El ciudadano solicitó al Concello de Rábade información sobre la ordenanza fiscal y tarifas aplicables al cambio de titularidad del suministro de agua. La Comisión da Transparencia estima parcialmente la reclamación, instando al Ayuntamiento a precisar la tarifa y el artículo correspondiente, mientras inadmite las consultas que requerían la elaboración de un informe interpretativo.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública no puede confundirse con el derecho a la confección de un informe por un órgano público a instancia de un particular.
2
Se aplica la causa de inadmisión del artículo 18.1.c) de la Ley 19/2013 cuando la información solicitada requiere de una elaboración previa mediante operaciones de análisis e interpretación.
3
La solicitud de información sobre la cuantía y el artículo específico de una tarifa se considera una solicitud de acceso a la información pública que el Ayuntamiento no respondió adecuadamente.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia
e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 18 de maio de
2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos
que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o día 22/5/2018, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición
adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a
resolución do 23 de abril de 2018, do Alcalde-presidente do Concello de Rábade, por
considerar que a mesma vulnera o seu dereito á información pública.
O reclamante solicitou que se lle informase do seguinte:
1) Cal é a ordenanza fiscal que aproba a taxa que grava en Rábade o cambio de titularidade dos
contratos de subministración de auga das vivendas nas que xa existe entroncamento,
acometida e nos que non existiu interrupción da subministración e en base á que FCC Aqualia
lle cobrou 85,01 euros.
2) Se a actuación consistente, unicamente, en cambiar a titularidade dun contrato de
subministración de auga en Rábade está incluída no feito impoñible da taxa aprobada pola
ordenanza fiscal do Concello de Rábade publicada no BOP o 22/05/2014 (taxa pola
subministración de auga potable a domicilio), e de ser así, cal é a contía desa taxa para os
cambios de titularidade dos contratos de subministración de auga e en que artigo está prevista
esa tarifa.
3) Se o feito de que Aqualia lle cobre 85,01 euros por solicitar o cambio de titularidade do
contrato de subministración de auga (sen solicitar nin unha nova acometida nin unha nova
subministración) e que, como xustificante do pago, lle entregue un documento denominado "
ARBITRIO SOBRE ENGANCHES DE AUGA ... Por alta uso doméstico", cumpre co previsto na
ordenanza fiscal reguladora da taxa pola subministración de auga potable a domicilio en
Rábade (BOP o 22/05/2014) ou co previsto en calquera outra ordenanza fiscal desa entidade
local ou, se pola contra, é unha actuación de liquidación e recadación tributaria carente de
soporte normativo.
O escrito viña acompañado da súa solicitude de cambio de titularidade de contrato n2 12706-
1/1-001285 á concesionaria de auga potable, solicitude de acceso á información pública
relativa á taxa que grava o cambio de titularidade dun contrato de subministración de auga,
resolución do Concello de Rábade do 23 de abril de 2018, pola que se lle da acceso á
información solicitada, e copia do seu DNI.
Segundo. Con data do 23 de maio de 2018 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Concello de Rábade para que, en cumprimento da normativa de transparencia,
achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 25 de maio de 2018
Terceiro. Con data 13 de xuño de 2018 o Concello de Rábade contesta a petición remitindo
informe no que manifesta que ante a petición de información realizada, informou ao
solicitante sobre a ordenanza municipal vixente que regula a taxa polo subministro de auga
potable a domicilio no Concello de Rábade. Por entender que a natureza do escrito
presentado non se corresponde con un recurso administrativo contra unha liquidación
tributaria en sentido estrito (tal e como recoñece o propio interesado), non se entrou a valorar
os feitos e argumentos expostos polo solicitante, dándoselle ao mesmo o trámite que lle
corresponde a unha solicitude de acceso a información pública.
En ningún caso se denegou o acceso a información de natureza pública algunha que estea en
poder desta administración, citándose na resolución citada toda a existente no Concello
relativa sobre este particular.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á
Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro establece que a competencia
para resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas
entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscríbe a Comisión da
Transparencia, que por tanto é a competente.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro).
O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
exixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
De acordo co anterior, e dado que no presente o solicitante presentou a súa reclamación unha
vez transcorrido o prazo dun mes desde a solicitude sen que a Administración resolvese
expresamente, aínda que o fixo con posterioridade o 2 de abril, debe considerarse que a
reclamación se presentou en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
Dos tres puntos da solicitude do , unicamente pódese considerar que o primeiro é
unha solicitude de información pública, que é o que corresponde á súa solicitude de
información sobre cal é a ordenanza fiscal aplicable á taxa que grava no concello o cambio de
titularidade dos contratos de subministración de auga das vivendas, solicitude que ademais é
correctamente atendida na resolución do Concello de Rábade obxecto deste recurso, na que
se lle indica cal é a ordenanza e se lle remite copia da mesma, que por outra banda xa era
coñecida polo reclamante.
Sen embargo, a solicitude sobre cal é a contía e en que artigo esta prevista esa tarifa, debe ser
tamén considerada unha solicitude de acceso á información pública que o concello non
respondeu.
As outras dúas peticións non se poden considerar solicitude de información pública, senón
que deben considerarse unha solicitude ao Concello de que se pronuncie, mediante a emisión
dun informe, sobre si as actuacións realizadas pola empresa concesionaria da auga, e en
concreto os cobro realizado e xustificante do pago son conformes coa ordenanza fiscal que é
de aplicación.
A sentenza da Audiencia Nacional do 24 de xaneiro de 2017 establece que o dereito á
información non pode ser confundido co dereito á confección dun informe por un órgano
público a instancia dun particular, polo que o artigo 18.1.c) establece como causa de
inadmisión os supostos nos que a información que se solicita require de unha elaboración e
confección. Por tanto, é indiferente que dita información obre en poder da Administración,
debendo interpretarse o artigo 13 da Lei no senso de que o dereito á información pública non
pode converterse no dereito a obter un informe a medida do requirido polo solicitante.
De acordo co anterior, debe estimarse parcialmente a reclamación presentada no referente
ao dereito do solicitante a que se lle proporcione a información sobre cal é a contía e en que
artigo esta prevista esa tarifa, e inadmitirse respecto da solicitude de pronunciamento sobre
si as actuacións realizadas pola empresa concesionaria da auga, e en concreto os cobro
realizado e xustificante do pago son conformes coa ordenanza fiscal que é de aplicación, dado
que, tal e como establece o Concello de Rábade no seu informe, a natureza do escrito
presentado non se corresponde con un recurso administrativo contra unha liquidación
tributaria en sentido estrito (tal e como recoñece o propio interesado), polo que non se entrou
a valorar os feitos e argumentos expostos polo solicitante, dándoselle ao mesmo o trámite
que lle corresponde a unha solicitude de acceso a información pública, nos termos previstos
na normativa de transparencia, sen que o anterior supoña en ningún caso que se denegou o
acceso a información de natureza pública algunha que estea en poder desa administración,
senón a aplicación da causa de inadmisión establecida no artigo 18.1.c) da Lei, dado que, a
información solicitada ten que elaborarse expresamente para dar unha resposta, mediante
operacións de análises, e interpretación.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia
ACORDA
Primeiro: Estimar parcialmente a reclamación presentada por , con data
do 22 de maio de 2018, contra a resolución de 23 de abril de 2018, do Concello de Rábade, no
referente ao dereito do solicitante a que se lle proporcione a información sobre cal é a contía
e en que artigo esta prevista a tarifa por cambio de titularidades dun contrato de
subministración de auga.
Segundo: Instar ao Concello de Rábade a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, responda
á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013,
do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no referido á formalización do acceso.
Terceiro: Instar Concello de Rábade a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esa
Comisión da Transparencia copia do envío da información solicitada polo reclamante.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga