Estimada 19/09/2018 · 76 días en resolverse

Acceso a información sobre el yacimiento arqueológico del Castro do Monte da Trinidade o Castro de Flores

Se solicitó al Concello de Lourenzá información sobre el yacimiento arqueológico del Castro do Monte da Trinidade o Castro de Flores. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), el ciudadano presentó reclamación. La Comisión da Transparencia estima la reclamación debido a que la información es pública y el ayuntamiento no respondió en el plazo legal.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es admisible ya que, ante una resolución presunta por silencio administrativo, el recurso puede interponerse en cualquier momento.
2 El derecho de acceso a la información pública se configura de forma amplia, no obligando al solicitante a motivar su petición.
3 Se estima la solicitud dado que la información requerida está en poder del concejo y fue elaborada en el ejercicio de sus funciones.
4 El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el régimen disciplinario de la Ley 19/2013.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 5 de xullo de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. , representante da Asociación , presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 5 de xullo de 2018, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desestimada por silencio administrativo unha solicitude dirixida ao Concello de Lourenzá de acceso á información pública e remisión de copia relacionada co xacemento arqueolóxico do Castro do Monte da Trinidade ou Castro de Flores, situado entre os concellos de Mondoñedo e Lourenzá (claves GA27030022; GA27027012). O interesado presentou a súa solicitude con data do 7 de maio de 2018, no rexistro electrónico da Xunta de Galicia, dirixido ao Concello de Lourenzá, sen que ata a data recibira resposta. O escrito viña acompañado de copia da solicitude de acceso á información e copia do DNI do solicitante. Segundo. Con data do 9 de xullo de 2018 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de Lourenzá para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 16 de xullo de 2018, sen que ata a data se recibise o informe e copia do expediente solicitado. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas reclamacións. A disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro establece que a competencia para resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente exixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. De acordo co anterior, e dado que no presente caso a Administración non resolveu expresamente, debe admitirse a reclamación presentada por estar en prazo. Quinto. Análise do expediente O recurso substitutivo presentado ante a Comisión da Transparencia polo interesado deriva da falta de resposta do Concello de Lourenzá ante a solicitude de acceso á información sobre o expediente referente a xacemento arqueolóxico do castro do Monte da Trinidade ou castro de Flores. O interesado solicitou unha información que está en poder do concello e que foi elaborada no exercicio das súas funcións, polo que procede a estimación do presente recurso, por ter o solicitante, de acordo co disposto no artigo 24 da Lei 1/2016, dereito ao acceso á mesma, que catro meses despois da súa solicitude non se lle proporcionou, polo que procede a estimación da reclamación presentada. O Concello de Lourenzá non resolveu a solicitude de acceso á información do Sr. Celeiro, polo que debe lembrárselle que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora. Así mesmo, o Concello de Lourenzá non remitiu o informe e o expediente solicitado por esta Comisión, polo que lémbraselle, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a súa obriga de facilitar á Comisión a información que se lle solicite para o correcto cumprimento das súas funcións en materia de transparencia. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por (Rpte. da Asociación ) contra a denegación presunta da solicitude de información dirixida ao Concello de Lourenzá referida ao xacemento arqueolóxico do castro do Monte da Trinidade ou castro de Flores, situado entre os concellos de Mondoñedo e Lourenzá (claves GA27030022; GA27027012). Segundo: Instar ao Concello de Lourenzá a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, se responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar ao Concello de Lourenzá a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío da información solicitada polo reclamante. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, de conformidade co previsto no artigo 8.2 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Santiago de Compostela, a 19 de setembro de 2018 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga