El ciudadano solicitó copia digital de los expedientes LUG/207/2017 y 208/2017 al Servicio Provincial de Lugo de la Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y bookstores a la administración a entregar la información en 15 días.
Puntos clave de la argumentación
1
La documentación solicitada se encuadra dentro del concepto de información pública establecido en el artículo 24 de la Ley 1/2016.
2
Se determina que la reclamación es admisible ya que, ante una resolución presunta por silencio administrativo, el recurso puede interponerse en cualquier momento.
3
La Comisión recuerda que el incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo constituye una infracción grave según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
4
Se advierte que el acceso a datos sobre infracciones penales o administrativas requiere el consentimiento del afectado o amparo legal según el artículo 15.1 de la Ley 9/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 4 de xuño
2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos
que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. D. presentou, mediante escrito que tivo entrada no rexistro
do Valedor do Pobo o día 4 de xuño de 2018, unha reclamación ao amparo do disposto no
artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender
desestimada por silencio administrativo, unha solicitude de acceso á información presentada
ante o Servizo Provincial de Lugo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no que
solicitaba copia integra en formato dixital correctamente ordenada e numerada dos
expedientes LUG/207/2017 e 208/2017 da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística..
O escrito viña acompañado de copia da súa solicitude dirixida ao Servizo Provincial de Lugo
da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística que tivo entrada no Rexistro Electrónico
da Xunta de Galicia o 30 de abril de 2018, e copia do seu DNI.
Segundo. Con data 6 de xuño de 2018, déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística para que, en cumprimento da
normativa de transparencia, remitise informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. A recepción da solicitude pola administración foi o 13 de xuño de 2018, sen que a a
Axencia remitise o informe e a copia do expediente solicitado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á
Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (artigo 26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro).
O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
exixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
De acordo co anterior, e dado que no presente caso a Administración non resolveu
expresamente, debe admitirse a reclamación presentada por estar en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O Sr. presentou ante a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística unha solicitude
de acceso a unha documentación que considera está en poder da referida Axencia, en
concreto do seu Servizo Provincial de Lugo.
A documentación solicitada, non cabe dúbida que pode encadrarse dentro do concepto de
información pública que establece o artigo 24 da Lei 1/2016, polo que procede e estimación
do presente recurso, por ter o solicitante, de acordo co mesmo, dereito ao acceso á mesma.
Deberase ter en conta, de conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2013, que si a
información incluíse datos relativos á comisión de infraccións penais ou administrativas que
non levasen a amoestación pública ao infractor, o acceso só se poderá autorizar no caso de
que se conte co consentimento expreso do afectado ou se aquel estivese amparado por unha
norma con rango de Lei.
A Axencia non resolveu a solicitude de acceso á información do , polo que debe
lembrárselle que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento
reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os
efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente
normativa reguladora.
Asi mesmo, o a Axencia non remitiu o informe e o expediente solicitado por esta Comisión,
polo que lémbraselle, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a súa obriga
de facilitar á Comisión a información que se lle solicite para o correcto cumprimento das súas
funcións en materia de transparencia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por D. contra a
desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de copia integra en formato dixital
correctamente ordenada e numerada dos expedientes LUG/207/2017 e 208/2017 da Axencia
de Protección da Legalidade Urbanística.
Segundo: Instar á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística a que, no prazo máximo
de 15 días hábiles, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos
artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á
formalización do acceso.
Terceiro: Instar á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística a que, no prazo máximo
de 15 días hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío da información
solicitada polo reclamante.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga