mineira de cobre no termo municipal de Touro e á iniciación de expedientes que correspondan para o deslinde de responsabilidades de autoridades ou funcionarios responsables da vulneración de dereitos en materia de acceso á información. De acordo co disposto no artigo 28 en relación co 33 da Lei 1/2016 citada, a intervención da Comisión da Transparencia de Galicia debe limitarse á resolución da reclamación contra a resolución expresa ou presunta en materia de transparencia. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas remitiu, en contestación á solicitudes idénticas de expedientes desta Comisión, un completo informe no que fundamenta a súa actuación en relación coa solicitude que orixina a reclamación que nos ocupa, referidas á explotación mineira San Rafael 2946. A Xefatura Territorial da Consellería na Coruña, con data do 8 de maio de 2018, acordou a acumulación das solicitudes presentadas, por tratarse de solicitudes de petición de información substancialmente idénticas, e a adopción da medida provisional de acceso aos solicitantes mediante a posta a disposición de toda a información que conforma os múltiples expedientes da explotación, para que os solicitantes sinalasen que documentos concretos son do seu interese, contando para elo co asesoramento dos funcionarios que están presentes durante o período da consulta. O informe da Dirección Xeral considera que case toda a información que se solicita (autorizacións, requirimentos, informes, actas...) teñen un contido relevante dende o punto de vista ambiental. Respecto ao contido de carácter medioambiental da información solicitada, debemos considerar que a información ten tal carácter, por canto así o considera tanto a Dirección Xeral como o propio reclamante, que manifesta na súa reclamación que é “información de carácter ambiental polo seu contido” e solicita expresamente a remisión da “documentación ambiental”. Por tanto, e como indica a Dirección Xeral no seu informe, de conformidade co disposto na Disposición Adicional Primeira da Lei 19/2013, deben tramitarse, ao ter esta materia previsto un réxime xurídico específico de acceso á información, tanto no procedemento de acceso á información como nos procedementos de recurso, pola súa normativa específica, e supletoriamente, no non previsto, pola normativa en materia de transparencia. A Lei 19/2013 ten un carácter supletorio respecto daquelas materias que teñan unha regulación específica de acceso á información, como sucede no caso da información ambiental, que se atopa regulada na Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente. O artigo 2.3 desta Lei considera información ambiental toda información en forma escrita, visual, sonora, electrónica ou en calquera outra forma que verse sobre o estado dos elementos do medio ambiente (aire, atmosfera, a auga, o chan etc..) os factores, tales como substancias, enerxía, ruído etc que afecten ou poidan afectar os elementos do medio ambiente citados anteriormente, as medidas, incluídas as medidas administrativas, como políticas, normas, plans, programas e acordos en materia de medio ambiente, os informes sobre a execución da lexislación ambiental, o estado da saúde e seguridade das persoas, condicións de vida humana, bens do patrimonio histórico, cultural e artístico e construcións. Certamente, o concepto de información ambiental contido na Lei 27/2006, e nas Directivas Europeas 2003/4/CE e 2003/35/CE é dunha gran amplitude, afirmándose en diversas sentencias Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas que o concepto de información medioambiental abrangue calquera información relativa ao estado dos distintos elementos do medio ambiente, as actividades ou medidas que poidan afectar ou protexer o estado dos devanditos elementos, incluídas as medidas administrativas e os programas de xestión do medio ambiente, debendo ser interpretada a directiva no senso de que no concepto de medidas administrativas, non se debe excluír ningunha das actividades que desenvolve a autoridade pública, debendo incluírse todas as formas de exercicio de actividade administrativa. O Tribunal mantén que para que unha información se considere que versa sobre medio ambiente a efectos da Directiva, basta que un informe da Administración constituíse un acto que puidese afectar ou protexer o estado dalgún dos sectores do medio ambiente aos que se refire a Directiva. De acordo co anterior, non cabe senón concluír que a solicitude, polo seu contido relativo a materias que sen dúbida deben ser incluídas dentro do concepto de información ambiental do artigo 2 da citada Lei 7/2006, debe ser tramitada de acordo co procedemento establecido na mesma, incluíndo os procedementos de recurso, carecendo por tanto esta Comisión de competencia para resolver sobre esta materia, polo carácter ambiental da información que se solicita. Non obstante, considérase que as medidas adoptadas pola Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña para a identificación polos solicitantes da documentación do seu interese, é respectuosa en todo momento cos principios de eficiencia na actuación administrativa e de transparencia no acceso á información pública. Respecto da solicitude do interesado de que se inicien as actuacións e expedientes que correspondan para o deslinde de responsabilidades de autoridades e funcionarios responsables da vulneración de dereitos en materia de información pública, non procede iniciar tal actuación, por canto a Comisión da Transparencia de Galicia carece de competencias para elo, de acordo coa Lei 1/2016. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Única: Inadmitir a reclamación presentada por de que se inste á Xefatura Territorial de Minas da Consellería de Economía, Emprego e Industria ao cumprimento das súas obrigase en materia de información en relación coas súas solicitudes relativas á explotación mineira San Rafael 2946. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Santiago de Compostela, a 20 de setembro de 2018 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga