Desistimiento 26/10/2018 · 74 días en resolverse

Solicitud de información sobre el número de pacientes y posición en lista de espera para una colonoscopia y resultado de desistimiento

Una ciudadana solicitó a la Consellería de Sanidade información sobre el número de pacientes en lista de espera para una colonoscopia y su posición en la misma. Tras presentar reclamación ante la Comisión da Transparencia por falta de respuesta, la interesada desistió de la misma al ser citada para la prueba. La Comisión acepta el desistimiento y da por concluido el procedimiento.

Puntos clave de la argumentación

1 La administración alegó que el acceso a las listas de espera tiene una regulación propia (RD 605/2003) que queda excluida de la normativa general de transparencia según la Disposición Adicional Primera de la Ley 19/2013.
2 La administración argumentó que la posición en la lista de espera no es un dato fijo, sino que varía diariamente según la prioridad clínica establecida por el facultativo.
3 De acuerdo con el artículo 94 de la Ley 39/2015, la Administración debe aceptar de plano la desistencia o renuncia del interesado y declarar concluido el procedimiento.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno En resposta á reclamación presentada por , mediante escrito do 13 de agosto de 2018, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito que tivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 13 de agosto de 2018, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por entender desestimada unha solicitude de acceso á información por parte da Consellería de Sanidade A reclamante indicaba que con data do 29 de maio de 2018 presento unha reclamación ao Complexo Hospitalario de Santiago relativa á proba médica prevista para o mes de decembro de 2017, reclamación da que obtivo resposta o 8 de xuño de 2018. Na mesma data formulou nova reclamación na que solicitou que se concretase período de espera ou a data en que previsiblemente me chamarían, ao que lle responderon ese mesmo día que non era posible concretar prazo concreto de programación. O 11 de xuño de 2018 formulou a terceira reclamación na que solicitou que se lle indicase o número de pacientes en lista de espera e si ocupa un lugar preferente nesa lista segundo os antecedentes que lles constan, ao que lle responderon que podía enviar a súa consulta a través do Portal de Transparencia da Xunta de Galicia, no que a unidade correspondente valoraría a súa petición. O 19 de xuño de 2018 presentou unha solicitude de información pública sobre o número de pacientes e si ela ocupa un lugar preferente na lista de espera para a realización dunha colonoscopia prevista para o ano 2017, solicitude que non é respondida. Segundo. Con data 5 de setembro de 2018 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 13 de setembro de 2018. Terceiro. Con data do 28 de setembro de 2018, a reclamante remite correo electrónico no que renuncia á reclamación presentada, dado que foi citada telefonicamente para a realización da proba solicitada. Cuarto. Con data 28 de setembro de 2018 a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que a solicitude foi contestada por resolución do 13 de setembro de 2018, acordando a inadmisión da mesma en base ao establecido na Disposición Adicional Primeira da Lei 19/2013, do 9 de decembro, por canto o acceso ás listas de espera están regulados nun procedemento específico no Real Decreto 605/2003, do 23 de maio que establece as medidas para o tratamento homoxéneo da información sobre listas de espera no Sistema Nacional de Saúde e polas Ordes do 19 de maio de 2003 e do 13 de xullo de 2004, que normalizan o sistema de información e control da información da actividade sanitaria. No que se refire á información sobre o número de pacientes que están esperando para a realización dunha colonoscopia e a súa posición no rexistro de espera, informa que non son datos que teñan un carácter fixo, senón que cambian diariamente, así como a posición na lista, que se fai en función da prioridade clínica establecida polo facultativo que solicitou a realización da proba. Polo indicado, a solicitude da interesada non pode ser atendida en base a que a normativa de acceso a listas de espera do Sistema Nacional de Saúde ten unha regulación propia que queda excluída da normativa xeral de transparencia en base ao establecido na Disposición adicional primeira da Lei 19/2013, do 9 de decembro. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das ditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación se axustará ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A lei 1/2016, de 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma se configuran de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro). O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións se pode falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente exixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. De acordo co anterior, e dado que no presente a solicitante presentou a súa reclamación o 19 de xullo de 2018, unha vez transcorrido o prazo dun mes desde a solicitude sen que a Administración ditara resolución expresa, debe admitirse a reclamación presentada por estar en prazo. Quinto.- Análise do expediente A interesada presentou varias solicitudes á Consellería de Sanidade co obxecto de que se lle indicase o número de pacientes en lista de espera para a realización dunha determinada proba médica, e si ela ocupa un lugar preferente nesa lista segundo os antecedentes que lles constan. Con data do 22 de agosto de 2018, a interesada presenta escrito de renuncia á súa reclamación. De conformidade co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, todo interesado poderá desistir da súa solicitude por calquera medio que permita a súa constancia e a Administración aceptará de plano a desistencia ou a renuncia, e declarará concluído o procedemento salvo que, acudíndose no mesmo terceiros interesados, instasen estes a súa continuación no prazo de dez días desde que foron notificados da desistencia ou renuncia. De acordo co anterior, e non constando a existencia de terceiros interesados, procede aceptar a renuncia á reclamación presentada e declarar concluído o procedemento. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia ACORDA Único: Aceptar o desestimento á reclamación presentada por con data do 13 de agosto de 2018, contra falta de contestación por parte da Consellería de Sanidade á súa solicitude de información sobre listas de espera para a realización de probas clínicas e declarar concluso o procedemento. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2018 A presidenta da Comisión da Transparencia Milagros Otero Parga