Se solicitó al Concello de Riós copia íntegra de los presupuestos generales de 2018. La interesada alegó que la respuesta fue incompleta y el enlace proporcionado era genérico. La Comisión da Transparencia de Galicia desestimó la reclamación porque consideró que el ayuntamiento proporcionó la información solicitada, aunque lo hiciera fuera de plazo.
Puntos clave de la argumentación
1
La solicitante tiene derecho a exigir la información en formato electrónico según el artículo 20.2 de la Ley 19/2013.
2
El ayuntamiento debe proporcionar el enlace concreto al documento y no un enlace genérico a la sede electrónica.
3
Se considera que el ayuntamiento cumplió sus obligaciones de transparencia al facilitar el acceso a los presupuestos, a pesar de haber excedido el plazo legal de un mes.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia
e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 22
de maio de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos
xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. Dna. presentou, mediante escrito que tivo entrada no
rexistro do Valedor do Pobo o día 23 de maio de 2018, unha reclamación ao amparo do
disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e
bo goberno, por entender desestimada por silencio administrativo, unha solicitude de acceso
á información presentada no Concello de Riós pola que solicitaba de remisión, vía correo
electrónico, de copia íntegra dos orzamentos xerais do referido concello correspondente ao
ano 2018, dado que non están publicados na páxina web municipal.
O escrito viña acompañado de copia da súa solicitude dirixida ao Concello de Riós, presentado
en oficina de Correos o 13 de abril de 2018, e copia do seu DNI.
Segundo. Con data 23 de maio de 2018, déuselle traslado da documentación achegada pola
reclamante ao Concello de Riós para que, en cumprimento da normativa de transparencia,
remitise informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 18 de abril de 2018.
Terceiro. O Concello de Riós, remite, con data de entrada no Rexistro do Valedor do Pobo do
31 de maio de 2018, copia do expediente e informe, no que en síntese manifesta o seguinte:
Con posterioridade á presentación da solicitude pola , en data do 24 de abril de
2018, publicáronse no Portal de Transparencia do Concello de Riós
(concelloderios.sedelectronica.gal), os orzamentos aprobados de maneira definitiva para o
exercicio 2018, feito este que acredita cun informe de auditoría do ficheiro que adxunta.
Con data 23 de maio de 2018, a interesada solicita novamente a información, e por segunda
vez o concello lle comunica por escrito a posibilidade de obtela na Sede electrónica do
Concello, así como , no caso de que así o desexe, pode acercarse ás dependencias municipais
previa cita, onde se lle mostrará o expediente dos Orzamentos do ano 2018.
Consta no expediente remitido, comunicación á interesada de oficio do concello polo que se
comunica que a información solicitada está dispoñible na páxina de transparencia do concello,
indicándolle a ligazón onde pode onde acceder para consultala, se lle comunica que se ten
problemas para acceder se lle remite a documentación, e se lle informa que si desexa
examinar a documentación íntegra do orzamento definitivamente aprobado, poderá facelo
nas dependencias municipais no horario e data que comunique ao Concello.
Cuarto. A interesada presenta escrito ante esta Comisión, que ten entrada o 9 de xullo de
2018, no que manifesta que o concello contestou de forma incompleta á súa solicitude, dado
que lle remite a unha dirección electrónica xenérica e incompleta, non empregando o medio
de comunicación que se indicou na súa solicitude, e que no devandito portal non se atopan
publicados os orzamentos na súa integridade, circunstancia esta que recoñece o propio
concello ao facer o ofrecemento de que se a interesada quere ver a documentación completa,
que pida cita no concello.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á
Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro establece que a competencia
para resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas
entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da
Transparencia, que por tanto é a competente.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (artigo 26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro).
O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
exixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
De acordo co anterior, e dado que no presente caso a interesada presentou a súa reclamación
con data do 23 de maio, sen que o concello lle notificase resolución, debe admitirse a
reclamación presentada por estar en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O artigo 24 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, garante á cidadanía que exerce o dereito de
acceso á información pública, a recepción da información en formato electrónico ou en papel,
(segundo teña indicado a persoa solicitante), e incluso a posibilidade de realización de
propostas ou suxestións tanto sobre a información demandada coma sobre os formatos, os
programas ou linguaxes informáticas empregadas.
Por tanto, tal como indica a solicitante, esta ten dereito a esixir a información en formato
electrónico dado que así o solicitou, tal e como establece el artigo 20.2 da Lei 9/2013. Como
figura no informe do concello e na copia do expediente remitido, unha vez que se publicaron
no portal de transparencia do Concello os orzamentos solicitados, se lle remitiu á interesada
o link para o acceso aos mesmos, se ben o link é xenérico e non leva directamente á
visualización dos mesmos, pero coa indicación de que están ubicados no apartado de
transparencia, polo que son facilmente visualizables e descargables en formato electrónico,
como se puido comprobar pola Secretaria desta Comisión. Non obstante o anterior, o Concello
debe ter en conta que cando se proporcione o link para a obtención dunha información, debe
proporcionarse o link concreto, e non o link xenérico de acceso á sede electónica do concello.
Así mesmo, o concello comunica á interesada que se ten problemas para acceder se lle remite
a documentación, así como que si desexa examinar a documentación íntegra do orzamento
definitivamente aprobado, poderá facelo nas dependencias municipais no horario e data que
comunique ao Concello. De acordo co anterior, considérase que o concello cumpriu, aínda
que fora do prazo dun mes que a normativa de transparencia establece, as súas obrigas en
materia de transparencia.
A interesada no escrito complementario que presentou ante esta Comisión, considera que o
concello contestou de forma incompleta á súa solicitude, dado que considera que no
devandito portal non se atopan publicados os orzamentos na súa integridade, circunstancia
esta que demostra o feito de que o propio concello o recoñece ao facer o ofrecemento de
que, se a interesada quere ver a documentación completa, pode pedir cita no concello.
De acordo co anterior, procede a desestimación da reclamación presentada, ao constatarse
no expediente que o concello proporcionou á interesada a información solicitada, aínda que
fóra do prazo que a Lei de transparencia establece.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia
ACORDA
Único: Desestimar a reclamación presentada por contra o
recoñecemento do seu dereito ao acceso á información solicitada ao Concello de Riós
referente á súa solicitude de copia dos orzamentos xerais do Concello do ano 2018. .
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga