Desestimada 19/09/2018 · 92 días en resolverse

Solicitud de información sobre sanciones impuestas a actividades mineras y desestimación de la reclamación

El ciudadano solicitó a la Dirección Xeral de Enerxía e Minas el detalle de las sanciones impuestas a actividades mineras. Alegó que la respuesta fue tardía, en formato incorrecto y insuficiente. La Comisión da Transparencia de Galicia desestimó la reclamación por considerar que la información facilitada atiende al objeto de la solicitud genérica realizada.

Puntos clave de la argumentación

1 La Comisión admite la reclamación a pesar de presentarse antes de la resolución administrativa debido a que la Administración resolvió fuera del plazo legalmente establecido.
2 Se justifica el retraso de cuatro días en la respuesta por la necesidad de sistematización de la información y el formato de envío por la implantación técnica de herramientas.
3 Se considera que la administración cumplió con la finalidad de la solicitud al facilitar el número de sanciones desde 2009, los hechos constitutivos y el importe total de las multas.
4 La solicitud se formuló de modo genérico, por lo que la respuesta proporcionada se considera adecuada al objeto solicitado.
5 Se sugiere a la administración que, ante solicitudes genéricas, se recurra al artículo 68.3 de la Ley 39/2015 para solicitar la mejora voluntaria de los términos de la petición.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 19 de xuño de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito que tivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 19 de xuño de 2018, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desestimada por silencio administrativo, unha solicitude de información presentada ante a Consellería de Economía, Emprego e Industria referente ás sancións (descrición, importe etc...) impostas pola Xunta de Galicia a actividades mineiras que obren no seu poder. O escrito viña acompañado de copia da súa solicitude dirixida á Dirección Xeral de Enerxía e Minas, e copia do seu DNI. Con data do 28 de xuño de 2018, o interesado remite novo escrito no que comunica que con posterioridade á presentación da súa reclamación por falla de resolución da súa solicitude, recibiu unha resposta da Xunta con data de saída do 19 de xuño de 2018, e por tanto incumprindo o prazo dun mes que establece a normativa, e que na resolución non se responde á petición que formulaba, que era sobre o detalle de sancións impostas a minas e non simplemente as cifras xerais que lle remite a administración. Así mesmo manifesta que aínda que solicitou que a resposta lla remitiran por correo electrónico, lla remitiron por correo ordinario. O escrito viña acompañado de copia dunha folla contendo unha parte da resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas. Segundo. Con data 2 de xullo de 2018, déuselle traslado da documentación presentada polo reclamante á Consellería de Economía, Emprego e Industria para que, en cumprimento da normativa de transparencia, remitise informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 12 de xullo de 2018. Con data de entrada no Rexistro do Valedor do Pobo do 3 de agosto, a Secretaría Xeral da Consellería de Economía, Emprego e Industria remite informe da Dirección Xeral de Enerxía e Minas no que en síntese manifesta o seguinte: A solicitude de acceso á información foi recepcionada na dirección xeral de Enerxía e Minas o 15/05/2018 e a referida Dirección Xeral resolveu con data 19/06/2018, polo tanto, no prazo de 1 mes e catro días, escasamente fóra do límite para realizar a contestación. Nesa mesma data se presenta a queixa perante esa Institución. A resposta a esta solicitude implica acción previa de sistematización e elaboración da información a subministrar, que non foi considerada de entidade suficiente como causa de inadmisión segundo o artigo 18.1.c) da Lei 19/2013, do 9 de decembro. Respecto a que a resposta remitida nun formato non solicitado, dado que a Administración atópase no proceso de implantación técnica dos procedementos e ferramentas necesarias, a notificación efectuouse polos medios habilitados e dispoñibles nese momento, pero en calquera caso por un medio plenamente válido en dereito e con tódalas garantías xurídicas. A petición de información esta formulada dun modo sensiblemente xenérico, non concretando o ámbito temporal ao que se refire, non especifica que o detalle solicitado se refira a cada sanción en non ás sancións impostas, nin outros datos concretos que se solicitan, polo que na resolución ditada facilítase o número de sancións impostas dende o ano 2009, os feitos constitutivos de infracción, así como o importe total das multas por infraccións graves e moi graves. Considera que os datos facilitados atenden ao obxecto da solicitude tal e como foi formulada e atende aos termos da solicitude, polo que a reclamación efectuada debe ser desestimada, sen prexuízo de que o interesado poida presentar unha nova solicitude, na que indique claramente o que solicita, evitando termos xenéricos e interpretables e especificando o ámbito temporal así como os datos concretos que se pretenden obter, que a Administración tramitará e facilitará a información que proceda, logo de resolución motivada e fundamentada en dereito. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece na súa art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo Goberno, de acordo con reiterada doutrina jurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. De acordo co anterior, e dado que no presente caso a reclamación presentouse con anterioridade á resolución da Administración, que resolveu fora do prazo legalmente establecido, debe admitirse a reclamación presentada. Quinto.- Análise do expediente O solicitou á Dirección Xeral de Enerxía e Minas información referente ás sancións impostas pola Xunta de Galicia a actividades mineiras que obren no seu poder e a resposta que obtén, se ben por uns días fora do prazo legalmente establecido, é a información referente á contía total das sancións en materia mineira dende o ano 2009, o número de procedementos sancionadores, así como a contía total das sancións e os principais feitos constitutivos de infracción. O retraso nuns poucos días na resolución da solicitude a xustifica a Dirección Xeral na necesidade de facer unha sistematización e elaboración da información a subministrar. Respecto do feito de remitir a resposta nun formato non solicitado, o achaca á implantación técnica dos procedementos e ferramentas necesarias; ambas xustificacións deben admitirse, polo mínimo prexuízo causado ao solicitante, dado que a notificación se realizou e se recibiu con catro días superado o prazo e por un medio válido en dereito e con tódalas garantías xurídicas, é dicir, cumpriuse a finalidade da solicitude, cal é a obtención da información. Respecto ao contido da información remitido, debe considerarse que o centro directivo remitiu a información solicitada, dado que a petición formulouse de forma xenérica do seguinte xeito “desexo ter acceso ao detalle (descrición, importe etc...) das sancións impostas pola Xunta a actividade mineria que obre no seu poder”, é en contestación, se lle facilita o número de sancións impostas dende o ano 2009, os feitos constitutivos de infracción, así como o importe total das multas por infraccións graves e moi graves, polo que procede a desestimación da reclamación presentada. Tal e como apunta o informe da Dirección Xeral, se o interesado así o considera, pode facer unha nova petición, concretando os datos que son do seu interese. A pesar de ter contestada a solicitude de acordo co disposto na normativa de transparencia, suxírese ao centro directivo que, nos casos nos que se lles formule unha petición de información de forma xenérica, de conformidade co disposto no artigo 68.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, recabe do interesado a mellora voluntaria dos termos da mesma. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión de Transparencia ACORDA Único: Desestimar a reclamación presentada por contra a resolución do 19 de xuño de 2018, da pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas da súa solicitude de información en materia de sancións impostas pola Xunta de Galicia en actividades mineiras. Contra esta resolución que poñen fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2018 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagres Otero Parga