Desestimada 19/09/2018 · 186 días en resolverse

Reclamación sobre el acceso a información relativa a una ayuda concedida y la referencia de expediente C09-SA-0004/16

El ciudadano solicitó al Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) un informe detallado sobre una ayuda concedida y el significado de una referencia de expediente. Alegó que la información recibida era incompleta y manipulada. La Comisión da Transparencia desestima la reclamación por considerar que la administración respondió de forma completa a todos los extremos solicitados.

Puntos clave de la argumentación

1 La administración proporcionó la descripción detallada de la referencia del expediente y aclaró que la subvención era para una vivienda de protección autonómica y no para una en el Poboado Mineiro de Fontao.
2 El IGVS acreditó haber respondido también a solicitudes previas sobre procesos de selección de viviendas de promoción pública, detallando la exclusión del solicitante por falta de documentación.
3 La Comisión considera que la resolución del IGVS del 16 de marzo de 2018 dio respuesta concreta y completa a cada uno de los puntos de la petición de acceso.
4 Se determina que no existe vulneración del derecho de acceso ya que la información requerida fue efectivamente remitida al solicitante.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por , remitida polo Servizo Técnico Xurídico do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) mediante oficio que tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 10 de abril de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta o seguinte acordo: ANTECEDENTES Primeiro. Mediante oficio que tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 10 de abril de 2018 o Servizo Técnico Xurídico do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) remitiu o expediente relativo ao recurso potestativo de reposición interposto por en representación de , contra Resolución do 16 de marzo de 2018 do director xeral do IGVS de acceso á información pública no procedemento PR100A¬2018/01. O interesado presenta recurso contra a citada resolución, “Por "no" haberse entregado la documentación solicitada ni tenido en cuenta todos los hechos tal y como, señalan los escritos acreditando su carácter público y la tutela de esa Secretaría. Según escritos adjuntos y anexos al efecto donde se detalla y documenta el mismo” Na documentación remitida polo IGVS figura impreso de solicitude de acceso á información pública ao que acompaña diversa documentación e na que solicita “informe completo sobre la ayuda concedida y relato pormenorizado de la descripción del significado aplicado a la REFRENCIA " C09-SA-0004/16 " y si la ayuda concedida es para una vivienda en el Poboado Mineiro de Fontao.” Segundo. Con data 22 de maio de 2018, solicitouse informe ao IGVS sobre o recurso presentado. A recepción da solicitude pola administración foi o 28 de maio de 2018. Con data do 14 de xuño ten entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o informe solicitado, no que o Director do IGVS manifesta en síntese o seguinte: Con data do 8 de marzo de 2108 recibiuse no Rexistro do IGVS a citada solicitude e con data do 16 de marzo de 2018, o director xeral do IGVS dita resolución pola que se acorda conceder o acceso á información pública solicitada, nos seguintes termos: 1) A subvención concedida a , tramitada baixo o número de expediente C09-SA-0004/16, tivo por obxecto contribuír a afrontar os gastos derivados da promoción individual para uso propio dunha vivenda de protección autonómica e non dunha vivenda situada no Poboado Mineiro de Fontao, cuxo réxime xurídico é de vivendas de promoción pública. 2) A referencia do expediente C09-SA-0004/16 inclúe os seguintes elementos identificadores do mesmo:  C 09: provincia de A Coruña e referencia ao Plan de vivenda e rehabilitación 2009-2012.  SA: subvención para adquisición de vivenda.  0004/16: número da solicitude e ano de tramitación do expediente." A dita resolución foi posta a disposición do interesado con data do 16 de marzo de 2018, e o 17 de marzo de 2018 o interesado interpón recurso potestativo de reposición contra a citada resolución, mediante escrito dirixido conxuntamente á conselleira de Infraestruturas e Vivenda e ao secretario xeral técnico da mesma consellería, fundamentado en que “sigue a día de hoy sin acceder á la información pública tutelada por la Consellería ...", e solicita la nulidade do acto impugnado e que que se declare a suspensión da súa execución. O referido recurso foi inadmitido por Resolución do director xeral do IGVS do 4 de abril de 2018 por non ser competente para resolvelo, e na mesma resolución se acorda remitir as actuacións á Valedora do Pobo, por considerar que é órgano competente para a resolución do recurso ao abeiro do artigo 28 da Lei 1/2016. No informe da Dirección do IGVS, sintetizase as alegacións d recorrente como segue: a) O Sr. conforma o principal esqueleto do expediente en curso, sendo iniciadas as xestións sobre el tras coñecer a través da web do IGVS (hoxe desaparecidas e borradas as informacións e documentos públicos), que era adxudicatario dunha vivenda no Poboado Mineiro de Fontao. b) O IGVS incumpre a resolución CTG 74/2017 da Comisión de Transparencia sobre a adxudicación da vivenda social de Vila de Cruces a . c) A información que lle foi facilitada mediante a resolución do 16 de marzo de 2018 é incompleta, manipulada e non concordante co solicitado. d) nos anos 2009-2012 era destinatario-beneficiario dunha vivenda social no Poboado Mineiro de Fontao sen presuntamente cumprir cos requisitos que lle outorgaba a normativa, "cuando a la contra y según la resolución alegada [do director xeral do IGVS do 16 de marzo de 2018, ten ou tiña propiedades en escritura pública (requisito da subvención), préstamos hipotecarios ou o que conste no expediente noutra provincia de Galicia. Co fin de dar resposta ás ditas alegacións, o IGVS considera o seguinte: Respecto das alegacións a),b) e d), cómpre sinalar que mediante Resolución do 27 de marzo de 2018 (notificada o mesmo día ao agora recorrente) o director xeral do IGVS, en cumprimento da Resolución do 20 de decembro de 2017 da Comisión de Transparencia de Galicia ditada no expediente RSTG 074/2017, acordou conceder o acceso á información á que se refire a solicitude de información pública presentada por o 23 de novembro de 2016, nos seguintes termos: De acordo co Decreto 253/2007, do 13 de decembro, do réxime xurídico do solo e das edificacións promovidas polo IGVS e a Orde do 31 de marzo de 2008, pola que se constitúe o Rexistro de Demandantes de Vivenda Protexida de Galicia, o 12 de decembro de 2008 iniciouse o proceso de selección da adxudicatarios de vivendas de promoción pública, cualificadas en núcleo rural, corresponden tes ao expediente P0.2001 NR01, realizándose o sorteo o 19 de decembro de 2008. , co número de credencial 18115, obtivo o número 1° da lista de pre- adxudicatarios provisionais de cupo xeral. O 30 de decembro de 2008, enviouse un requirimento a , concedéndolle un prazo de dez días hábiles para que presentase a documentación requirida. Transcorrido dito prazo sen que a presentara a documentación solicitada, se lle ten por desistido e, en consecuencia, exclúeselle da lista provisional de adxudicatarios. O 1 de abril de 2009 foi publicada a lista provisional de adxudicatarios. O 12 de malo de 2009 ditouse Resolución pola que se aprobaba a lista definitiva de adxudicatarios de vivendas de promoción pública en segundas e posteriores adxudicacións, non figurando en ningunha delas. A información sobre o dito expediente non se mantén indefinidamente na páxina web do IGVS, xa que se trata dun procedemento iniciado no ano 2008 e finalizado no ano 2009. Respecto da alegación c), considera o IGVS que non pode considerarse incompleta, manipulada e non concordante co solicitado, xa que a resolución do 16 de marzo de 2018 do director xeral do IGVS dá resposta concreta e completa a cada un dos extremos da petición de acceso á información. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro). O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente exixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. De acordo co anterior, e dado que no presente caso a Administración notificou a resolución obxecto de recurso con data do 16 de marzo de 2018 e o recurso se interpuxo con data do 17 do mesmo mes, debe admitirse a reclamación presentada por estar en prazo. . Quinto. Análise do expediente O solicitou ao IGVS un informe completo sobre a axuda concedida e relato pormenorizado da descrición do significado aplicado á referencia " C09-SA-0004/16 " e se a axuda concedida é para unha vivenda no Poboado Mineiro de Fontao. A Resolución do IGVS do 16 de marzo de 2018, concede ao interesado o acceso á información solicitada a través da cal se lle comunica a data de publicación no Diario oficial de Galicia da convocatoria de subvencións para as persoas adquirentes, adxudicatarias ou promotoras individuais para uso propio de vivenda, que conten co financiamento cualificado do Plan de vivenda e rehabilitación 2009-2012, a data na que se publicou no DOG a relación de las persoas ou entidades beneficiarias das axudas, que ao abeiro desta convocatoria, presentou unha solicitude de subvención como promotor individual para uso propio dunha vivenda. Informa de que por resolución do IGVS do 3 de agosto de 2016, concedéuselle a unha subvención por importe de seis mil euros (6.000,00 €), previa proposta de resolución da xefa da Área Provincial do IGVS na Coruña de 14 de xullo de 2016, logo de comprobado que o solicitante cumpría todos os requisitos esixidos na convocatoria. A subvención concedida ao Sr. , tivo por obxecto contribuír a afrontar os gastos derivados da promoción individual para uso propio dunha vivenda de protección autonómica e non dunha vivenda situada no Poboado Mineiro de Fontao, cuxo réxime xurídico é de vivendas de promoción pública. O recurso se fundamente en que “sigue a día de hoy sin acceder á la INFORMACIÓN pública tutelada por la Consellería ...", e solicita la nulidade do acto impugnado e que que se declare a suspensión da súa execución. O informe do IGVS xustifica que mediante Resolución do 27 de marzo de 2018 (notificada o mesmo día ao agora recorrente) o director xeral do IGVS, en cumprimento da Resolución do 20 de decembro de 2017 da Comisión de Transparencia de Galicia ditada no expediente RSTG 074/2017, acordou o acceso á información solicitada polo recorrente, dándolle completa información do proceso de selección da adxudicatarios de vivendas de promoción pública no 2008, cualificadas en núcleo rural, correspondentes ao expediente P0.2001 NR01, realizándose o sorteo o 19 de decembro de 2008, na que Sr. .obtivo o número 1° da lista de pre-adxudicatarios provisionais de cupo xeral, e ao non remitir a documentación que se lle requiriu con data do 30 de decembro de 2008, foi excluído da lista provisional de adxudicatarios e en consecuencia, da lista definitiva. O 12 de malo de 2009 ditouse Resolución pola que se aprobaba a lista definitiva de adxudicatarios de vivendas de promoción pública en segundas e posteriores adxudicacións, na que non figura , De acordo co anterior, a Administración remitiu ao solicitante a información requirida de forma completa, polo que procede a desestimación do recurso presentado. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Desestimar a reclamación presentada por , contra a Resolución do IGVS do 16 de marzo de 2018, pola que se lle concede o acceso á información referida ao informe completo sobre a axuda concedida a no procedemento de referencia C09-SA-0004/16, o relato pormenorizado da descrición do significado aplicado á citada referencia, así como se a axuda concedida foi para una vivienda no Poboado Mineiro de Fontao. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Santiago de Compostela, a 19 de setembro de 2018. A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga