Se solicitó al Concello de Mondoñedo documentación sobre el yacimiento arqueológico del Castro do Monte da Trinidade (1990-2018). El Ayuntamiento alegó que la solicitud requería una labor de recopilación y elaboración excesiva. La Comisión da Transparencia estima la reclamación por considerar que el ciudadano tiene derecho al acceso a dicha información pública.
Puntos clave de la argumentación
1
La solicitud de información es procedente al tratarse de documentos en poder del ayuntamiento elaborados en el ejercicio de sus funciones.
2
La falta de respuesta expresa en un plazo de cuatro meses justifica la estimación de la reclamación por denegación presunta.
3
El derecho de acceso a la información pública se configura de forma amplia, sin que el solicitante esté obligado a motivar su petición.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo
do artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 5 de xullo de 2018,
a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se
especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. , representante da Asociación ,
presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 5 de xullo de 2018, unha
reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e
bo goberno, por entender desatendida unha solicitude de acceso á información ao Concello de
Mondoñedo de acceso á información pública e remisión de copia relacionada co xacemento
arqueolóxico do Castro do Monte da Trinidade ou Castro de Flores, situado entre os concellos de
Mondoñedo e Lourenzá (claves GA27030022; GA27027012).
O interesado presentou a súa solicitude con data do 7 de maio de 2018, no rexistro electrónico da
Xunta de Galicia, dirixido ao Concello de Mondoñedo, sen que ata a data recibira resposta.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude de acceso á información e copia do DNI do
solicitante.
Segundo. Con data do 9 de xullo de 2018 déuselle traslado da documentación achegada polo ao
Concello de Mondoñedo para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe
e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 13 de xullo de 2018.
Terceiro. Con data do 30 de xullo de 2018, recibiuse o informe do Concello de Mondoñedo no que
manifesta que non se dictou acordo denegatorio algún do acceso solicitado e que o acceso, lonxe de
versar sobor un expediente concreto, exténdese á totalidade da documentación existente no Concello
de Mondoñedo sobor o xacemento arqueolóxico Castro da Trinidade entre os anos 1990 e 2018. Por
tanto o eido documental e temporal é enorme, xa que se pretende que os servicios municipais
examinen a totalidade da documentación existente nos arquivos municipais nos últimos 28 anos a fin
de identificar todo posible documento existente sobor o Castro sexa cal sexa os expedientes nos que
figure.
Esta solicitude esixe, polo tanto, unha labor de recopilación e elaboración que excede da simple
identificación de un expediente e da facilitación do seu acceso, motivo polo cal non puido ser atendida
a día de hoxe.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo
goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa
ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o
Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía
contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a
resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas
polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais
comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades
Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha
reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co
disposto no artigo 33, a resolución das ditas reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro establece que a competencia para
resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais
de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a
competente.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará ao
previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra
resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación
en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de
procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á
información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu
formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta
lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a
definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma ampla tanto
na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o
solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, de
18 de xaneiro).
O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir
o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a
transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos
fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos se somete a
escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se
manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio
dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente
e que demanda participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente exixencia
cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que
supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas
de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en
materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de
acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa
impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do
acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio
administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno,
de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos
122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente,
respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos.
De acordo co anterior, e dado que no presente caso a Administración non resolveu expresamente,
debe admitirse a reclamación presentada por estar en prazo.
Quinto. Análise do expediente
O recurso substitutivo presentado ante a Comisión da Transparencia polo interesado deriva da falta
de resposta do Concello de Mondoñedo ante a solicitude de acceso á información sobre o expediente
referente a xacemento arqueolóxico do Castro do Monte da Trinidade ou Castro de Flores.
O informe remitido polo Concello de Mondoñedo, expón que a información solicitada polo reclamante
non é un expediente único, senón que se estende á totalidade da documentación existente no Concello
de Mondoñedo sobre o xacemento arqueolóxico Castro da Trinidade entre os anos 1990 e 2018, polo
que se fai necesario que polos servicios municipais examinen a totalidade da documentación existente
nos arquivos municipais nos últimos 28 anos a fin de identificar todo posible documento existente
sobre o Castro, sexa cal sexa os expedientes nos que figure. Esta solicitude esixe, polo tanto, unha
labor de recompilación e elaboración que excede da simple identificación de un expediente e da
facilitación do seu acceso, motivo polo cal non puido ser atendida a día de hoxe.
O interesado solicitou unha información que está en poder do concello e que foi elaborada no exercicio
das súas funcións, polo que procede e estimación do presente recurso, por ter o solicitante, de acordo
co disposto no artigo 24 da Lei 1/2016, dereito ao acceso á mesma, e que catro meses despois da súa
solicitude non se lle proporcionou, polo que procede a estimación da reclamación presentada.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por (Rpte. da Asociación
) contra a denegación presunta da solicitude de información dirixida
ao Concello de Mondoñedo referida ao xacemento arqueolóxico do castro do Monte da Trinidade ou
castro de Flores, situado entre os concellos de Mondoñedo e Lourenzá (claves GA27030022;
GA27027012).
Segundo: Instar ao Concello de Mondoñedo a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, se responda
á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9
de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar ao Concello de Mondoñedo a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esa
Comisión da Transparencia copia do envío da información solicitada polo reclamante.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe interpoñer recurso
contencioso-administrativo no prazo de dous meses, de conformidade co previsto no artigo 8.2 a Lei
29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, a 19 de setembro de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga