El ciudadano solicitó a la Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio informes de seguimiento de avifauna del Parque Eólico Cordal de Montouto. Ante la falta de respuesta y requerimientos improcedentes de tasas, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y ordena a la Dirección Xeral de Enerxía e Minas entregar la información.
Puntos clave de la argumentación
1
La administración no justificó la necesidad de transponer la información a un formato diferente, por lo que no procedía la exigencia del pago de tasas al solicitarse en formato digital.
2
El trámite de alegaciones a terceros se inició fuera del plazo legal de un mes establecido para la notificación de la resolución de acceso.
3
La información solicitada se encuentra en poder de la Dirección Xeral de Enerxía e Minas y fue elaborada en el ejercicio de sus funciones, siendo accesible según la ley.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 11 de
maio de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos
xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito que tivo entrada no rexistro
do Valedor do Pobo o día 14 de maio de 2018, unha reclamación ao amparo do disposto no
artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender
desestimada por silencio administrativo, unha solicitude de acceso á información presentada
ante a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio de remisión de informes
das comprobacións periódicas elaborados de acordo ao Plan de seguimento da avifauna
establecido para o Parque Eólico Cordal de Montouto na Declaración de Impacto Ambiental
formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental en data 2 de marzo de
2010 (Clave 2009/0219).
No escrito o solicitante informa que con data do 10 de abril a Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio lle remitiu un correo electrónico que xuntou ao expediente,
comunicándolle que remite a súa petición á Consellería de Economía para que a Dirección
Xeral de Minas, por considerar que é a competente na materia, para que lle dea a oportuna
contestación.
O escrito viña acompañado de copia da súa solicitude dirixida á Consellería de Medio
Ambiente e Ordenación do Territorio, so 27 de marzo de 2018, e copia do seu DNI.
Segundo. Con data 16 de maio de 2018, déuselle traslado da documentación presentada polo
reclamante á Consellería de Economía, Emprego e Industria para que, en cumprimento da
normativa de transparencia, remitise informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 23 de maio de 2018. Con data de entrada
no rexistro do Valedor do Pobo do 13 de xuño de 2018, a citada Consellería remite informe no
que comunica que expediente se está tramitando nestes momentos na Subdirección Xeral de
Enerxía e no que os últimos trámites realizados son os seguintes:
Traslado da solicitude aos terceiros que puidesen resultar afectados: Gas Natural Fenosa
Renovables, SLU
Remisión de requirimento de emenda ao solicitante para que concrete o formato no que
desexa a información así como para que acredite o pagamento das taxas correspondentes
A Dirección Xeral manifesta no seu informe que manterá informada a esta Comisión do
desenvolvemento e finalización do devandito procedemento.
Terceiro. Con data do 4 de xuño de 2018, o solicitante remite escrito no que remite copia de
requirimento de emenda formulado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria do 1
de xuño de 2018 no que se lle pide que concrete o formato da documentación solicitada e que
certifique o pagamento de taxas. Acompaña a súa resposta ao requirimento na que comunica
que solicita a documentación en formato dixital e informando de que polo tanto, segundo se
establece na lei, non son esixibles taxas.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece na súa art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2018, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo
Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
De acordo co anterior, e dado que no presente caso a Administración non resolveu
expresamente, debe admitirse a reclamación presentada por estar en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O solicitou da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio o acceso
aos informes das comprobacións periódicas elaborados de acordo ao Plan de seguimento da
avifauna establecido para o Parque Eólico Cordal de Montouto na Declaración de Impacto
Ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental en data 2 de
marzo de 2010 (Clave 2009/0219), que a dita Consellería remitiu á Consellería de Economía,
Emprego e Industria por ser un centro directivo desta Consellería, concretamente a Dirección
Xeral de Enerxía e Minas, o que ten no seu poder esa información.
No informe que remite a Dirección Xeral de Enerxía e Minas do 4 de xuño de 2018, comunica
que o expediente se está tramitando nestes momentos na Subdirección Xeral de Enerxía. No
mesmo, déuselle traslado da solicitude a un terceiro que pode estar interesado (Gas Natural
Fenosa Renovables, SLU) e requiríuselle ao solicitante para que concretase o formato no que
desexa que se lle remita a información e acreditase o aboamento de taxas.
O solicitante remitiu, con data do 4 de xuño de 2018, escrito no que comunica á Comisión que
contestou ao requirimento da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, no senso de que a
información a solicitaba en formato dixital (como xa fixera na súa solicitude inicial) e que por
tanto non son esixibles taxas.
Tal e como consta no expediente, con data do 12 de abril de 2018, a Dirección Xeral de Enerxía
e Minas recibiu a solicitude do interesado que lle trasladaba a Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio e o 1 de xuño de 2018 realizou os trámites de traslado da solicitude
a un terceiro que pode resultar afectado e remisión de requirimento ao interesado.
No referente ao trámite de alegacións concedido ao terceiro, ao marxe de que o trámite
iniciouse cando xa transcorrera sobradamente o prazo dun mes que o artigo 27.4 da Lei
1/2016 establece para a notificación da resolución pola que se lle conceda ou denegue ao
solicitante o acceso á información, o prazo de alegacións de quince dias concedido está
sobradamente vencido.
No referente ao requirimento, considérase que non procedía a realización do dito trámite, por
canto o solicitante xa tiña manifestado na súa solicitude inicial que desexaba recibir a
información por correo electrónico, por tanto en formato dixital, e non se xustificou no
expediente por parte da Dirección Xeral de Enerxía e Minas que fose necesario facer
transposición da información a un formato diferente ao formato no que se atopa, polo que de
acordo co disposto na disposición adicional cuarta da Lei 1/2016, non parece xustificada a
esixencia do pagamento de taxas.
En base ao anterior, considerando que a información solicitada é unha información que está
en poder da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, e que foi elaborada no exercicio das súas
funcións, procede a estimación do presente recurso, por ter o solicitante, de acordo co
disposto no artigo 24 da Lei 1/2016, dereito ao acceso á mesma.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión de
Transparencia
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por contra a falta de
resolución expresa da súa solicitude de remisión de informes das comprobacións periódicas
elaborados de acordo ao Plan de seguimento da avifauna establecido para o Parque Eólico
Cordal de Montouto na Declaración de Impacto Ambiental formulada pola Secretaría Xeral de
Calidade e Avaliación Ambiental en data 2 de marzo de 2010 (Clave 2009/0219).
Segundo: Instar a Dirección Xeral de Enerxía e Minas a que, no prazo máximo de 15 días
hábiles, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14
e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no referido á formalización
do acceso.
Terceiro: Instar Dirección Xeral de Enerxía e Minas a que, no prazo máximo de 15 días hábiles,
remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío da información solicitada polo
reclamante.
Contra esta resolución que poñen fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2018
A presidenta da Comisión da Transparencia
Milagros Otero Parga