Se solicitó información sobre el Centro de Estudios Cooperativos (CECOOP) a la Universidad de Santiago de Compostela. El ciudadano alegó silencio administrativo. La Comisión de Transparencia de Galicia decide inadmitir la reclamación debido a que fue presentada antes de que finalizara el plazo legal para resolver, no existiendo acto recurrible.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación fue presentada antes de que finalizara el plazo para resolver y antes de que concluyera el trámite de audiencia iniciado el 22 de marzo.
2
De acuerdo con el artículo 116 c) de la Ley 39/2015, no existe acto susceptible de recurso al haberse interpuesto la reclamación prematuramente.
3
La administración procedió correctamente al requerir la acreditación de la representación y posteriormente remitir la información solicitada el 23 de abril de 2018.
Texto completo
Corrección de errores da resolución recaída no expediente. Nº RSCTG 044/2018, de
reclamación presentada por en representación de
Revisada a Resolución da Presidenta da Comisión da Transparencia do 19 de xuño de
2019, pola que se resolve a reclamación presentada por
en representación da
, resulta o seguinte:
Primeiro: A Comisión da Transparencia de Galicia, en sesión celebrada o 19 de xuño de
2018, acordou resolver a reclamación presentada por ,
en representación de
, presentada contra a desestimación por silencio administrativo da
súa solicitude de acceso á información á Universidade de Santiago de Compostela,
referente ao Centro de Estudios Cooperativos (CECOOP).
Segundo: A Resolución, no seu fundamento xurídico quinto, “Análise do expediente”
establece o seguinte:
“Tal e como consta no informe e se acredita no expediente remitido pola
Universidade de Santiago de Compostela, a petición de información pública, unha
vez presentada de acordo coa normativa de procedemento administrativo,
tramitouse correctamente: por parte da Universidade: requiriuse ao interesado
para que presentara a súa solicitude a través dos rexistros da Universidade ou da
súa Sede electrónica e acreditara a súa condición de representante da asociación,
trámites realizados polo interesado con data do 19 de marzo. O 22 de marzo de
2018, a Universidade comunica ao interesado a apertura do trámite de audiencia
ao con suspensión do prazo para resolver, de acordo co disposto no
artigo 19.3 da Lei 19/2013, comunicándollo ao solicitante.
Unha vez finalizado o trámite anterior, mediante resolución do 23 de abril de 2018,
a Universidade de Santiago de Compostela resolveu a solicitude de información
pública remitindo ao interesado a información solicitada, segundo se acredita na
copia do expediente remitido á Comisión.
O artigo 24 da Lei 19/2013, establece que as reclamacións contra resolucións en
materia de acceso á información pública axustarase ao disposto en materia de
recursos, é dicir, ao disposto na vixente Lei de procedemento administrativo, Lei
39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das
Administracións Públicas.
O interesado presentou a súa reclamación por correo electrónico con data do 30
de marzo de 2018 (con entrada no Rexistro do Valedor do Pobo do 2 de abril), antes
por tanto de que rematase o prazo do trámite de audiencia iniciado o 22 de marzo
que se lle comunicou, e antes de que rematase o prazo para resolver. O artigo 124
da Lei 39/2015, establece que o recurso presentarase no prazo dun mes se o acto
contra o que se reclama é expreso, ou en calquera momento a partir do día seguinte
a aquel no que, de acordo coa súa normativa, se produza o acto presunto. No
presente caso, o interesado presentou a reclamación antes da finalización do prazo
para resolver, polo que procede a inadmisión da reclamación, a estar presentada
antes de finalización do prazo para resolver, non existindo por tanto acto
susceptible de recurso, segundo dispón o artigo 116 c) da referida Lei.”
Terceiro: Na dita Resolución, a Comisión da Transparencia acordou o seguinte:
“Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por
en representación da Plataforma
”.
Cuarto: De acordo co anterior, existe unha contradición entre o fundamento xurídico
citado e o sentido da Resolución adoptada, por canto no fundamento xurídico se razoa
que procede a inadmisión da reclamación por estar presentada antes de finalización do
prazo establecido na normativa para resolver, sen embargo o acordo estima, por motivos
formais, a reclamación presentada. Esta contradición é debida a un erro material no
“acordo”.
Por tanto, dado que no presente caso se produciu un erro material no sentido da
resolución, procede a súa corrección, tendo en conta que a mesma non supón
modificación algunha dos dereitos do recorrente, ao que se lle facilito por parte da
Universidade de Santiago de Compostela a información solicitada e no prazo establecido
na normativa de transparencia.
De acordo co anterior, proponse a seguinte corrección da Resolución da Comisión da
Transparencia do 19 de xuño de 2018, recaída no expediente RSCTG 044/2018:
Onde di :
“Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por
en representación da Plataforma
”.
Debe dicir:
“Único: Inadmitir a reclamación presentada por
”
Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2018.
Santiago Gonzalez Serrano
Secretario da Comisión da Transparencia
COMISIÓN DA TRANSPARENCIA DE GALICIA
Vista a proposta do 10 de setembro de 2018, do Secretario da Comisión da Transparencia
de corrección da Resolución da Comisión da Transparencia do 19 de xuño de 2018,
recaída no expediente RSCTG 044/2018, a Comisión da Transparencia, en sesión
celebrada o 18 de setembro de 2018,
ACORDA:
Corrixir, de conformidade co disposto no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro,
do procedemento administrativo común das administracións públicas, a Resolución
recaída no expediente 44/2018, como figura a continuación:
Onde di :
Debe dicir:
“Único: Inadmitir a reclamación presentada por
”
Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2018.
Milagros Otero Parga
Presidenta da Comisión da Transparencia